Resumo de resultados


Enquisa sobre a percepción da competencia en Galicia

Resumo de resultados 02/09/2016
Anos 2015 e 2016

Introdución

O obxectivo da enquisa é coñecer a importancia que as empresas, a través dos seus responsables, lle dan á libre competencia empresarial para o bo funcionamento da economía. Ademais, búscase coñecer cantos deles observaron algún tipo de conduta prohibida ou abusiva que busque restrinxir a competencia mediante condutas colusorias ou de posición dominante.

A realización desta enquisa é o resultado entre a coordinación do Instituto Galego de Estatística (IGE) e o Consello Galego da Competencia (CGC), órgano encargado na Comunidade Autónoma de Galicia de investigar e perseguir as condutas prohibidas que restrinxen a libre competencia.

Os anos impares estará dirixida a empresas cuxa actividade principal sexa comercial, e os anos pares a enquisa investigará aquelas empresas con actividades principais que o IGE e o CGC consideren máis relevantes, de acordo co resto de actividades despregadas polo propio CGC; e a información estatística e económica da economía galega e do sector empresarial dispoñible.

Importancia da libre competencia

Percepción da importancia da libre competencia das empresas industriais
Galicia. Ano 2016

Porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa sobre a percepción da competencia en Galicia (descarga da táboa)

Percepción da importancia da libre competencia das empresas comerciais
Galicia. Ano 2015

Porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa sobre a percepción da competencia en Galicia (descarga da táboa)

O 83,9% das empresas industriais cre que a competencia fai mellorar o comercio, o 94,6% que a competencia favorece aos consumidores e o 88,9% que as Administracións Públicas deben garantir a existencia de mercados competitivos. No caso das empresas comerciais estes porcentaxes acadan o 84,4%, 92,4% e 90,9% respectivamente.

Grao de coñecemento das condutas prohibidas

Grao de coñecemento das condutas prohibidas das empresas industriais
Galicia. Ano 2016

Porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa sobre a percepción da competencia en Galicia (descarga da táboa)

Grao de coñecemento das condutas prohibidas das empresas comerciais
Galicia. Ano 2015

Porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa sobre a percepción da competencia en Galicia (descarga da táboa)

Con respecto aos acordos entre empresas competidoras, o 72,2% das empresas industriais considera que nunca ou raramente se fixan os prezos dos produtos (56,6% no caso das empresas comerciais) e o 74% considera que nunca ou case nunca se producen acordos para repartirse o mercado (59,3% no caso das empresas comerciais).

Implantación de grandes superficies comerciais e liberdade de horarios

Grao de acordo da implantación de grandes superficies comerciais e liberdade de horarios das empresas industriais
Galicia. Ano 2016

Porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa sobre a percepción da competencia en Galicia (descarga da táboa)

Grao de acordo da implantación de grandes superficies comerciais e liberdade de horarios das empresas comerciais
Galicia. Ano 2015

Porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa sobre a percepción da competencia en Galicia (descarga da táboa)

En canto á implantación de grandes superficies comerciais e liberdade de horarios, o 65,4% das empresas industriais cre que a apertura de grandes establecementos beneficia aos consumidores e o 68,7% das empresas comerciais cre que a liberdade de horarios favorece aos consumidores e á competencia.

Condutas abusivas

Percepción das condutas abusivas das empresas industriais no último ano
Galicia. Ano 2016

Porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa sobre a percepción da competencia en Galicia (descarga da táboa)

Percepción das condutas abusivas das empresas comerciais no último ano
Galicia. Ano 2015

Porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa sobre a percepción da competencia en Galicia (descarga da táboa)

Se nos centramos na relación das empresas cos seus proveedores, o 83,9% das empresas industrias considera que nunca ou raramente lle impoñen condicións abusivas na compra ou distribución dos seus produtos. No caso das empresas comerciais o 83,3% considera que nunca ou raramente lle impoñen a compra dun produto ao mercar outro.
O 43,3% das empresas comerciais considera que con moita ou bastante frecuencia lle aplican condicións distintas que a outras empresas para operacións similares, esta porcentaxe redúcese ao 22,3% no caso das empresas industriais.

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo