Os artigos da cesta de consumo utilizada no cálculo do IPC agrúpanse en subclases, estas en clases, posteriormente en subgrupos e, finalmente, os subgrupos agréganse en grupos. A dita clasificación adáptase por completo á clasificación internacional do consumo COICOP (siglas en inglés de Classification of Individual Consumption according to Purpose), elaborada pola División Estatística das Nacións Unidas.
É unha medida estatística da evolución do conxunto de prezos dos bens e servizos que consume a poboación residente en vivendas familiares. Ven sendo elaborado polo INE dende 1936 con periodicidade mensual. Para o seu cálculo, selecciónase unha cesta representativa dos bens e servizos máis consumidos en España e multiplícanse os seus prezos por unhas ponderacións que miden o peso de cada grupo de produtos no consumo total dos fogares españois.
En 2001 introduciuse un cambio de base no IPC, o que supuxo importantes novidades metodolóxicas entre as que cabe destacar:
En 2016 produciuse un cuarto cambio de base; coa implantación da nova base, mellórase a representatividade deste indicador mediante cambios na composición da cesta da compra e a actualización da estrutura de ponderacións. Ademais, o IPC base 2016 incorpora a nova clasificación europea de consumo, denominada ECOICOP (European Classification of Individual Consumption by Purpose). Esta clasificación ofrece unha maior desagregación das parcelas de gasto en que se estrutura a información que se difunde habitualmente.
De novo, en 2021, produciuse un quinto cambio de base. Este é un procedemento que se realiza cada cinco anos, co obxectivo de renovar o IPC mediante a súa adaptación aos cambios nas pautas de consumo dos fogares e a incorporación de melloras metodolóxicas. Polo tanto, dúas das operacións máis relevantes que se realizan en cada cambio de base son a revisión da cesta da compra e a actualización da estrutura de ponderacións.
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies