Economía. Empresas Exercicios
- Descarga os datos do número de empresas con sede social en Galicia segundo a actividade principal e o estrato de asalariados.
Ver datos do número de empresas por actividade e tamaño
Calcula, para cada columna (tamaño da empresa), a porcentaxe de empresas dedicadas a cada unha das seccións de actividades. A vista dos datos, contesta ás seguintes preguntas:
- ¿A que actividade se dedican principalmente as persoas físicas e as microempresas (ata 9 asalariados)?
- ¿E as grandes empresas (250 asalariados ou máis)?
- ¿Que comentarías sobre a industria manufactureira?
- ¿E sobre a hostalaría?
- ¿Que máis destacarías?
- Descarga os datos do número de empresas con actividade en Galicia segundo a actividade principal e a sede social (cada unha das provincias galegas ou sede fóra de Galicia).
Ver datos do número de empresas por actividade e sede social. Total empresas
Ver datos do número do número de empresas por actividade e sede social. Persoas físicas
Calcula, unha táboa similar ás anteriores para o total de persoas xurídicas.
Calcula, para cada columna (provincia galega ou sede social fóra de Galicia), a porcentaxe de empresas dedicadas a cada unha das actividades. Ten en conta que o directorio de empresas non inclúe as seccións A e B da CNAE correspondentes á agricultura, gandaría, caza, silvicultura e pesca e contesta ás seguintes preguntas:
- ¿Existen diferenzas entre a distribución por actividades das persoas xurídicas e das persoas físicas?
- ¿Existen diferenzas entre a distribución por actividades entre as diferentes provincias galegas?, en que actividades destaca cada unha das provincias galegas? (distingue entre persoas físicas e persoas xurídicas)
- A distribución por actividade principal, ¿é diferente para as empresas con sede social en Galicia ou noutras comunidades autónomas?, ¿que destacarías?
- Como xa se indicou, esta operación non inclúe as empresas do sector primario debido, entre outras razóns, á dificultade para a súa clasificación e a que, en Galicia, en moitos casos de economías de autoconsumo ou subsistencia non se declaran estas actividades económicas. No suposto de que se incluísen as ramas agrícolas, gandeiras e da pesca, ¿cres que cambiaría a distribución de actividades das empresas?, ¿que provincias sobresairían?
|