Esperanza de vida sen limitación |
O obxectivo da actividade estatística Esperanza de vida sen limitación é coñecer a esperanza de vida sen limitación e sen limitación grave da poboación galega, é dicir, estimar o número medio de anos que pode esperar vivir unha persoa sen limitación e sen limitación grave das actividades que realiza na vida cotiá. Os indicadores sintéticos que se calculan nesta actividade, máis alá de reflectir o impacto da mortalidade nunha poboación, recollen tamén as condicións de saúde presentes nela. Nota: os valores da esperanza de vida que figuran nesta actividade poden diferir lixeiramente dos calculados na operación estatística Táboas de mortalidade debido a que nesta última emprégase a táboa de mortalidade completa e na Esperanza de vida sen limitación a táboa de mortalidade abreviada. |
Esperanza de vida segundo tipo de limitación. Galicia. 2014 |
No ano 2014, a esperanza de vida da poboación galega situouse en 83 anos; non obstante, a esperanza de vida sen limitación só alcanza os 61,2 anos. Ademais, tanto a esperanza de vida convencional como a esperanza de vida sen limitación grave situanse en valores lixeiramente máis altos para as mulleres que para os homes; no caso da esperanza de vida sen limitación os valores en homes e en mulleres son moi similares. |
Tanto a esperanza de vida sen limitación como a esperanza de vida sen limitación grave teñen un comportamento similar ao da esperanza de vida convencional na súa análise por provincias, sen amosar diferencias significativas entre elas. |
Porcentaxe de anos de vida segundo o grao de limitación. Galicia. 2014 |
O 73,8% dos anos que espera vivir a poboación galega son sen limitación e só o 4,2% con limitación grave. Cómpre resaltar de novo, a diferenza nos valores rexistrados para os homes e para as mulleres. Así, para os primeiros, a porcentaxe de anos de vida sen limitación e notablemente superior á das mulleres, 77% fronte ao 70,7%. Polo tanto, as mulleres galegas, esperan vivir máis anos que os homes, pero a porcentaxe de anos vividos con algún tipo de limitación é moi superior á dos homes, case o 30% dos anos vividos. |
Porcentaxe de anos de vida segundo o grao de limitación. 2014 |
Nacemento |
||
65 anos |
||
Acceso ás táboas de datos: |
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies