Un físico, un enxeñeiro, un estatístico e un matemático van no talgo que une Lugo con Monforte, cando ven pola ventá un porco rosa.
- Ahh, di o físico, "vexo que os porcos de Lugo son rosas.
- Mmmm..., di o enxeñeiro, "quererás dicir que algúns porcos de Lugo son rosas".
- O estatístico replica. En base a extensión de terreo que observamos pola ventá e o número de porcos que existen nesta superficie, eu estimo que en toda a provincia de Lugo hai 325 porcos rosas.
- Non, di o matemático, "todo o que sabemos é que existe polo menos un porco en Lugo, e que polo menos un dos seus lados é rosa".
A cidade do Vaticano ten dous Papas por quilómetro cadrado. (Para todos aqueles que non o entenderon, a superficie do Vaticano é de case medio Km2).
Un home tiña un medo espantoso de voar en avión, por todo aquilo dos secuestros aéreos. Mirando unhas estatísticas, atopou que a probabilidade de que houbese unha bomba no seu voo era de 1 entre 1.000, mentres que a probabilidade de que houbesen dúas bombas era 1 entre 100.000. Polo tanto, a partir de entón, cada vez que viaxaba en avión levaba a súa propia bomba.
En realidade voar en avión é moi seguro. A práctica totalidade dos falecidos en accidentes aéreos morreron cando chegaron ao chan.
A inmensa maioría de persoas ten un número de pernas superior ao promedio. (Isto dá que pensar un pouco, pero ¿cantas persoas cres que nacen con máis de dúas pernas, e cantas se quedan por mor dalgún accidente ou enfermidade sen algunha?)
Un estatístico podería meter a cabeza no forno e os pes no conxelador e dicir que en promedio se atopa ben.
Comer chicle evita a artrite. ¿Cal foi a última vez que viches a un velliño comendo chicle?
Segundo as últimas estatísticas, de cada cinco nenos que nacen no mundo un é chino. ¡Menos mal que só tiven catro!.
Segundo as últimas estatísticas, de cada tres nenos que nacen no mundo, dous son chinos. Menos en China que son os tres.
O 97,3% das estatísticas son claramente inventadas.
Segundo recentes estatísticas, en Vigo un home é atropelado cada dez minutos. O pobre home ten que estar feito po!