Xeografía. Estrutura da poboación Exercicios
1.- Observa a táboa de tipos de poboación segundo a estrutura por idades que se presenta a continuación:
Tipo de poboación |
% Mozos (Menores de 20) |
% Anciáns (Maiores de 65) |
Nova |
Máis do 35% |
Menos do 5% |
Adulta |
Entre o 25% e o 35% |
Entre o 5 e o 12% |
Vella |
Menos do 25% |
Máis do 12% |
Cos datos da poboación por grupos de idade para o teu concello e Galicia que se presenta a continuación contesta:
- Cal é o tipo que lle corresponde a Galicia?
- Cal é o tipo que lle corresponde ao teu concello?
- Razoa as respostas.
2.- Revisa a actividade de elaboración e comentario das pirámides e elabora con Excel e cos seguintes datos:
- A pirámide de Galicia.
- Que porcentaxe representan as mulleres de 20 a 24 anos sobre o total da poboación?
- Suma as porcentaxes de homes, por un lado, e de mulleres, por outro. Hai un desequilibrio entre os xéneros?
- A pirámide do teu concello.
- Comenta as dúas pirámides que elaboraches.
3.- Elabora o mapa da proporción de xente nova para o ano que che interese pinchando na seguinte ligazón (se queres vai ao apartado de Representacións gráficas para ver cómo facer o cartograma).
Elabora o mapa da proporción de xente anciá seguindo os mesmos pasos do apartado anterior: Proporción de xente anciá
-
Comenta brevemente os dous mapas.
- Sinala as principais razóns que explican os desequilibrios por idades.
4.-Cos datos que atoparás nas seguintes ligazóns:
Poboación ocupada por sectores económicos:
[Ata o ano 2008]
[Dende o ano 2009]
Calcula:
- A distribución da poboación ocupada por sectores económicos da túa provincia no primeiro ano dispoñible e no último ano: compara os resultados.
- Compara os resultados cos que se obteñen para Galicia.
- Compara para o ano 2013 a distribución por sectores económicos galega e española. Encontrarás os datos de España na seguinte ligazón
- Compara co resto das comunidades autónomas.
|