Xeografía. Movemento natural da poboación Definicións e conceptos teóricos
Movemento natural da poboación
O movemento natural da poboación defínese como a variación no número de habitantes debido á NATALIDADE e á MORTALIDADE. A diferenza entre as dúas magnitudes chámase CRECEMENTO VEXETATIVO, e para o seu cálculo necesítanse dous factores: os nacementos e as defuncións. O crecemento vexetativo será positivo se os nacementos superan ás defuncións e negativo no caso contrario.
Exemplo: na seguinte ligazón terás acceso aos nacementos, defuncións e crecemento vexetativo de Galicia nos últimos anos MNP
Ademais, existen outros indicadores sociodemográficos que nos proporcionan máis datos e características da poboación. Os máis importantes son a nupcialidade, a fecundidade, a mortalidade infantil e a esperanza de vida.
Natalidade
O número de nacementos está relacionado coa poboación na que se produciron, para establecer referencias e permitir efectuar comparacións, que non terían sentido con valores absolutos, defínense unha serie de indicadores indispensables para o análise da natalidade. Definimos primeiramente a taxa bruta de natalidade, expresada en tanto por mil como:
Taxa bruta de natalidade = Nacidos nun ano/poboación x 1.000
A taxa de natalidade considérase alta se supera o 35 por mil, moderada se vai do 15 ao 35 por mil e baixa se está por debaixo do 15 por mil.
A media mundial sitúase arredor do 28 por mil. Nos países desenvolvidos, sitúase por debaixo da media (en xeral, menos do 15 por mil); en países en vías de desenvolvemento, arredor da media; nos subdesenvolvidos, por encima (entre o 40 por mil e o 60 por mil, polo xeral).
Exemplo: na seguinte ligazón terás acceso á taxa bruta de natalidade de Galicia e provincias nos últimos anos: 1975-1997,
desde 1998.
Moi relacionada coa natalidade está a taxa de fecundidade: nacidos nun ano en relación co número de mulleres en idade fértil (entre 15 e 49 anos).
Taxa de fecundidade= Nacidos vivos nun ano / mulleres en idade fértil x 1.000
Tamén relacionado coa taxa de fecundidade está o número medio de fillos por muller ou índice sintético de fecundidade que representa o número esperado de fillos por muller ao longo da súa vida fértil (de 15 a 49 anos). Obtense como a suma das taxas específicas de fecundidade por idade.
A taxa específica de fecundidade por idade defínese como o cociente entre o número de nacementos dunha
determinada cohorte de nais e o total de mulleres nese grupo de idade.
Taxa específica de fecundidade para a idade x (f x)= Número de nacementos de nais de x anos / mulleres de x anos x 1.000
O número medio de fillos por muller exprésase do seguinte xeito:
Para que a poboación medre, é necesario que este valor sexa do 2,1 como mínimo (para que se produza a substitución xeracional). Nos últimos decenios produciuse un drástico descenso da fecundidade.
O número medio de fillos por muller para Galicia está nestes momentos por debaixo do necesario para que se produza un crecemento natural da poboación.
Exemplo: Velaquí tes o acceso ao número de fillos por muller de Galicia e provincias nos últimos anos: 1975-1997 desde 1998.
Mortalidade
Ao igual que no caso da natalidade, relacionando o número de defuncións co número de habitantes obtemos a taxa bruta de mortalidade, expresada en tanto por mil:
Taxa bruta de mortalidade= Falecidos nun ano / poboación x 1.000
A taxa de mortalidade considérase alta se supera o 35 por mil, moderada se vai do 15 ao 35 por mil e baixa se está por debaixo do 15%.
En España a taxa bruta de mortalidade está situada arredor do 8,8 por mil e en Galicia no 11,6 por mil no ano 2019.
Exemplo: na seguinte ligazón terás acceso á taxa bruta de mortalidade de Galicia e provincias nos últimos anos: 1975-1997,
desde 1998.
Hai que dicir que se trata dunha taxa menos clara que a de natalidade, xa que se ve alterada polo envellecemento da poboación á que fai referencia. Por iso é necesario complementar este dato con outras taxas.
Taxa de mortalidade infantil (TMI) = Falecidos menores dun ano /nacidos no ano x 1000
Nalgúns países onde as condicións sanitarias e hixiénicas son moi deficitarias, a mortalidade infantil é moi elevada. Actualmente a mortalidade infantil española e galega é das máis baixas de Europa.
Exemplo : Velaquí tes o acceso a taxa de mortalidade infantil de Galicia nos últimos anos Taxa de mortalidade infantil galega.
A esperanza de vida é o número medio de anos de vida que poida esperar vivir unha persoa no momento do seu nacemento.
Actualmente, existe unha clara diferenza entre países desenvolvidos, onde a esperanza de vida é superior aos 70 anos, e os países subdesenvolvidos, onde a esperanza de vida está por debaixo dos 50 anos.
A continuación podes observar un gráfico coa evolución da esperanza de vida en Galicia nos últimos anos:
Por outra parte, é evidente que existe unha clara diferenza entre a esperanza de vida dos homes e a das mulleres. No seguinte enlace poderás ver os datos da Esperanza de vida por xénero en Galicia
Crecemento vexetativo
O taxa de crecemento vexetativo ou natural da poboación é a diferenza entre o número de nacementos e o número de falecementos nunha poboación determinada, dividida pola poboación no ano considerado e expresado en %.
Taxa de crecemento vexetativo = (Nacementos- Defuncións) /Poboación x 100
O resultado pode ser positivo, negativo ou cero.
- Positivo. Naceron máis persoas das que morreron. Normalmente, o crecemento das poboacións é positivo.
- Negativo. En casos de guerra, de epidemias mortais ou de baixa natalidade, o crecemento é negativo; é dicir, a poboación diminúe. En Galicia, actualmente é negativo pola baixa taxa de natalidade e o elevado grao de envellecemento da poboación.
- Cero. O crecemento pode ser cero se morre o mesmo número de persoas que naceron. Existe entón un equilibrio demográfico.
A taxa de crecemento vexetativo considérase alta se supera o 2%, moderada se vai do 1 ao 2% e baixa se está por debaixo do 1%.
Exemplo Cos datos do crecemento vexetativo e os datos de poboación que se presentan na seguinte táboa calcularase a taxa de crecemento vexetativo da poboación galega nos últimos anos:
Anos |
Poboación |
Nacementos |
Defuncións |
Crecemento vexetativo |
Taxa de crecemento vexetativo |
1975 |
2.749.323 |
43.850 |
25.834 |
18.016 |
0,66% |
1981 |
2.811.912 |
36.300 |
25.398 |
10.902 |
0,39% |
1986 |
2.844.472 |
26.178 |
26.877 |
-699 |
-0,02% |
1991 |
2.731.669 |
21.927 |
27.696 |
-5.769 |
-0,21% |
1996 |
2.742.622 |
18.597 |
28.864 |
-10.267 |
-0,37% |
1998 |
2.724.544 |
18.538 |
28.085 |
-9.547 |
-0,35% |
1999 |
2.730.337 |
18.784 |
29.293 |
-10.509 |
-0,38% |
2000 |
2.731.900 |
19.418 |
28.858 |
-9.440 |
-0,35% |
2001 |
2.732.926 |
19.361 |
28.300 |
-8.939 |
-0,33% |
2002 |
2.737.370 |
19.327 |
28.353 |
-9.026 |
-0,33% |
2003 |
2.751.094 |
20.423 |
29.805 |
-9.382 |
-0,34% |
2004 |
2.750.985 |
20.621 |
28.540 |
-7.919 |
-0,29% |
2005 |
2.762.198 |
21.097 |
29.383 |
-8.286 |
-0,30% |
2006 |
2.767.524 |
21.392 |
29.389 |
-7.997 |
-0,29% |
2007 |
2.772.533 |
21.752 |
30.159 |
-8.407 |
-0,30% |
2008 |
2.784.169 |
23.175 |
29.629 |
-6.454 |
-0,23% |
2009 |
2.796.089 |
22.537 |
30.180 |
-7.643 |
-0,27% |
2010 |
2.797.653 |
22.047 |
29.749 |
-7.702 |
-0,28% |
2011 |
2.795.422 |
21.594 |
29.879 |
-8.285 |
-0,30% |
2012 |
2.781.498 |
21.089 |
30.871 |
-9.782 |
-0,35% |
2013 |
2.765.940 |
19.727 |
30.433 |
-10.706 |
-0,39% |
2014 |
2.748.695 |
19.630 |
29.929 |
-10.299 |
-0,37% |
2015 |
2.732.347 |
19.427 |
31.688 |
-12.261 |
-0,45% |
2016 |
2.718.525 |
19.062 |
31.757 |
-12.695 |
-0,47% |
2017 |
2.708.339 |
18.445 |
31.962 |
-13.517 |
-0,50% |
2018 |
2.701.743 |
16.560 |
32.419 |
-15.859 |
-0,59% |
2019 |
2.699.499 |
15.718 |
31.268 |
-15.550 |
-0,58% |
Fonte: Censos de poboación, Padrón municipal de habitantes, Movemento Natural da Poboación
Nota: nos anos 1991 e 1981 considérase a poboación dos censos e nos restantes anos a do Padrón
A taxa de crecemento vexetativo da poboación galega calcúlase dividindo o crecemento vexetativo e a poboación e multiplicándoo por cen, o resultado aparece na última columna da táboa. Obsérvase, polo tanto, que Galicia nos últimos anos ten unha taxa de crecemento vexetativo negativo, o que quere dicir que os nacementos non son capaces de compensar as defuncións.
Nas seguintes ligazóns atoparás os datos necesarios para calcular a taxa de crecemento vexetativo para Galicia e para as súas provincias para os últimos anos dispoñibles:
|