IGE -

Definicións. Rexistro de gando bovino


Rexistro de gando bovino

O Rexistro de gando bovino obtense a partir da base de datos SITRAN (Sistema Integrado de Trazabilidade Animal). A clasificación de vacas en muxidura e non muxidura faise atendendo ao criterio de aptitude na explotación (leite/carne), independentemente do tipo de explotación. O tipo de explotación establécese segundo o gando dominante na explotación, distinguindo entre explotacións de muxidura, non muxidura e ceba segundo a seguinte clasificación:

  • Explotación de muxidura: VM ≥ VNM e VM ≥ PC
  • Explotación de non muxidura: VNM ≥ VM e VNM ≥ PC
  • Explotación de ceba: PC ≥ VM e PC ≥ VNM
Onde:
  • VM = 1,5 x número de vacas de muxidura
  • VNM = número de vacas de muxidura
  • PC = 0,6 x número de outras reses de bovino
As explotación de ceba inclúen, xunto coas explotacións de ceba propiamente ditas, as explotación de recría de xovencas e as que, tendo algunha vaca, teñen tamén reses de recría ou ceba.

Sistema Integral de Trazabilidade Animal (SITRAN)

O Sistema Integral de trazabilidade Animal, ou SITRAN, consiste nunha base de datos heteroxénea e distribuída que comunica os rexistros existentes nas comunidades autónomas con un rexistro centralizado mediante mecanismos de intercambio de información. SITRAN componse de tres módulos principais, que están relacionados entre si:

  • REGA (Rexistro xeral de explotacións gandeiras), que inclúe os datos básicos das explotacións situadas en España, relativos a máis de 20 especies diferentes de animais de produción.
  • REMO (Rexistro de movementos das especies de interese gandeiro), que recolle información relativa aos movementos de diferentes especies (de maneira individual para o gando bovino e por lotes no resto de especies).
  • RIIA (Rexistro de identificación individual de animais).
SITRAN nútrese integramente dos datos subministrados polas aplicacións das comunidades e cidades autónomas, que a súa vez proceden dos datos subministrados polos propios gandeiros (ao xestionar altas, baixas, emisión de documentos de identificación, declaracións de censo, ...) ou obtidos mediante o exercicio das súas competencias (inspeccións, controis, emisión de documentos de movemento, ...)


 

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo