Xeografía. Movementos migratorios
|
Movementos migratorios ano 2019 | |
Emigracións | Inmigracións |
Fonte: INE. Estatística de variacións residenciais
No ano 2019 rexistráronse en Galicia un total de 91.817 emigracións, das cales 62.964 tiveron como orixe un concello de Galicia e destino outro concello distinto da mesma comunidade autónoma. As 28.853 emigracións restantes tiveron como orixe un concello galego e destino fóra de Galicia (19.778 marcharon a outra comunidade autónoma e 9.075 ao estranxeiro).
Por outra banda, en 2019, o total de inmigracións ascendeu a 109.564, 62.964 procedentes doutro municipio galego e 46.600 de fóra de Galicia.
Bótalle un vistazo aos datos doutros anos que atoparás no seguinte ligazón: migracións
O saldo migratorio calcúlase como a diferenza entre o total de inmigrantes e o total de emigrantes. Se é positivo indica que as entradas de poboación superan ás saídas, e o contrario se é negativo.
Calcúlase como a diferenza entre a inmigración interna e a emigración interna.
Calcúlase como a diferenza entre a inmigración externa e a emigración externa.
Exemplo: Para os datos anteriores de 2019 podemos calcular o saldo migratorio da seguinte maneira:
Como se pode observar, para o total de Galicia, o saldo migratorio interno é cero. Isto é lóxico, pois se se considera como ámbito xeográfico de referencia o total de Galicia, o número de inmigracións internas ten que coincidir co de emigracións internas, pois as dúas teñen como orixe e destino a comunidade autónoma de Galicia.
No tocante ao saldo migratorio externo este é positivo, o que indica que no ano 2019 Galicia recibiu máis persoas (procedentes do resto de España e do estranxeiro), das que se foron.
Bótalle un vistazo aos datos doutros anos que atoparás no seguinte ligazón: migracións
As inmigracións de retorno son os movementos con destino o concello de nacemento.
Exemplo: na seguinte táboa móstranse os datos de inmigracións de retorno segundo o tipo de inmigración, para Galicia no ano 2019:
Inmigración de retorno. Galicia. Ano 2019
Fonte: INE. Estatística de variacións residenciais
Bótalle un vistazo aos datos doutros anos que atoparás no seguinte ligazón:inmigración de retorno