Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Xeografía. Movemento Natural da Poboación
Exercicios


1.- Calcular as taxas de natalidade e mortalidade e o crecemento vexetativo de Galicia, das provincias e do teu concello para os últimos anos dispoñibles e a partir das ligazóns que se presentan a continuación:

Concello:
Concello:
  • Razoa se as taxas de mortalidade que obtés son altas ou baixas.
  • Compara os datos das provincias galegas, ¿existen diferenzas entre elas, ou están todas nunha situación moi similar?. Intenta buscar explicacións.
  • ¿Que podes dicir dos datos do teu concello en relación ao resto das provincias galegas e Galicia?
  • ¿Que perspectivas de crecemento atopas no teu concello no futuro?, ¿por que?
  • ¿Cal é a tendencia das taxas de mortalidade e natalidade nos últimos anos?, constrúe un gráfico lineal e coméntao.

2.- A partir dos datos do número medio de fillos por muller en Galicia e as súas provincias que atoparás na seguinte ligazón, constrúe un gráfico lineal e coméntao:

Número medio de fillos por muller en Galicia e as súas provincias.

  • ¿Observas diferenzas entre as provincias galegas?, ¿como é a súa evolución?
  • Compara os datos cos de España
  • ¿O número medio de fillos por muller en Galicia e España atópase por encima do necesario para que se produza un crecemento natural da poboación?

3.- Observa os mapas de distribución de natalidade e mortalidade nos concellos da nosa comunidade autónoma que se presentan nas seguintes ligazóns:

Taxa de natalidade nos concellos galegos.

Taxa de mortalidade nos concellos galegos.

  • Explica a situación da natalidade e da mortalidade na nosa comunidade autónoma.
  • Compáraa con outra que presente unha situación moi distinta e explica os motivos das diferenzas.
  • Compara o mapa da distribución da natalidade por concellos co da distribución do crecemento natural que se atopa na seguinte ligazón:Crecemento natural da poboación

4.- Na ligazón que podes ver a continuación preséntase a esperanza de vida por xénero para Galicia e as súas provincias nos últimos anos:

Esperanza de vida.

  • Explica a situación da esperanza de vida na nosa comunidade autónoma.
  • Compáraa coa esperanza de vida española.
  • ¿Que podes dicir da esperanza de vida dos homes e das mulleres?. Razoa a resposta.