Resumo de resultados


Taxa de risco de pobreza ou exclusión social


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Taxa de risco de pobreza ou exclusión social segundo o grao de urbanización

No ano 2022 a taxa de risco de pobreza ou exclusión social presenta o seu valor máis elevado na ZIP (19,6%), e a zona onde é menor é a ZPP (16,7%). Con respecto ao ano 2015, a taxa de risco de pobreza ou exclusión social diminuíu nas tres zonas consideradas, sendo a zona pouco poboada a que rexistrou unha maior diminución (7,3 puntos), seguido da zona intermedia (6,7 puntos) e da zona densamente poboada (3,4 puntos). Con respecto ao ano anterior, isto é, o 2015, a taxa de risco de pobreza diminuíu en todas as zonas excepto na densamente poboada.

Taxa de risco de pobreza ou exclusión social. Galicia

2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
Total 24,27 21,41 21,56 19,47 19,38 19,90 19,22 18,62
Zonas densamente poboadas (ZDP) 22,55 20,67 20,81 19,68 19,60 19,17 18,09 19,12
Zonas intermedias (ZIP) 26,30 22,49 21,82 19,37 19,55 22,21 21,21 19,56
Zonas pouco poboadas (ZPP) 23,96 20,88 22,17 19,34 18,82 17,78 18,24 16,65


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Taxa de risco de pobreza ou exclusión social (estratexia Europa 2030):
A poboación en risco de pobreza ou exclusión social é aquela que está nalgunha das seguintes situacións:
  • En risco de pobreza: o ingreso por unidade de consumo está por debaixo do 60% da mediana dos ingresos por unidade de consumo
  • En carencia material e social severa
  • Persoas de 0 a 64 anos que viven en fogares con baixa intensidade laboral

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Enquisa estrutural a fogares

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo