Resumo de resultados


Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do pagador

Estudo sobre salarios. Salarios desde o punto de vista do pagador

Introdución

Neste apartado analízanse os custos laborais medios relacionados coa contratación dos traballadores a partir dos resultados da Encuesta Anual de Coste Laboral que ten como obxetivo principal coñecer os niveis das distintas compoñentes do custo laboral. Nesta enquisa investíganse as contas de cotización das empresas con actividade nos tres grandes sectores económicos: industria, construción e servizos (agás as actividades dos fogares como empregadores de persoal doméstico).

Evolución do custo laboral medio por traballador


Evolución do custo laboral medio por traballador. Galicia e España
Euros
 
   

O custo total por traballador en Galicia, en termos brutos, foi de 29.041 euros durante o 2019, un 3,8% máis que no ano anterior.

No conxunto do estado, o custo laboral bruto incrementouse un 2,4% en 2019.

O custo laboral neto foi de 28.856 euros por traballador en Galicia en 2019, unha vez deducidos 185 euros en conceptos de subvencións e deducións recibidas das Administracións Públicas para fomentar o emprego e a formación profesional.

   

Evolución do custo laboral medio por traballador. Galicia e España
Euros

      
 

Estrutura do custo laboral bruto por traballador

   
Estrutura do custo laboral bruto por traballador. Galicia e España
Euros e porcentaxes
 

En 2019 o custo laboral medio por traballador en Galicia representou o 91% da media nacional.

O 73% do custo total en Galicia destinouse a salarios (21.173 euros por traballador) e o 24% a cotizacións obrigatorias á Seguridade Social (7.011 euros por traballador).

Do resto de partidas que compoñen o custo, 376 euros anuais por traballador destináronse a beneficios sociais, 103 corresponderon a indemnizacións por despedimento, 64 euros a formación profesional e 313 a gastos derivados do traballo (transporte ata o lugar de traballo, indemnizacións por fin de contrato, pequenas ferramentas e roupa de traballo, ...).

 

Evolución do peso custo laboral bruto de Galicia no total nacional por sectores de actividade

 
Evolución do peso custo laboral bruto de Galicia no total nacional por sectores de actividade
Porcentaxes
 
   

Tal e como se observou no apartado anterior o custo laboral medio por traballador en Galicia representou no ano 2019 o 91% da media nacional.

En todos os sectores de actividade o custo laboral medio de Galicia é inferior ao nacional.

En 2019 o sector da construción continúa sendo o sector da economía que mostra unha menor diferenza entre os custos laborais medios observados en Galicia e no conxunto nacional. Neste sector, o custo é practicamente igual ao do conxunto nacional debido ao crecemento rexistrado desde o ano 2017

    Evolución do peso custo laboral bruto de Galicia no total nacional por sectores de actividade
Porcentaxes
 

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

INE. Encuesta anual de coste laboral. Extraído de http://www.ine.es

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo