Xeografía. Movementos migratorios Exercicios
Na seguinte ligazón podes consultar os últimos datos sobre emigracións internas en Galicia; é dicir, o total de emigracións con orixe e destino en Galicia. Nas filas móstrase a provincia destino da emigración e nas columnas a provincia orixe da emigración. Responde as seguintes cuestións:
- ¿Cal é a provincia que recibe un maior número de galegos chegados doutro concello distinto?
- ¿De que provincia veñen na súa maior parte? ¿Paréceche lóxico?
- ¿Que porcentaxe de residentes na Coruña vanse vivir a outro municipio distinto da provincia da Coruña?
- ¿E de residentes en Lugo? ¿Parécenche similares estas porcentaxes?.
- ¿Que porcentaxe de residentes en Ourense emigraron neste ano á provincia de Pontevedra?
Para consultar o número de emigrantes galegos que se foron de Galicia para outra comunidade autónoma podes pinchar aquí. Para o último ano dispoñible acha cal é a comunidade autónoma a que máis galegos residentes na Coruña emigraron nese ano. ¿Que porcentaxe de coruñeses fóronse vivir a esa comunidade?. Fai o mesmo para Lugo, Ourense e Pontevedra e compara os resultados.
Para cada unha das provincias galegas, calcula a porcentaxe de emigrantes que deciden irse ao estranxeiro sobre o total de emigrantes desa provincia. Os datos necesarios para facer este exercicio están na seguinte ligazón.
Premendo na seguinte ligazón podes obter o número de inmigrantes procedentes do estranxeiro que recibiron as provincias galegas dende o ano 1992 ata o último ano dispoñible.
- ¿Cal foi a provincia que experimentou un maior crecemento na entrada de inmigrantes procedentes do estranxeiro?. Calcúlao en termos absolutos e relativos.
- Premendo nos seguintes enlaces podes consultar o número de inmigrantes procedentes do estranxeiro que chegaron a cada unha das provincias segundo a súa nacionalidade (española ou estranxeira): A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra. Calcula cal foi o incremento en (termos porcentuais) do número de inmigrantes procedentes do estranxeiro e de nacionalidade estranxeira que chegaron a cada provincia galega. Comenta os resultados e compara os resultados cos da pregunta anterior.
Nas seguintes ligazóns dispós do número de inmigrantes e de emigrantes para cada concello de Galicia no último ano dispoñible: inmigrantes, emigrantes
Calcula, para cada concello:
- O saldo migratorio para o último ano dispoñible. ¿Cales son os dez municipios con maior saldo migratorio?
- O saldo migratorio interno (migracións con orixe e destino en Galicia). ¿Cales son os dez municipios con maior saldo migratorio interno?
- O saldo migratorio externo. ¿Cales son os dez municipios con maior saldo migratorio externo?
Na seguinte táboa móstranse os inmigrantes procedentes do estranxeiro que reciben os municipios galegos dende o ano 1992.
- ¿Que municipios reciben maior número de inmigrantes procedentes do estranxeiro? ¿Sorpréndeche o resultado?
- Representa nun mapa os datos anteriores. Se tes dúbidas de como facelo consulta o apartado de representacións gráficas
- Estuda a evolución do número de inmigrantes que chegaron ao teu concello nos últimos 10 anos.
|