IGE -

Nomenclátor estatístico de Galicia


No Nomenclátor recóllese unha relación detallada das entidades e núcleos de poboación de Galicia coa súa poboación a 1 de xaneiro de cada ano. A poboación dos concellos está distribuída nas diferentes entidades singulares, entidades que á súa vez se poden agrupar ou non en parroquias. Nalgúns concellos hai entidades singulares (que polo xeral dan nome á zona urbana do concello) que non están agrupadas en parroquias. Por exemplo, o concello de Vigo está constituído por dúas entidades singulares de poboación (Cies e VIgo) e por 18 entidades colectivas que agrupan a súa vez ao resto de entidades singulares do concello. Cada entidade singular pode estar constituída por ningún, un ou máis núcleos de poboación. A poboación da entidade singular que non está incluída en ningún núcleo considérase en diseminado. Deste xeito podería haber entidades singulares constituídas por un ou varios núcleos, entidades singulares todas elas en diseminado, ou ben entidades singulares con un ou varios núcleos máis un diseminado.
Consulta do Nomenclátor
A consulta do nomenclátor de Galicia pódese facer a través de dúas vías. A árbore xerárquica permite acceder a cada entidade ou núcleo a través das entidades que o conteñen. A busca por entidades permite seleccionar as diferentes entidades de Galicia, dunha provincia ou dun concello por tipo de entidade, por poboación e/ou por nome. Nesta opción permítese descargar o resultado da busca en formato EXCEL.
Seleccione un ano: 

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo