IGE -

Censo de poboación e vivendas 2001. Información relativa ás entidades colectivas de poboación (parroquias)


A través desta aplicación pódese obter a seguinte información das parroquias de Galicia derivada do Censo de Poboación e Vivendas do ano 2001

  • Estrutura
    • Poboación segundo sexo
    • Poboación segundo grandes grupos de idade (en porcentaxe)
  • Estudos
    • Taxa de analfabetismo
    • Porcentaxe de poboación con estudos superiores
  • Actividade
    • Taxas de actividade, ocupación e paro
    • Porcentaxe de poboación ocupada por sectores de actividade
  • Porcentaxe de vivendas baleiras
  • Porcentaxe de edificios destinados principalmente a vivenda segundo ano de construción < 1950, 1951-1980, 1981-2001
As parroquias son unidades intermedias entre as entidades singulares e os municipios, constituídas por agrupacións de entidades singulares e que gozan de personalidade propia e dunha orixe marcadamente histórica.
Co fin de proporcionar información para todo o territorio, inclúense con código de parroquia 00, aquelas entidades singulares (que polo xeral dan nome a unha zona urbana do concello), que non están integradas en ningunha parroquia.
Consulta da información
A aplicación permite seleccionar as parroquias de toda Galicia, de calquera das súas provincias ou ben as parroquias dun ou máis concellos dunha mesma provincia. Para todas as parroquias do ámbito xeográfico seleccionado pódese consultar a información dunha ou máis das variables dispoñibles. Permítese ademais descargar o resultado da busca en formato EXCEL.

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo