Xeografía. Estrutura da
poboación |
Grupos de idade |
Homes | Mulleres |
[0-5) | 56.575 | 52.905 |
[5-10) | 54.083 | 50.904 |
[10-15) | 53.310 | 50.332 |
[15-20) | 63.650 | 60.213 |
[20-25) | 76.086 | 73.465 |
[25-30) | 100.041 | 97.415 |
[30-35) | 116.309 |
114.520 |
[35-40) | 109.668 | 109.381 |
[40-45) | 105.173 | 106.373 |
[45-50) | 100.264 |
101.615 |
[50,55) | 92.312 | 94.515 |
[55,60) | 85.012 | 87.934 |
[60,65) | 83.018 | 89.195 |
[65,70) | 66.886 | 75.765 |
[70,75) | 65.464 | 81.283 |
[75,80) | 58.215 | 80.195 |
[80,85) | 36.876 | 59.908 |
85 e máis | 26.661 | 60.568 |
No ano 2009 a poboación total de Galicia era 2.796.089. Se calculamos as porcentaxes que a poboación de cada sexo e grupo de idade representan sobre o total da poboación galega, obteriamos os datos que aparecen na seguinte táboa:
Grupos de idade |
Homes | Mulleres |
[0-5) | 2,02% | 1,89% |
[5-10) | 1,93% | 1,82% |
[10-15) | 1,91% | 1,80% |
[15-20) | 2,28% | 2,15% |
[20-25) | 2,72% | 2,63% |
[25-30) | 3,58% | 3,48% |
[30-35) | 4,16% |
4,10% |
[35-40) | 3,92% | 3,91% |
[40-45) | 3,76% | 3,80% |
[45-50) | 3,59% |
3,63% |
[50,55) | 3,30% | 3,38% |
[55,60) | 3,04% | 3,14% |
[60,65) | 2,97% | 3,19% |
[65,70) | 2,39% | 2,71% |
[70,75) | 2,34% | 2,91% |
[75,80) | 2,08% | 2,87% |
[80,85) | 1,32% | 2,14% |
85 e máis | 0,95% | 2,17% |
A continuación, no eixo vertical situariamos unha escala numérica que representa os grupos de idade e
nos eixes horizzontais as escalas numéricas que representan os efectivos de poboación en porcentaxe (o espazo
da esquerda para os datos dos homes e o da dereita para os datos de mulleres).
Trasladamos os datos porcentuais da táboa a cada un dos eixes e debuxamos unha barra en cada grupo de idade
para cada un dos sexos. Obteriamos a seguinte pirámide:
¿Cómo se interpreta unha pirámide de poboación?Para poder interpretar unha pirámide de poboación cómpre primeiro fixarse na forma ou perfil da pirámide. É polo tanto necesario coñecer os distintos tipos de pirámides segundo o perfil que presenten: |
|
Pirámide de poboación de Galicia. Ano 1900 | |
Expansiva, progresiva ou de crecemento rápido (forma de pagode, triangular ou de parasol)As pirámides deste tipo presentan base ampla, o que representa a unha poboación nova con altas taxas de natalidade, o que parece indicar tamén un rápido crecemento da poboación.Por outra banda, a poboación diminúe rapidamente cara ao cume debido a taxas de mortalidade elevadas e á baixa esperanza de vida. É o modelo típico dos países subdesenvolvidos. |
|
Pirámide de poboación de Galicia. Ano 1970 | |
Estacionaria ou de crecemento lento (forma de campá ou oxiva)Este tipo de pirámides teñen a base e a zona central practicamente do mesmo tamaño, o que indica que hai un número de persoas aproximadamente igual nos grupos de idade nova e adulta.Adoita presentar unha taxa de crecemento lenta ou case nula. Corresponde aos países en vías de desenvolvemento. |
|
Pirámide de poboación de Galicia. Ano 2005 | |
Constritiva, regresiva ou de crecemento nulo (forma de tonel ou urna)Estas pirámides presentan unha base máis estreita que os chanzos centrais.Representan un rápido descenso na fecundidade co correspondente decrecemento da poboación. É o modelo característico dos países desenvolvidos. |
|
Polo tanto, nunha
pirámide de
poboación débese analizar a seguinte
información: |
|
Ancho da base | Estado da natalidade Proporción de poboación nova |
Cúspide | Esperanza de vida (cando a forma é apuntada e existe pouca poboación con máis de 65 anos a esperanza de vida é reducida, e o contrario cando a forma é redondeada) |
Grandes grupos de idade | Nivel de envellecemento Poboación en idade laboral |
Anomalías nos perfís | Entrantes: indican perdas de poboación
(guerras, epidemias, catástrofes, emigración,...) Salientes: indican recuperación da poboación (aumento da natalidade, inmigración,...) |
Relación entre sexos | Se nacen máis homes ou mulleres Diferenzas na esperanza de vida por sexos |
Provincia da Coruña | |
Provincia de Lugo | |
Provincia de Ourense | |
Provincia de Pontevedra |
Para facer a pirámide en Excel vas ter que seguir os seguintes pasos:
Tamén existe a posibilidade de facer pirámides coa nosa web. A continuación terás accesos aos datos do ano 2010 de todos os concellos galegos. Para facer a pirámide tes que seguir os seguintes pasos:
Provincia da Coruña | |
Provincia de Lugo | |
Provincia de Ourense | |
Provincia de Pontevedra |