IGE -

Definicións. Indicadores de demografía empresarial


Tamaño medio das empresas por concello

Este indicador mide o tamaño medio das empresas activas no concello. O número de asalariados máis os autónomos entre o número de empresas.

Taxa bruta de mortalidade empresarial (por 1000)

Porcentaxe de empresas que desaparecen durante o período por cada mil empresas respecto ao o número de empresas totais que existen ao principio do período. Se considera que unha empresa desaparece cando deixa de ter actividade no total das provincias da comunidade.

Taxa bruta de natalidade empresarial (por 1000)

Porcentaxe de empresas nacidas no ano t por cada mil empresas, respecto ao total de empresas a principio dese ano. Se considera que unha empresa nace ou se da de alta cando non existía antes en ningunha das provincias da comunidade (non se teñen en conta os cambios de sede social dentro da mesma comunidade)

Taxa de actividade emprendedora

O indicador mide a porcentaxe de poboación involucrada en iniciativas emprendedoras de menos de 42 meses de actividade, respecto da poboación activa. A poboación involucrada en iniciativas emprendedoras aproxímase pola suma das persoas asalariadas máis as empresas con titularidade persoa física (autónomos). A poboación activa de referencia para cada ano t calcúlase como a media da poboación activa da EPA do 4º trimestre do ano t-1 e o primeiro trimestre do ano t.

Taxa de crecemento total (%)

Porcentaxe entre a variación neta de empresas (diferencia entres as altas e baixas) no ano t con respecto ao total de empresas ao principio dese ano.

Taxa de supervivencia aos 4 anos

Este indicador mide a supervivencia a medio prazo (4 anos) das novas empresas creadas.

Taxas de demografía empresarial por tamaño das empresas e por sectores (%)

Porcentaxes de nacementos, mortes e crecemento total de empresas segundo o seu tamaño e segundo os tres grandes sectores económicos (industria, construción e servizos). Para o tamaño das empresas definidos segundo o número de asalariados, establécense os seguintes estratos:

  • Microempresas
    • de 0 a 2 asalariados
    • de 3 a 5
    • de 6 a 9
  • Pequena empresa
    • de 10 a 19
    • de 20 a 49
  • Mediana empresa
    • de 50 a 99
    • de 100 a 249
  • Gran empresa
    • de 250 a 499
    • 500 ou máis asalariados.

Taxas de supervivencia ano a ano

Mide a supervivencia do total das empresas creadas cada ano. Este indicador é o único que se elabora dende o ano 2000.


 

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo