Resumo de resultados


Construción de edificios


Introdución

A operación estatística Construción de edificios ofrece información sobre as licenzas de obra maior que conceden os concellos de Galicia. O colectivo de informantes constitúeo o conxunto dos promotores inmobiliarios e/ou técnicos colexiados que asinan os proxectos de edificación.

A estatística ofrece información sobre o número de edificacións de nova planta a construír (con distinción de se se trata de edificios residencias ou non residencias), a rehabilitar e a demoler. Tamén informa sobre as vivendas de nova planta ás que darán lugar as novas edificacións, o número de vivendas creadas en rehabilitación e a demoler, así como da variación neta do parque de vivendas.


Táboa de principais resultados para Galicia

En decembro concedéronse licenzas para 178 edificacións de nova planta. Sobre edificacións xa existentes, concedéronse licenzas para 151 obras de rehabilitación e 23 para obras de demolición de edificios.

Estas licenzas permitirán construír 352 novas vivendas. O número de vivendas creadas en rehabilitación será de 64 e as vivendas a demoler serán 20. A variación neta do parque de vivendas1 este mes foi, por tanto, positiva (396 novas vivendas).

En relación ao acontecido doce meses antes, o número de edificios a construír de nova planta diminuíu en 10 unidades: 178 en decembro de 2024 fronte a 188 en decembro de 2023. O número de vivendas a construír destas características diminuíu en 37 unidades en relación ao rexistrado hai un ano. O número de edificios a rehabilitar é menor que o rexistrado doce meses antes: 151 en decembro de 2024 fronte aos 162 de decembro de 2023.


Número de edificios e vivendas a construír, rehabilitar e demoler. Galicia
Edificos
Vivendas
De nova planta A rehabilitar A demoler De nova planta A rehabilitar A demoler
2023/Decembro 188 162 13 389 50 17
2024/Xaneiro 129 148 25 122 74 26
2024/Febreiro 181 152 19 289 55 19
2024/Marzo 141 136 20 283 32 16
2024/Abril 170 151 33 351 56 23
2024/Maio 180 161 26 240 54 68
2024/Xuño 158 138 17 350 49 31
2024/Xullo 166 160 40 345 74 21
2024/Agosto 132 135 21 315 59 9
2024/Setembro 167 150 17 421 79 10
2024/Outubro 206 209 12 314 106 16
2024/Novembro 171 147 16 196 74 30
2024/Decembro 178 151 23 352 64 20
Fonte: IGE (descarga da táboa)



     Gráfico coa evolución da variación neta do parque de vivendas

Fonte: IGE (descarga da táboa)


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Construción de Edificios.


  1. variación neta do parque de vivendas calcúlase como a suma do número de vivendas a crear en nova planta e o de vivendas a crear en rehabilitación, menos o número de demolicións.↩︎

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo