Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Xeografía
Actividade 3: Coñece o teu concello un pouco máis a fondo


Obxectivos

  • Coñecer a superficie e distribución territorial (parroquias, lugares, ...) do concello de cada alumno.
  • Estudar a situación demográfica destes concellos.
  • Facer cálculos sinxelos con datos demográficos.

Recursos

  • Páxina Web do IGE: www.ige.gal
  • Folla de cálculo (Excel, Open Office Calc, ...)

Palabras clave

  • Densidade de poboación: cociente entre a poboación dun territorio e a súa extensión.
  • Idade media da poboación: media aritmética das idades dos individuos que compoñen unha poboación.
  • Índice de envellecemento: relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos.

Coñecementos previos necesarios

  • Esta actividade é de introdución á xeografía, polo que non é necesario ter coñecementos previos de estatística, só saber facer cálculos básicos: sumas, restas, multiplicacións e divisións.

Sabes situar o teu concello no mapa de Galicia?

Pinchando na seguinte ligazón podes descargar un mapa cos 315 concellos galegos. Estes aparecen pintados en diferentes cores en función da súa superficie. Trata de situar o teu concello e de identificar os limítrofes.

Cuestións para os alumnos:

  • Cal é o concello galego con maior superficie?
  • e o máis pequeno?

Pinchando nas seguintes ligazóns podes consultar a superficie dos concellos de cada unha das provincias galegas.
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Cantas parroquias forman o teu concello?

No nomenclátor recóllese unha relación detallada das entidades e núcleos de poboación de Galicia coa súa poboación.
Na ligazón ao nomenclátor se pinchas no enlace de "Ábore de clasificación xerárquica" apareceranche as catro provincias galegas. Premendo en cada unha delas despréganse os seus municipios e pinchando en cada municipio obterás as entidades colectivas (ou parroquias) que existen nese concello, xunto coa súa poboación.

Cuestións para os alumnos:

  • Cantas parroquias ten o teu concello?
  • En cal vives? viven máis homes ou mulleres?
  • Cal é a parroquia do teu concello na que vive máis xente?

A que comarca pertence o teu concello?

En Galicia existen 53 comarcas:

  • A Coruña: 18 comarcas
  • Lugo: 13 comarcas
  • Ourense: 12 comarcas
  • Pontevedra: 10 comarcas

No seguinte mapa podes ver unha distribución territorial das comarcas galegas.

Cuestións para os alumnos:

  • Saberías situar a túa comarca no mapa?
  • Que outros municipios pertencen a túa comarca?
  • Cal é a superficie da túa comarca?

Como axuda, a continuación podes acceder ao listado de concellos que pertencen a cada comarca coa súa superficie:

  • Comarcas da provincia da Coruña
  • Comarcas da provincia de Lugo
  • Comarcas da provincia de Ourense
  • Comarcas da provincia de Pontevedra

Canta xente reside no teu concello?

O Padrón municipal de habitantes é un rexistro administrativo onde constan os veciños dun concello. Este rexistro permite coñecer canta xente reside en cada concello galego. No seguinte enlace podes consultar a poboación de cada un dos concellos galegos para o último ano dispoñible:
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Todos

Cuestións para os alumnos:

  • Cal é o concello con máis habitantes da túa provincia?e de Galicia?
  • E o menos poboado?
  • No teu concello viven máis homes ou mulleres?
  • Cal é a poboación da túa comarca?

Como apoio podes consultar os concellos que compoñen cada comarca xunto coa súa poboación:

  • Comarcas da provincia da Coruña
  • Comarcas da provincia de Lugo
  • Comarcas da provincia de Ourense
  • Comarcas da provincia de Pontevedra

Cantos habitantes residen no teu concello por quilómetro cadrado?

A Partir dos datos de superficie e de poboación podemos calcular a densidade de poboación para cada un dos concellos galegos. Por exemplo, o concello de Lugo ten unha extensión de quilómetros cadrados e unha poboación total no ano 2019 de habitantes polo que a súa densidade é: / = 298,0 persoas/Km2.

Cuestións para os alumnos:
  • Nos apartados anteriores calculastes a superficie e a poboación da túa comarca Cal é a súa densidade?
  • Na seguinte ligazón móstrase un mapa de Galicia coa densidade dos municipios. Onde se atopan os municipios con menor densidade? e os teñen maior densidade?

Aumentou a poboación no teu concello ou diminuíu?

No seguinte enlace podes consultar a poboación de cada concello galego nos seis últimos anos:

Concello:

En primeiro lugar vamos a calcular o que aumentou ou diminuíu a poboación dun concello. Collamos como exemplo o concello do Porriño. No ano 2018 contaba con habitantes mentres que no ano 2017 a súa poboación era de persoas. Entón podemos dicir que a súa poboación aumentou en 140 persoas neste ano:

A continuación podemos comparar esta poboación coa poboación de fai cinco anos. Seguindo co exemplo do concello do Porriño, no ano 2013 a súa poboación era de habitantes, polo que podemos concluír que nos últimos 5 anos o concello do Porriño gañou 832 habitantes.

Cuestións para os alumnos:
  • Calcula cantos habitantes perdeu ou gañou o teu concello no último ano
  • E nos cinco últimos anos?

Para afondar un pouco máis ...

Acabamos de comprobar que nos cinco últimos anos o concello do Porriño aumentou a súa poboación en 832 persoas. Collamos agora como exemplo o concello de Arteixo.

No ano 2013 residían neste concello persoas e en 2018 residían , é dicir a súa poboación aumentou en 912 persoas neste quinquenio.
Se comparamos os dous concellos podemos concluír que en termos absolutos medrou máis o concello de Arteixo que o do Porriño, pero en termos relativos que concello aumentou máis a súa poboación? Parece claro que, aínda que en Arteixo aumentou máis o número de habitantes, en porcentaxe o crecemento foi maior no concello do Porriño. Como podemos calcular esta porcentaxe?
Para calcular o crecemento relativo da poboación nun período de tempo podemos aplicar a seguinte fórmula:

Crecemento relativo = (Poboación f - Poboación i)/Poboación i * 100, onde:
  • Poboación f: poboación final (poboación residente nese concello no último ano do período considerado)
  • Poboación i: poboación inicial (poboación residente nese concello no primeiro ano do período considerado)
Apliquemos esta fórmula aos concellos de Lugo e Arteixo:
  • Concello do Porriño ⇒ Crecemento relativo no período 2013-2018 = ( - )/ *100 = 4,4%
  • Concello de Arteixo ⇒ Crecemento relativo no período 2013-2018 = ( - )/ * 100 = 2,9%

Podemos comprobar entón, que aínda que o crecemento absoluto foi maior en Arteixo que no Porriño, en termos relativos o crecemento foi maior no concello do Porriño.
Cuestións para os alumnos:
  • Canto medrou/diminuíu a poboación do teu concello nos últimos 5 anos en termos relativos?
  • No seguinte enlace podes consultar a poboación nos cinco últimos anos de todos os concellos galegos. Cal é o concello que máis aumentou a poboación en termos absolutos? e en termos relativos? Intenta resolver estas cuestións utilizando unha folla de cálculo.
  • Identifica no mapa os concellos onde máis medrou a poboación nos últimos 5 anos.
Se tes dúbidas de como calcular e interpretar taxas de variación relativas podes ir a unidade de "porcentaxes, taxas, variacións e números índice" da área temática de matemáticas.

Como crees que é a poboación do teu concello? moza ou maior?

Existen distintos xeitos de medir o grao de envellecemento dun municipio entre os que destacamos:

  • Idade media da poboación: calcúlase como a media aritmética das idades das persoas que compoñen a poboación.
    Na seguinte ligazón facilítase a idade media da poboación por concellos: Idade media da poboación

    Cuestións para os alumnos:

    • Elabora un ranking cos 10 concellos galegos coa poboación máis nova de Galicia
    • Sitúa estes concellos no mapa

    Para afondar un pouco máis ...

    Na unidade de "Estatística descritiva" da área temática de matemáticas podes atopar máis información sobre a media aritmética: como se calcula, interpreta, exemplos, ...

  • Índice de envellecemento: calcúlase como o cociente da poboación maior de 64 anos entre a poboación menor de 20. Este resultado multiplícase por 100 para obter o resultado en porcentaxe. Un índice de envellecemento superior a 100 indica que existen máis persoas maiores de 64 anos que mozos menores de 20. Canto maior sexa o índice de envellecemento dun municipio máis envellecida está a súa poboación.

    Por exemplo, no ano 2018 residían no concello de Lugo persoas maiores de 64 anos e 16.998 persoas menores de 20 anos. Polo tanto o seu índice de envellecemento é de:

    Índice de envellecemento=(/16.998)*100 = 123,30

    Cuestións para os alumnos:

    • Calcula a partir dos seguintes datos a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos do teu concello.
      Concello:
    • Calcula o índice de envellecemento do teu concello que poboación está máis envellecida a do teu concello ou a do concello de Lugo?

    Para afondar un pouco máis ...

    Na unidade de "Estrutura da poboación" da área temática de xeografía podes atopar máis información sobre a composición da poboación segundo a idade.

  • Pirámide de poboación: é unha gráfica que nos permite visualizar a estrutura por idades e sexo da poboación.

    Pirámide de poboación de Galicia no ano 2018

    Cada barra de cor azul representa a porcentaxe de homes que hai nese grupo de idade sobre a poboación total de Galicia. De igual xeito, cada barra de cor verde representa a porcentaxe de mulleres dese grupo de idade sobre a poboación total.

    Para afondar un pouco máis ...

    • Para saber como elaborar e interpretar unha pirámide de poboación podes entrar no apartado de "Representacións gráficas" do portal educativo.
    • No "Atlas comarcal" podemos visualizar un mapa coas comarcas galegas, no que movendo o rato polo mapa vemos a pirámide de poboación de cada unha das comarcas. Ademais, fixada unha comarca, permite ver a evolución da súa pirámide de poboación desde o ano 1998 ata o último dispoñible.

Actividades complementarias

Escribe unha pequena redacción coa principal información demográfica do teu concello. Nesta redacción deben figurar os seguintes datos:

  • Nome do concello e parroquia na que vives.
  • Situación xeográfica: municipio costeiro ou do interior.
  • Comarca e provincia as que pertence. Ademais poderanse enumerar os restantes municipios que compoñen a túa comarca.
  • Superficie do concello.
  • Densidade de poboación do concello.
  • Número de habitantes e a súa distribución segundo o sexo.
  • Número de habitantes que gañou/perdeu nos últimos cinco anos.
  • Inclúe outra información que che pareza interesante e faga a redacción máis amena.