Custo da prestación farmacéutica en Galicia
|
No ano 2020 o custo total da prestación farmacéutica foi 842 millóns de euros, un 8,8% máis que no ano 2019. Por provincias, os valores máis altos alcánzanse nas provincias da Coruña e Pontevedra, que representan o 40,2% e o 32,6% do custo total, respectivamente.
No ano 2020, a esperanza de vida ao nacemento dos galegos situouse en 83,4 anos, lixeiramente inferior á rexistrada no ano anterior (83,6).
En Galicia, a esperanza de vida ao nacemento das mulleres alcanza no ano 2020 o valor de 86,3 e supera en 5,8 anos á dos homes, que se situou en 80,5 anos.
No ano 2020, o 54,8% das defuncións rexistradas en Galicia foron por enfermidades do sistema circulatorio e por tumores.
Entre as mulleres, a principal causa de morte foron as enfermidades do sistema circulatorio, que representaron no 2020 o 30,8% das defuncións femininas.
Nos homes, son os tumores a principal causa de morte e supuxeron no ano 2020 o 30,7% das defuncións masculinas. Dentro deste grupo, os tumores da tráquea, dos bronquios e do pulmón son os máis frecuentes. O 7,1% das defuncións de homes ocorridas en 2020 debéronse a esta causa.
No ano 2020, máis da metade das altas hospitalarias (50,54%) corresponden a mulleres, aínda que si se exclúen as producidas polo embarazo, parto e puerperio, a porcentaxe de altas suporía o 43,23%.
As enfermidades do aparello circulatorio foron o motivo máis frecuente de ingreso (13,7 de cada 100 altas), seguidas das enfermidades do aparello respiratorio (12,9 de cada 100) e dixestivo (12,5 de cada 100).
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies