Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Curiosidades e anécdotas


Neste apartado presentarémosche unha serie de problemas e curiosidades relacionados coa estatística.

Enquisas de opinión

En 1936, o "Literary Digest" utilizou unha mostra de 2,3 millóns de votantes potenciais. A partir desa enquisa determinaron que a poboación norteamericana tendía a simpatizar co Partido Republicano. De feito, unha semana antes das eleccións publicaron que Alf Landon do Partido Republicano era moito máis popular que Franklin D. Roosevelt do Partido Demócrata. Ao mesmo tempo, George Gallup realizou unha enquisa moito máis pequena pero con mellores bases científicas, utilizando mostras demográficas representativas. Callup predixo correctamente que a victoria sería para Roosevelt, levando así á bancarrota a Literary Digest. ¿Que fixeron mal en Literary Digest, para que cunha mostra de moitísimo maior tamaño, obtiveran resultados moito peores?. Entre outros erros, Literary Digest usou as direccións de abonados ao teléfono e listas de propietarios de automóbiles (lembra que esta enquisa se realizou en 1936 e a poboación que por aquel entón contaba con teléfono ou automóbil eran dunha clase social media-alta). (Extraído de Wikipedia)

O timo bursátil

Os asesores bursátiles están en todas partes e é moi probable atopar a algún que diga calquera cousa que un queira oír. Normalmente son enérxicos, parecen moi expertos e falan nunha estraña xerga de opcións de compra e venda, cupóns e cousas polo estilo.
Se durante seis semanas seguidas recibiras por correo as predicións dun asesor de bolsa sobre certo índice do mercado de valores e acertara as seis ¿Estarías disposta a pagar para recibir a sétima predición?. Pensa no seguinte timo:
"Un tipo que se fai pasar por asesor financeiro imprime un logotipo en papel de luxo e envía 32.000 cartas a outros tantos inversores potenciais nun certo valor da bolsa. As cartas falan dun elaborado sistema informático da súa compañía, da súa experiencia financeira e dos seus contactos. En 16.000 das cartas, predí que as accións subirán e nas outras 16.000 que baixarán ou se manterán estables. Pase o que pase, en 16.000 acertará. A semana seguinte manda 8.000 cartas dicindo que vai a subir e outras 8.000 que non vai a subir aos 16.000 potenciais inversores aos que acertou a predición, seguindo ata seis veces, 500 persoas recibirán a predición correcta. Na carta seguinte recórdaselles este feito, e díselles que para seguir recibindo unha información tan valiosa unha sétima vez terán que pagar 500 euros. Si todos pagan, en 7 semanas o noso asesor sacará 250.000 euros. (Extraído de: http://matematicas.iesibamar.com/curiosidades.htm)

Xuízo

En 1964 unha muller rubia peiteada cunha cola de cabalo roubou a outra muller nos Ánxeles. A Ladroa escapou a pe, pero posteriormente alguén a recoñeceu cando montaba nun coche amarelo conducido por unha persoa de cor con barba e bigote. As investigacións da policía acabaron por atopar a unha muller rubia con cola de cabalo que regularmente frecuentaba a compañía dunha persoa de cor con barba e bigote que conducía un coche amarelo. Non había ningunha proba que relacionara o delito coa parella, nin testemuñas que puidesen identificar a ningún dos dous.
O fiscal baseou as súas conclusión en que, como a probabilidade de que tal parella existise era tan baixa, a investigación da policía atopara aos verdadeiros culpables. Asignou as seguintes probabilidades en función da estrutura poboacional do estado:

  • Probabilidade de coche amarelo = 1/10
  • Probabilidade de home con bigote = 1/4
  • Probabilidade de muller con cola de cabalo = 1/10
  • Probabilidade de muller rubia = 1/3
  • Probabilidade de home de cor con barba = 1/10
  • Probabilidade de parella interracial en coche = 1/1.000
O fiscal argumentou que estes sucesos pódense considerar independentes, polo tanto a probabilidade de atopar todas as características nunha parella eran igual a: 1/10 * 1/4 * 1/10 * 1/3 * 1/10 * 1/1.000 = 1/12.000.000, un número tan pequeno que a parella tiña que ser culpable. O xurado condenounos.
Os condenados recorreron ante o Tribunal Supremo de California, que anulou a sentenza sobre a base doutro argumento probabilístico. Nunha cidade de dimensións dos Ánxeles con 2.000.000 de parellas a probabilidade de que máis dunha parella cumpra as características da parella anterior non é tan estraño, en concreto falaríamos do 8%, que para o Tribunal Supremo foi suficientemente argumento para absolvelos. (Extraído de: http://matematicas.iesibamar.com/curiosidades.htm)