Os Indicadores de demografía empresarial é unha actividade estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con carácter anual. O obxectivo desta actividade é proporcionar información agregada relativa ás empresas con actividade económica en Galicia (sen incluír o sector primario nin a administración pública), tendo en conta aspectos relativos ao dinamismo empresarial e aplicando unha metodoloxía acordada no ámbito da Unión Europea. Elabóranse indicadores relativos ao stock, nacementos, mortes e supervivencia das empresas a partir da explotación estatística do Directorio de empresas e unidades locais. |
Número de empresas e taxas de nacemento e morte segundo o sector económico. Fonte: IGE (descarga da táboa) |
O número de empresas con actividade económica en Galicia a principio do ano 2016 foi de 184.732, un 1,6% máis que no 2015. O 76,7% destas empresas corresponde ao sector servizos, o 15,6% á construción e o 7,7% á industria. A taxa de nacemento de empresas (cociente entre as creadas e as existentes a principio do ano) foi 12,53% no ano 2016. Pola súa parte, a taxa de mortes (cociente entre as empresas que desaparecen e as existentes a principio de ano) foi 11,53% nese mesmo ano. Como resultado, a taxa de crecemento neto foi do 1%. O sector económico con mellor saldo demográfico empresarial no ano 2016 foi o sector servizos, cunha taxa neta do 1,37%. Por outra parte, pódese comprobar que en todos os tipos de empresas segundo o tamaño, o saldo demográfico é positivo. Non obstante, o tipo de empresa con maior dinamismo é a microempresa, xa que pódese observar que presenta taxas de nacemento e de morte moi superiores aos outros tipos de empresas. |
|
Número de empresas e taxas de nacemento e morte segundo o tamaño da empresa. Fonte: IGE (descarga da táboa) |
||
Ao analizar a evolución das taxas de nacemento e morte de empresas, cómpre destacar que 2015 foi o primeiro ano desde 2008 no que a taxa de nacemento de empresas supera á de mortes. No ano 2016 volve a producirse esta situación e a taxa neta sitúase no 1%, positiva pero lixeiramente inferior ao valor do 2015 (1,66%). |
||
Evolución das taxas de nacementos e mortes de empresas (%) Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Taxa de supervivencia ano a ano. Fonte: IGE (descarga da táboa) |
O primeiro ano de vida é cando se producen os maiores descensos de empresas. No ano 2016, das empresas creadas no ano 2015, só permanecen o 77,84%. Se analizamos a permanencia despois de 5 anos, pódese comprobar que o número inicial de empresas queda reducido a máis da metade. Pódese comprobar ademais que a taxa de supervivencia das empresas galegas no primeiro ano de vida diminúe nos últimos anos (82,90% no ano 2009 fronte ao 77,84% no ano 2016). |
|
Taxa de supervivencia aos 4 anos. Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Neste gráfico cuantifícanse as desaparicións das empresas nos catro primeiros anos de vida. Así, do total de empresas creadas no ano 2012, no 2016 só permanecen o 52,83%. Por outra parte, ao considerar as empresas creadas no período 2006-2012, as que presentan un valor máis alto da taxa de supervivencia aos 4 anos, son as creadas no ano 2007. As PEMES presentan en xeral en todo o período, valores máis altos da taxa de supervivencia que o total de empresas e que os autónomos. No ano 2016 a taxa de supervivencia da PEMES creadas no ano 2012 sitúase en 74,11%, mentres que no caso dos autónomos sitúase no 47,49%. |
Taxa de actividade emprendedora. Fonte: IGE (descarga da táboa) |
A taxa de actividade emprendedora (TEA) mide a porcentaxe de poboación involucrada en iniciativas emprendedoras de menos de 42 meses de actividade, respecto da poboación activa. Este indicador sitúase no ano 2016 en Galicia no 6,89% e presenta un incremento por terceiro ano consecutivo tras varios períodos de baixada. |
Taxa de crecemento empresarial Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies