Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Economía. Os sectores de actividade
Definicións e conceptos teóricos


Poboación ocupada na agricultura e na pesca

Na seguinte táboa móstrase a evolución da poboación ocupada galega segundo os sectores de actividade económica nos que desempeñan a súa labor:

Poboación ocupada en Galicia segundo os sectores de actividade
Miles de persoas

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

A partir da táboa anterior podemos calcular a distribución da poboación ocupada no sector primario para eses anos:

Poboación ocupada en Galicia segundo os sectores de actividade
Miles de persoas e porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Evolución da poboación ocupada na agricultura e pesca en Galicia
Miles de persoas

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Se queres acceder a datos máis actuais preme na seguinte ligazón

Como se pode observar na gráfica anterior, a poboación ocupada no sector primario diminuíu drasticamente os seus efectivos nestas tres décadas. De feito, no ano 1980, o 41,6% dos ocupados galegos desenvolvían a súa actividade no sector da agricultura e pesca, pero esta porcentaxe foi decrecendo progresivamente e no ano 2020 non chegaba ao 10% (6,4%).

Unha das causas desta diminución foi o éxodo rural. Moita da poboación que vivía no medio rural emigrou aos núcleos urbanos das cidades galegas ou a outras partes de España e ao estranxeiro. Podes completar esta información no apartado de movementos migratorios

Produción industrial

O Instituto Nacional de Estadística (INE) elabora o Índice de produción industrial (IPI). Este índice mensual mide a evolución da produción das ramas industriais. Trata, polo tanto, de medir a cantidade e a calidade, eliminando a influencia dos prezos.

Se tes dúbidas ou non sabes o que é un número índice, podes consultar a actividade: Porcentaxes, taxas, variacións e números índice.

Índice de produción industrial base 2015. Galicia e España

Fonte: INE. Índice de produción industrial

No gráfico anterior móstrase a evolución da produción das ramas industriais tomando como ano de referencia ou ano base o 2015.

Os produtos que elaboran as industrias poden clasificarse segundo o seu destino en:

  • Bens de consumo: son aqueles bens que se consideran propios do consumo das familias. Poden ser alimentarios ou non alimentarios.
  • Bens de equipo: son bens que se utilizan como medios de produción (por exemplo máquinas) no proceso produtivo de bens e servizos.
  • Bens intermedios: son bens destinados a formar parte do consumo intermedio da produción de bens e servizos. Por exemplo, unha fábrica que se dedique a confeccionar roupa, consume bens intermedios como a tea, botóns, fío, etc.

Se queres ver datos máis recentes do índice preme aquí

O sector turístico

Establecementos hoteleiros e de turismo rural. Ano 2019

En 2019 (media anual) existían en Galicia un total de 1.418 establecementos hoteleiros (estrelas de ouro e estrelas de prata) e 452 establecementos de turismo rural, cunha capacidade total de 65.640 prazas.

Podes obter datos máis actuais sobre o número de establecementos e a súa capacidade en:

Viaxeiros entrados en establecementos hoteleiros. Ano 2019

Viaxeiros entrados en establecementos de turismo rural. Ano 2019

Grado de ocupación dos establecementos hoteleiros e casas de turismo rural. Ano 2019

Durante o ano 2019 un total de 4,45 millóns de viaxeiros (entrados) aloxáronse nalgún establecemento hoteleiro (estrelas de ouro e estrelas de prata) de Galicia. Como aclaración, considéranse viaxeiros entrados aquelas persoas que realizan unha ou máis pernoitas seguidas nun mesmo establecemento. Polo tanto se unha persoa durante a súa estancia en Galicia pasa as noites en 3 establecementos hoteleiros distintos, por exemplo, estaría contabilizado 3 veces.

No tocante ás casas de turismo rural, o volume de viaxeiros entrados neste tipo de establecementos foi de 227.377 persoas.

Podes obter datos máis actuais sobre os viaxeiros entrados e sobre o grao de ocupación por prazas en: