O IGE ofrece información relativa aos apelidos e nomes da poboación que ten fixada a residencia na Comunidade Autónoma de Galicia. Con esta aplicación permítese coñecer a distribución municipal de calquer apelido ou nome e ademais tamén se ofrece a posibilidade de realizar consultas sobre os apelidos e nomes máis frecuentes en cada un dos municipios galegos.
A información de base para a elaboración dos mapas e das táboas é o ficheiro dos Censos de poboación anuais a 1 de xaneiro de 2023 que o Instituto Nacional de Estadística (INE) facilita ao IGE.
Debido a que nalgúns casos os apelidos e nomes na fonte orixinal figuraban con acentos e noutros sen eles, optouse por eliminalos. En canto aos datos das frecuencias municipais (en tanto por mil) correspóndense coas frecuencias de aparición do apelido ou nome sobre o total dos habitantes do municipio. No referente aos apelidos, nas táboas móstranse as frecuencias de aparición dun apelido como 1º apelido, como 2º apelido ou indistintamente e nos mapas móstranse as frecuencias de aparición dun apelido, indistintamente como 1º ou 2º.
Para cada concello só se facilita información dos apelidos e nomes que teñen unha frecuencia maior a 5 habitantes. Os que teñen unha frecuencia menor ou igual a 5 habitantes están incluídos no "Total".
Non queremos deixar de sinalar que esta información non é exhaustiva da distribución dos apelidos e nomes na poboación galega, pois a fonte orixinal ten errores de gravación dificilmente subsanables.
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies