O cociente entre a poboación activa feminina e a poboación activa masculina sinala o número de mulleres activas por cada home activo.
O cociente entre a poboación activa e a poboación inactiva de 65 ou máis anos representa o número de potenciais traballadores por cada xubilado, entendendo o termo xubilado nun sentido amplo como toda persoa inactiva de 65 ou máis anos.
O índice de sustentabilidade global defínese como o cociente entre a poboación activa e a poboación inactiva (xubilados, nenos, estudantes, incapacitados permanentes...).
O índice de xuventude defínese como o cociente entre a poboación activa entre os 16 e 39 anos e a poboación activa entre os 40 e 64 anos.
Son as persoas que, nun período de referencia dado, subministran man de obra para a produción de bens e servizos económicos ou que están dispoñibles e fan xestións para incorporarse a dita produción. Comprende a todas as persoas de 16 ou máis anos que cumpren as condicións necesarias para a súa inclusión entre as persoas ocupadas ou paradas.
Porcentaxe do número total de activos sobre a poboación total (poboación de 16 ou máis anos).
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies