Xeografía. Movemento natural da poboación Actividade 2: Mortalidade
FICHA DA ACTIVIDADE
Obxectivos
- Estudar a evolución do número de defuncións en Galicia.
- Facer unha análise xeográfica deste fenómeno demográfico.
- Definir a esperanza de vida ao nacer.
- Coñecer as principais causas de morte entre os homes e as mulleres galegas.
Palabras clave
- Taxa bruta de mortalidade: número de defuncións por mil habitantes.
- Saldo vexetativo= Nacementos - Defuncións
Coñecementos previos necesarios
Cuestións a resolver:
Coa información que se facilitan nos enlaces e seguindo a actividade deberás poder responder as seguintes preguntas:
- Describe a evolución xeral das defuncións en Galicia..........
- ¿Que concello da túa provincia ten a maior taxa bruta de mortalidade na actualidade?. Deduce a poboación deste concello tendo en conta as defuncións que se produciron nel e a taxa bruta de mortalidade dese concello (recorda que Taxa bruta de mortalidade= Falecidos nun ano / poboación x 1.000)............
- ¿Terá algo que ver a taxa bruta de mortalidade coa estrutura de idades da poboación? Razoa a resposta..........
- ¿Cal é a principal causa de morte entre as mulleres galegas? ¿e entre os homes? Calcula as porcentaxes que representan respectivamente..........
- ¿Actualmente as mulleres falecen a idades máis tardías que os homes? Razóao tendo en conta a distribución das defuncións segundo sexo e idade..........
- ¿Qué ano foi o máis nefasto para Galicia en canto a crecemento vexetativo?¿Cres que ultimamente se ven síntomas de melloría?¿Como cres que inflúe a chegada de inmigrantes neste saldo vexetativo?........
- ¿Como é o saldo vexetativo do teu concello?¿e dos concellos veciños?..........
Descarga de datos
Descarga da ficha en pdf
¿Como evolucionan as defuncións en Galicia?
Evolución do número de defuncións. Galicia
Fonte: IGE, INE. Movemento Natural da Poboación
No gráfico anterior pode apreciarse un lixeiro incremento no número de defuncións nas últimas dúas décadas con respecto ao número de defuncións ocorridas na década dos oitenta e finais dos setenta.
Distribución do número de defuncións segundo grupos de idade. Galicia
Fonte: IGE, INE. Movemento Natural da Poboación
Tal e como se mostra na táboa anterior, o número de defuncións no período 1975-2019, foi aumentando progresivamente na poboación de maior idade, de feito en 1975 preto do 30% dos galegos falecidos neste ano tiñan 80 ou máis anos, mentres que no ano 2019 esta porcentaxe acada o 66,04% das defuncións.
Elabora gráficos da evolución das defuncións nas provincias galegas e táboas da distribución das defuncións segundo idade para outros anos, cos datos que atoparás nos seguintes ligazóns: defuncións por provincias , defuncións segundo a idade
¿Onde se producen máis mortes?
Para comparar a incidencia deste fenómeno demográfico nos distintos ámbitos xeográficos imos utilizar a taxa bruta de mortalidade que ven sendo o número de defuncións por mil habitantes (Taxa bruta de mortalidade= Falecidos nun ano / poboación x 1.000).
Número de defuncións por mil habitantes. Galicia. Ano 2019
Fonte: IGE. Indicadores demográficos
Tal e como se pode observar no mapa as maiores taxas brutas de mortalidade danse nos concellos interiores das provincias de Lugo e Ourense, tal e como cabería esperar, pois neles a poboación está moi envellecida.
Ranking dos concellos segundo a taxa bruta de mortalidade. Ano 2019
CON MAIOR TAXA |
CON MENOR TAXA |
|
Taxa bruta de mortalidade(%) |
|
Taxa bruta de mortalidade(%) |
San Xoán de Río |
49,13 |
Petín |
3,32 |
Larouco |
38,87 |
Ames |
5,74 |
Ribeira de Piquín |
34,51 |
Salceda de Caselas |
6,25 |
Vilamartín de Valdeorras |
33,80 |
Cambre |
6,81 |
A Bola |
31,12 |
Arteixo |
7,13 |
A Veiga |
30,45 |
O Porriño |
7,29 |
Melón |
30,31 |
Soutomaior |
7,46 |
Montederramo |
30,29 |
Burela |
7,59 |
O Irixo |
30,25 |
Baiona |
7,93 |
Fonte: IGE. Indicadores demográficos
Elabora as táboas e os mapas para outros anos cos datos que atoparás nos seguinte ligazón: taxa bruta de mortalidade
¿Ata que anos vivimos os galegos?
Un bo indicador das condicións de saúde dunha poboación é a esperanza de vida. A esperanza de vida ao nacer defínese como o número medio de anos que vivirán os membros dunha xeración ficticia de acordo co patrón de mortalidade vixente.
Evolución da esperanza de vida ao nacer segundo sexo
Fonte: Consellería de Sanidade. Mortalidade en Galicia 1980-1999, INE-IGE. Movemento Natural da Poboación
Dado que as condicións de mortalidade decrecen, a esperanza de vida aumenta. De feito, entre os anos 1980 e 2019 aumentou 8,6 anos para os homes e 8,4 para as mulleres, e sitúase no ano 2019 en 80,7 e 86,8 anos respectivamente.
Defuncións segundo grupos de idade e sexo. Ano 2019
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación
A partir dos datos presentados no gráfico anterior podemos concluír que as mulleres falecen a idades máis tardías que os homes. Así, mentres que aproximadamente o 62,6% das mulleres falecidas en 2019 tiñan 85 ou máis anos, so o 38,5% dos homes chegaban a esas idades.
Elabora este apartado con datos doutros anos que atoparás nos seguintes ligazóns:Esperanza de vida ao nacer, Mortalidade segundo a idade e o sexo
¿Cales son as principais causas de morte entre os galegos?
Defuncións segundo a súa causa por xénero. Ano 2018
Fonte: INE. Defunciones según la causa de la muerte.
As enfermidades do sistema circulatorio e os tumores foron as principais causas de morte entre os galegos no ano 2018. Hai que ter en conta que a asignación dunha defunción a unha causa non é sinxela nunha sociedade envellecida, onde aumentan as mortes debidas a causas concorrentes. O 32,5% das galegas que faleceron durante o ano 2018 morreron a causa dalgunha enfermidade do sistema circulatorio. Para os homes a principal causa de morte foi algún tumor.
Elabora este apartado con datos doutros anos que atoparás nos seguinte ligazón: Mortalidade segundo causa
¿En Galicia, morre máis xente da que nace?
Dende o ano 1987 o saldo vexetativo en Galicia (nacementos menos defuncións) é negativo, o que quere dicir que morren máis persoas das que nacen. Na seguinte ligazón podes consultar o número de nacementos, defunción e o saldo vexetativo dende o ano 1975 ata o último ano dispoñible. ¿Que ano foi o máis nefasto para Galicia en canto ao crecemento vexetativo? ¿Cres que ultimamente se ven síntomas de melloría? ¿Como cres que vai influír a chegada de inmigrantes neste saldo vexetativo?
Saldo vexetativo. Ano 2019
Fonte: IGE,INE. Movemento natural da poboación
Soamente 5 dos 313 concellos galegos rexistraron un saldo vexetativo positivo en 2019. Todos estes concellos atópanse nas provincias da Coruña e Pontevedra. Á vista do mapa anterior, ¿como é o saldo vexetativo do teu concello? ¿e dos concellos veciños?. Na seguinte ligazón podes ver este mesmo mapa, pero ao situar o rato por riba dos concellos podes ver o nome do concello e o valor que toma o crecemento vexetativo para ese concello.
Elabora este apartado con datos doutros anos que atoparás nos seguinte ligazón: Saldo vexetativo
¿Que sucede no concello onde vives?
- ¿Como foi a evolución das defuncións no teu concello?
- ¿Cal é a taxa bruta de mortalidade?
- ¿No teu concello as mulleres falecen a idades máis tardías que os homes?
- ¿No teu concello nace máis xente que morre? ¿En que anos houbo un saldo positivo?
- Compara estes datos cos de Galicia
Para afondar un pouco máis ....
|