Definicións. Prezos do leite


Estratificación dos produtores de leite

A estratificación da mostra das explotacións gandeiras determínase polo tamaño das mesmas, medido pola cota láctea que posúan. Entre os anos 2007 e 2009 a estratificación empregada foi a seguinte:

  • E1: explotacións de vacún cunha cota menor de 72.000 kg de leite/ano
  • E2: explotacións de vacún cunha cota entre 72.001 e 240.000 kg de leite/ano
  • E3: explotacións de vacún cunha cota entre 240.001 e 500.000 kg de leite/ano
  • E4: explotacións de vacún cunha cota maior de 500.001 kg de leite/ano
Dende o ano 2010 a estratificación empregada pasa a ser a seguinte:
  • E1: explotacións de vacún cunha cota menor de 100.000 kg de leite/ano
  • E2: explotacións de vacún cunha cota entre 100.001 e 200.000 kg de leite/ano
  • E3: explotacións de vacún cunha cota entre 200.001 e 300.000 kg de leite/ano
  • E4: explotacións de vacún cunha cota entre 300.001 e 400.000 kg de leite/ano
  • E5: explotacións de vacún cunha cota entre 400.001 e 700.000 kg de leite/ano
  • E6: explotacións de vacún cunha cota maior de 700.001 kg de leite/ano
Hai que sinalar, ademais, que, con anterioridade ao ano 2007, a recollida da información distaba un pouco da actual, en especial no referido á estratificación das explotacións. Esta distinguía ás explotacións que vendían o leite sen refrixerar (leite quente) e as que o enviaban refrixerado, as cales clasificaba nos seguintes estratos:
  • F1: explotacións de vacún cunha cota menor de 2.000 litros de leite/mes
  • F2: explotacións de vacún cunha cota entre 2.000 e 3.499 litros de leite/mes
  • F3: explotacións de vacún cunha cota entre 3.500 e 5.999 litros de leite/mes
  • F4: explotacións de vacún cunha cota entre 6.000 e 9.999 litros de leite/mes
  • F5: explotacións de vacún cunha cota maior de 10.000 litros de leite/mes

Prezo base

Refírese ao prezo mensual percibido, sen incluír as primas que poida percibir o produtor pola calidade do leite vendido (contido en nutrientes tales como a graxa, as proteínas, os hidratos de carbono, vitaminas e minerais) nin as minoracións no prezo final derivadas do contido en células somáticas, xermes ou existencia de antibióticos e demais inhibidores no leite.

Total primas

Refírese ás cantidades percibidas, a maiores do prezo base, ou ben, ás cantidades negativas que deberán restarse ao prezo base percibido polos produtores en función da materia graxa, proteínica, bacterioloxía, células somáticas e outros aspectos que afectan á calidade do leite vendido.

 

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo