Resumo de resultados




Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio. Ano 2015

Resumo de resultados 31/05/2016

Introdución

A Enquisa estrutural a fogares é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dúas partes: unha primeira de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñada para recoller información sobre variables básicas e unha segunda de carácter específico.

O principal obxectivo do módulo de vivendas familiares: características e medio, é obter información sobre as características das vivendas, as infraestruturas do seu contorno e o equipamento dos fogares.

Características básicas das vivendas

En 2015 existían en Galicia 1.060.907 fogares dos cales: o 28,49% residía en vivendas familiares principais con 50 ou máis anos de antigüidade, o 45,66% entre 20 e 49 anos, o 17,98% entre 10 e 19 anos e o 7,86% restante, menos de 10 anos.

No tocante ao tipo de edificio, case a metade (48,27%) eran vivendas unifamiliares (independentes ou acaroadas). Os pisos ou apartamentos que formaban parte de edificios con 10 ou máis vivendas supoñían o 34,37% do total de vivendas, mentres que os situados en edificacións máis pequenas (menos de 10 vivendas) conformaban o 17,25% do total.

A superficie media das vivendas galegas era, en 2015, de 107 metros cadrados. Ademais, o 20,47% contaba cunha superficie superior aos 120 metros cadrados.

Vivendas segundo a clase de vivenda e tipo de edificio. Galicia. Ano 2015
Número de vivendas e porcentaxes

Vivendas segundo a súa antigüidade. Galicia. Ano 2015
Número de vivendas e porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Nota: "Outro tipo" inclúe: as vivendas situadas nun edificio destinado principalmente a outros fins (colexio, oficina, taller) e as usadas como aloxamento fixo tales como chabola, cabana...

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

O 60,22% das vivendas familiares principais galegas tiña como réxime de tenza a propiedade sen hipoteca en 2015, mentres que as vivendas en propiedade con hipoteca supoñían o 19,81% e as vivendas en aluguer o 11,63%.

Os gastos totais da vivenda supoñían unha carga pesada para 6 de cada dez fogares no ano 2015. Esta porcentaxe era maior entre os fogares que tiñan a vivenda en aluguer (70,58%) e menor entre os fogares coa vivenda cedida ou con outro réxime de tenza (51,95%).

Vivendas segundo o réxime de tenza. Galicia. Ano 2015
Número de vivendas e porcentaxes

Fogares segundo a carga que supoñen os gastos totais da vivenda. Galicia. Ano 2015
Porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

Equipamentos, instalacións e servizos

No ano 2015, o 99,31% das vivendas familiares principais de Galicia contaba con auga quente (1.053.606 vivendas) e o 71,95% con calefacción instalada (763.290 vivendas).

O 39,49% das vivendas que dispoñía de auga quente utilizaba o propano/butano para quentar a auga. As seguintes fontes de enerxía máis utilizadas para este fin eran o gas natural (22,66%), a electricidade (18,87%) e o gasóleo (18,80%) .

Para o sistema de calefacción, a fonte de enerxía máis habitual era o gasóleo, que o empregaba o 35,25% das vivendas con instalación de calefacción. A continuación atopábanse o gas natural (26,22%), a electricidade (25,31%) e a biomasa (10,00%).

Vivendas segundo as fontes de enerxía que empregan para quentar a auga. Galicia. Ano 2015
Número de vivendas e porcentaxes

Vivendas segundo as fontes de enerxía que empregan para a calefacción. Galicia. Ano 2015
Número de vivendas e porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

Vivendas que dispoñen de determinados servizos exteriores. Galicia. Ano 2015
Número de vivendas e porcentaxes

En relación aos servizos exteriores, o 82,81% das vivendas familiares principais tiña conexión pública de augas residuais e unha porcentaxe moi similar (82,22%) conexión á rede pública de auga potable.

Aínda que a práctica totalidade das vivendas dispoñía de servizo de recollida de lixo nun contorno inmediato á vivenda (97,65%) a porcentaxe das que dispoñían de servizo de recollida selectiva de lixo baixaba ata o 79,50%.

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

O 60,44% das vivendas dispoñía dun centro de saúde ou ambulatorio públicos a unha distancia aproximada de 15 minutos a pé e o 37,06% utilizando algún medio de transporte (o 20,13% tiña a posibilidade de usar o transporte público e o 16,92% non dispoñía desta posibilidade). O 2,50% restante non contaba cun centro de saúde (ou ambulatorio) a unha distancia aproximada de 15 minutos.

Por outra banda, o 56,60% das vivendas tiña acceso a unha gardería pública a unha distancia de 15 minutos a pé, o 17,41% utilizando algún medio de transporte público, o 15,13% utilizando algún medio de transporte pero sen posibilidade de transporte público e o 10,86% restante non tiña este servizo.

Vivendas segundo a accesibilidade a determinados servizos nunha distancia de aproximadamente 15 minutos. Galicia. Ano 2015
Porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

Nivel de satisfacción coa vivenda e o seu contorno físico e social

En 2015, o 72,32% dos fogares galegos estaba satisfeito coa súa vivenda e o 15,86% moi satisfeito. A porcentaxe de fogares moi insatisfeitos coa vivenda non chegaba ao 3%.

Entre os problemas máis habituais sufridos polas vivendas atopábanse as humidades e as deficiencias de illamento térmico e acústico que afectaban ao 28,99% e ao 18,72% dos fogares galegos en 2015, respectivamente.

Fogares que manifestan ter determinados problemas coa vivenda. Galicia. Ano 2015
Número de fogares e porcentaxes

Fogares segundo o grao de satisfacción global coa vivenda. Galicia. Ano 2015
Porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

O 14,34% dos fogares manifestou que sufría problemas de ruído na vivenda. Os máis habituais eran por mor do tráfico terrestre (59,51%) e dos veciños (36,10%).

Por outra banda, o 9,79% tiña problemas de cheiros na vivenda. Neste caso, entre as causas máis habituais atopábanse a canalización e saneamento (40,81%) e as industrias (22,87%).

Fogares con problemas de ruído na vivenda segundo as causas. Galicia. Ano 2015
Número de fogares e porcentaxes

Fogares con problemas de cheiros na vivenda segundo as causas. Galicia. Ano 2015
Número de fogares e porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

Aproximadamente o 40% das vivendas familiares principais de Galicia non presentaba ningún aspecto que producise un impacto negativo na paisaxe do seu contorno. De feito, o 86,93% dos fogares galegos estaba satisfeito ou moi satisfeito coa paisaxe do seu contorno.

Porén, na contorna do 26,82% das vivendas existían edificacións ruinosas que provocaban un impacto negativo na paisaxe.

Vivendas segundo os aspectos que producen un impacto negativo na paisaxe do seu contorno. Galicia. Ano 2015
Número de vivendas e porcentaxes

Fogares segundo o grao de satisfacción global coa paisaxe do seu contorno. Galicia. Ano 2015
Porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

Cambios de vivenda dos fogares

En 2015, algo máis da metade dos fogares galegos (50,54%) levaba residindo na mesma vivenda 20 ou máis anos, o 23,75% entre 10 e 19 anos, o 14,01% entre 5 e 9 anos e o 11,69% restante, menos de 5 anos.

O 22,19% dos fogares que mudaron de vivenda nos últimos 5 anos fixérono para cambiar a unha vivenda mellor. Outras das razóns principais de cambio foron a cesión ou adquisición dunha vivenda en propiedade (20,01%), a formación dun novo fogar (15,30%) e por motivos laborais (14,82%).

Fogares segundo o número de anos que leva residindo na actual vivenda. Galicia. Ano 2015
Número de fogares e porcentaxes

Fogares que cambiaron de vivenda nos últimos 5 anos segundo a razón principal do cambio. Galicia. Ano 2015
Número de fogares e porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo