O IGE difunde o escenario macroeconómico para Galicia de horizonte bianual. O escenario macroeconómico refírese á evolución prevista do Produto Interior Bruto (PIB) e dos seus compoñentes desde a óptica da demanda: consumo privado, consumo público, formación bruta de capital, exportacións e importacións de bens e servizos. O cadro complétase coas previsións do emprego: postos de traballo equivalentes a tempo completo e taxa de paro. A información de base para elaborar as previsións son as Contas económicas anuais e as Contas económicas trimestrais elaboradas polo IGE. O método utilizado é un modelo de estimación de agregados macroeconómicos a curto prazo, en un marco coherente cos escenarios propostos para as economías española e internacional. Un resumo do mesmo pode verse na seguinte ligazón. Unha explicación máis detallada do mesmo está dispoñible na seguinte ligazón. |
Taxas de variación anuais |
Supostos básicos Taxas de variación anuais, agás indicación do contrario |
Previsións anteriores
|
Definicións |
Crecemento potencial e output gap de Galicia |
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies