Número de fogares segundo a súa tipoloxía. Ano 2021
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares Nota: a data de referencia dos datos é o día 31 de decembro Tamaño medio do fogar. Ano 2021
|
O día 31 de decembro de 2021 existían 1.073.031 fogares en Galicia, cun tamaño medio de 2,49 persoas por fogar.
A tipoloxía máis habitual entre os fogares galegos é a formada por unha parella con fillos (o 30,37% dos fogares). Os fogares constituídos por unha parella sen fillos supoñen o 23,97% e o 23,07% dos fogares galegos son unipersoais.
No 23,58% dos fogares galegos todos os seus membros teñen 65 ou máis anos. Esta porcentaxe sobe nas áreas de Ourense e sur de Lugo e diminúe na franxa atlántica.
No ano 2021 o ingreso medio mensual dos fogares galegos sitúase en 2.416 euros, un 6,1% máis que no ano anterior (2.277 euros en 2020).
Durante o ano 2021, cada fogar galego dedicou de media 28.429,6 euros para os gastos de consumo. Esta cifra é 814 euros inferior á media española.
Por grupos de gasto, os fogares galegos destinaron o 29,80% do seu orzamento a gastos relacionados coa vivenda, o 18,49% a alimentos e bebidas non alcohólicas e o 12,62% ao transporte.
No grupo de gasto de "vivenda", ademais dos alugamentos reais, inclúense os alugamentos imputados: cando un fogar é propietario da vivenda na que reside, ou a ten cedida, estímase o valor do alugamento que se pagaría no mercado por unha vivenda similar á que ocupa.
O día 31 de decembro había rexistradas en Galicia 769.285 pensións contributivas do sistema da Seguridade Social, cun importe medio de 886,68 euros ao mes (un 2,28% máis que o ano anterior)
O 62,49% das pensións contributivas da Seguridade Social en Galicia son de xubilación e o seu importe medio ascendeu aos 1011,91 euros ao mes, un 2,51% máis que en 2020. As pensións de viuvez supoñen o 24,11% das pensións contributivas (o 89,97% entre as mulleres). O importe medio mensual destas pensións subiu un 1,81% respecto ao ano anterior e acadou os 627,06 euros en 2021.
A finais de 2021 había en Galicia 37.213 beneficiarios de pensións non contributivas da Seguridade Social, un 1,66% menos que no ano anterior.
En 2021 inscribíronse en Galicia 20.500 delitos cometidos. Segundo a tipoloxía, os que tiveron unha maior incidencia foron os delitos contra a seguridade colectiva (30,9%), os delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica (28,1%) e os delitos por lesións (18,29%).
O 63,1% dos mozos e mozas galegos con idades comprendidas entre os 18 e os 34 anos vive cos pais.
Dos mozos e mozas que viven cos pais e que teñen entre 25 e 34 anos, o 72,28% ten ingresos procedentes só do traballo. Entre os que teñen de 18 a 24 anos, o 44,61% non ten ingresos.
O 61,55% dos ingresos dos fogares galegos procede do traballo: o 51,55% do traballo por conta allea e o 10% do traballo por conta propia. O 35,93% provén das prestación e o 2,52% das rendas e outros ingresos. A Coruña e Pontevedra son as provincias con maiores porcentaxes de ingresos procedentes do traballo, mentres que Lugo e Ourense son as que teñen maiores porcentaxes de ingresos procedentes das prestacións.
En 2021 a porcentaxe de fogares galegos que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes dimin�e 4,47 puntos, ata o 57,03%. A porcentaxe dos que chega con dificultade aumenta 3,93 puntos, e a porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade aumenta 0,54 puntos ata situarse no 7,46%
Segundo a enquisa conxuntural a fogares elaborada polo IGE, no cuarto trimestre de 2022, o 3,13% dos fogares galegos tivo algún retraso no pago de recibos de obrigado cumprimento nos últimos tres meses.
No ano 2021 contabilizáronse en Galicia unha media de 96.584 beneficiarios e beneficiarias de prestacións por desemprego, un 32,6% menos que en 2020.
A finais de 2021, no 79,07% dos fogares galegos había polo menos unha persoa que percibía ingresos procedentes de prestacións.
O 89,6% das persoas condenadas en Galicia no ano 2021 tiña nacionalidade española.
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies