Resumo de resultados




Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Estrutura dos salarios

Salarios desde o punto de vista do perceptor: Estrutura dos salarios


Estrutura do salario bruto anual

Ao existir pagamentos con período de vencemento superior ao mes, para comparar niveis salariais emprégase o salario anual. No ano 2018 o salario bruto anual situouse en Galicia nos 22.244,59 euros por traballador, un 10,14% superior ao do ano 2014 (20.195,90 euros).

Por sexos, no ano 2018 o salario dos homes é un 27,04% maior que o salario das mulleres, mentres que no ano 2014 o salario dos homes era un 26,45% maior respecto ao salario das mulleres.

O salario ordinario é a partida que máis contribúe ao salario bruto, do que representa no ano 2018 o 90,00%, mentres que os pagamentos extraordinarios e a valoración en especie só representan nese ano o 9,77% e o 0,23% respectivamente. No caso dos homes o salario ordinario representa o 89,59% do salario bruto mentres que nas mulleres esta porcentaxe acada o 90,54%.

Composición do salario bruto anual por sexo. Galicia.
Unidade: Euros
2014
2018
Compoñentes Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres
Salario bruto 20.195,9 22.505,1 17.797,0 22.244,59 24.826,91 19.543,17
Pagamentos extraordinarios 2.364,8 2.738,9 1.976,2 2.172,22 2.515,14 1.813,48
Valoración en especie 41,3 56,8 25,1 52,11 68,21 35,27
Salario ordinario 17.789,8 19.709,4 15.795,6 20.020,26 22.243,56 17.694,42
(Salario bruto = Salario ordinario + Pagamentos extraordinarios + Valoración en especie)


Composición do salario bruto anual.
Galicia. Ano 2014.

   

Composición do salario bruto anual.
Galicia. Ano 2018.


En Galicia, no ano 2018, o salario bruto anual foi un 7,35% menor que a media española (24.009,12 euros).

Composición do salario bruto anual. España e Galicia. Ano 2018
Unidade: Euros
Compoñentes España Galicia
Salario bruto 24.009,12 22.244,59
Pagamentos extraordinarios 2.358,87 2.172,22
Valoración en especie 109,12 52,11
Salario ordinario 21.541,13 20.020,26

   

Estrutura do salario medio mensual

Para analizar a composición do salario segundo os conceptos retributivos pártese do salario mensual medio que, en cifras brutas, acadou no ano 2018 en Galicia o valor de 1.681,22 euros (1.866,34 euros no caso dos homes e 1.487,57 euros no caso das mulleres).

O salario mensual bruto está composto polo salario base, os complementos salariais, os pagamentos extraordinarios e os pagamentos por horas extraordinarias. O salario base é a compoñente principal do salario bruto mensual, do que representa o 69,71% en 2018, seguido dos complementos salariais, que supoñen un 27,31% do salario bruto.

O salario neto obtense a partir do salario mensual bruto despois de deducir as cotizacións á Seguridade Social a cargo do traballador e as retencións do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF). No ano 2018 este acadou en Galicia o valor de 1.344,62 euros mensuais, 1.474,39 euros no caso dos homes e 1.208,85 euros no das mulleres. En media, as cotizacións á Seguridade Social e as retencións do IRPF representan no ano 2018 o 20,02% do salario bruto mensual dos galegos.

Composición do salario bruto mensual. Galicia.
Unidade: Euros
2014
2018
Compoñentes Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres
Salario base 1.106,6 1.220,7 988,1 1.172,06 1.288,09 1.050,69
· Complementos salariais 422,4 462,8 380,4 459,11 507,37 408,62
· Pagamentos por horas extraordinarias 4,5 7,3 1,6 9,15 14,39 3,67
Salario ordinario 1.533,5 1.690,8 1.370,1 1.640,32 1.809,85 1.462,98
· Pagamentos extraordinarios 19,0 18,8 19,2 40,90 56,49 24,59
Salario bruto 1.552,5 1.709,6 1.389,2 1.681,22 1.866,34 1.487,57
· Cotizacións á Seguridade Social 101,5 112,6 90,0 106,87 117,52 95,74
· Retencións IRPF 223,6 262,8 182,9 229,73 274,43 182,98
Salario neto 1.227,4 1.334,2 1.116,4 1.344,62 1.474,39 1.208,85
(Salario ordinario = Salario base+Complementos salariais+Pagamentos por horas extraordinarias
 Salario bruto = Salario ordinario+Pagamentos extraordinarios
 Salario neto = Salario bruto-Cotizacións á Seguridade Social-Retencións IRPF)

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo