Número de empresas do sector TIC con actividade en Galicia segundo a súa sede social Ano 2021
Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais Nota: o sector TIC comprende as seguintes CNAE-09: 26.1, 26.2, 26.3, 26.4, 26.8, 46.5, 58.2, 61.1, 61.2, 61.3, 61.9, 62.0, 63.1, 95.1
3.020 empresas e 20.485 traballadores no sector TIC
En 2021 había 3.020 empresas con actividade en Galicia dedicadas ao sector das TIC, o que supón o 1,2% do total das empresas con actividade nesta Comunidade Autónoma. Destas, 200 tiñan a súa sede fóra de Galicia. No que respecta ao número de traballadores, no ano 2021 contáronse 20.485 afiliacións á Seguridade Social no sector das TIC, ao redor dun 5,9% máis que no ano anterior.
Emprego do sector TIC de Galicia. Anos 2012-2020. Galicia Número de afiliacións á Seguridade Social
Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros de afiliacións e contas de cotización facilitados pola Seguridade Social Nota: o sector TIC comprende as seguintes CNAE-09: 26.1, 26.2, 26.3, 26.4, 26.8, 46.5, 58.2, 61.1, 61.2, 61.3, 61.9, 62.0, 63.1,95.1. Para os anos 2009 e 2010 emprégase a media de afiliacións a 30 de xuño e a 31 de decembro. Para o ano 2011 emprégase a media de afiliacións a día 6 para os meses de abril, xullo e outubro e a día 31 para decembro. Desde o ano 2012 emprégase a media de afiliacións a último día dos meses de marzo, xuño, setembro e decembro.
Equipamento dos fogares en determinados dispositivos electrónicos
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares Nota: a incidencia calcúlase, como a porcentaxe de fogares que dispoñen dese dispositivo electrónico sobre o total de fogares de Galicia
O 82,7% dos fogares galegos dispoñen de conexión a Internet
En 2021, o 84,6% dos fogares galegos ten contratada conexión a internet (903.733 fogares).
Esta porcentaxe varía en función da área xeográfica. Así, na área de Pontevedra é do 89,3%, mentres que na área de Ourense sur esta porcentaxe se sitúa no 69,6%.
Porcentaxe de fogares que dispoñen de conexión a internet. Galicia. Ano 2021
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares Nota: Porcentaxe sobre o total de fogares
O 97,6% das empresas galegas de 10 ou máis asalariados dispoñen de conexión a Internet
No primeiro trimestre de 2022, o 97,6% das empresas de 10 ou máis asalariados con sede social en Galicia conta con conexión a Internet.
Destas, o 95,7% accede á rede mediante unha conexión de banda larga fixa e o 76,1% dispón de sitio/páxina web.
Uso de TIC nas empresas segundo o seu tamaño. Primerio trimestre de 2022 Porcentaxes
Fonte: INE. Encuesta de uso de TIC y Comercio Electrónico (CE) en las empresas Nota:(1) As porcentaxes están calculadas sobre o total de empresas con conexión a Internet.
|
|
Número de empresas do sector TIC con actividade en Galicia por estrato de asalariados. Ano 2021
Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais Nota: o sector TIC comprende as seguintes CNAE-09: 26.1, 26.2, 26.3, 26.4, 26.8, 46.5, 58.2, 61.1, 61.2, 61.3, 61.9, 62.0, 63.1, 95.1
En 2021, o 81% das empresas con actividade en Galicia do sector TIC tiñan entre 0 e 2 asalariados e só 31 empresas tiñan 100 ou máis asalariados.
Porcentaxe de persoas que usaron internet nos últimos 3 meses. Galicia Porcentaxes
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos. A porcentaxe foi calculada sobre o total da poboación de 5 ou máis anos cumpridos de Galicia
En 2021, o 79,2% da poboación galega de 5 ou máis anos manifestou conectarse a internet ao menos unha vez ao longo dos tres meses anteriores, e o 38,7% da poboación galega de 16 ou máis anos realizara algunha compra por internet.
Persoas de 16 ou máis anos que compraron por internet nos últimos 3 meses. Galicia. Ano 2021
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Porcentaxe de empresas con páxina web para realizar pedidos ou reservas online e seguimento online de pedidos. Galicia Porcentaxes
Fonte: INE. Encuesta de uso de TIC y comercio electrónico en las empresas Nota: Porcentaxes sobre o total de empresas de 10 ou máis asalariados con conexión a Internet e páxina web.
O 97,5% das empresas de 10 ou máis asalariados con sede social en Galicia, interactuaron a través de internet coas Administracións Públicas durante o primeiro trimestre do 2020. Os principais obxectivos foron obter información e conseguir e devolver impresos.
Empresas de 10 ou máis asalariados que durante o primeiro trimestre de 2020 interactuaron coas administracións públicas mediante a Internet segundo o motivo da interacción. Galicia Porcentaxes
Fonte: INE. Encuesta de uso de TIC y comercio electrónico en las empresas Nota:(1) As porcentaxes están calculadas sobre o total de empresas con conexión a Internet.
|