Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

O sector público
Actividade 1: os orzamentos públicos


FICHA DA ACTIVIDADE

Obxectivos:

  • Coñecer os orzamentos do sector público: Estado, Comunidade Autónoma de Galicia e Administración Local en Galicia.
  • Analizar a evolución dos orzamentos nos últimos anos.
  • Estudar a procedencia dos ingresos e o destino dos gastos dos orzamentos públicos.
  • Comparar a previsión inicial dos ingresos e gastos orzamentarios coa liquidación.

Palabras clave:

  • Sector público: conxunto de organismos administrativos, entidades e institucións das que emana o poder político dun país.
  • Orzamento inicial: previsión dos ingresos e dos gastos para un exercicio económico.
  • Orzamento consolidado: é o orzamento que resulta da eliminación das transferencias internas entre as distintas consellerías e organismos autónomos (no caso dos orzamentos da Comunidade Autónoma) ou entre o Estado, os organismos autónomos, a Seguridade Social e outros organismos do sector público administrativo (nos orzamentos xerais do Estado).
  • Liquidación dos orzamentos: resultado final dos ingresos e dos gastos nun exercicio económico. É o resultado de incorporar ás previsións iniciais as modificacións orzamentarias efectuadas ao longo do exercicio económico.

Coñecementos previos necesarios:

Cuestións a resolver:

Seguindo a actividade deberás poder responder as seguintes preguntas:

  1. A partir do orzamento de gastos consolidados do Estado, organismos autónomos, Seguridade Social e outros organismos do sector público administrativo, calcula os seguintes importes para o ano 2012:
    • Operacións correntes ..................................... millóns de euros
    • Operacións de capital ..................................... millóns de euros
    • Operacións financeiras ..................................... millóns de euros
  2. ¿A canto ascende no ano 2012 o endebedamento neto dos orzamentos consolidados do Estado, organismos autónomos, Seguridade Social e outros organismos? ..................................... millóns de euros
  3. ¿Que porcentaxe supoñen os impostos indirectos sobre o total do orzamento de ingresos consolidados da Comunidade Autónoma de Galicia? ...............%
  4. ¿E os impostos directos? ...............%
  5. Segundo a distribución funcional do orzamento consolidado de gastos da Comunidade Autónoma de Galicia, ¿cal é a partida á que se dedica máis gasto? .....................................
  6. Para o último ano dispoñible, ¿en que porcentaxe diminuíron os ingresos líquidos da Comunidade Autónoma de Galicia respecto ao ano anterior? ¿E os pagos? (liquidación dos orzamentos da Comunidade autónoma de Galicia. Datos consolidados)
  7. ¿Cal é a principal fonte de ingresos das entidades locais galegas? .....................................
  8. ¿A que partida de gasto dedican as entidades locais unha maior cantidade do seu orzamento? .....................................

Descarga de datos:

  • Datos de orzamentos: Estado, Comunidade Autónoma e Galicia, administración local da Comunidade Autónoma de Galicia: 2012, 2013, 2014, 2015

Descarga da ficha en pdf

Orzamentos xerais do Estado

Na seguinte táboa móstrase o total de ingresos consolidados para o ano 2012 do Estado, organismos autónomos, Seguridade Social e outros organismos do sector público administrativo.

Total de ingresos consolidados. Ano 2012
(millóns de euros)

Total consolidado (millóns de euros)
Impostos directos e cotizacións sociais 184.267,7
Impostos indirectos 21.095,0
Taxas, prezos públicos e outros ingresos 8.716,1
Transferencias correntes 38.522,3
Ingresos patrimoniais 8.831,1
Alleamento de investimentos reais 287,9
Transferencias de capital 2.096,3
Activos financeiros 12.574,2
Total de ingresos 276.390,6
Endebedamento bruto (capacidad-necesidad) -85.677,4
TOTAL 362.068,1

Fonte: Ministerio de Hacienda y Administraciones públicas. Presupuestos Generales del Estado

Total de gastos consolidados. Ano 2012
(millóns de euros)

Total consolidado (millóns de euros)
Gastos de persoal 33.151,3
Gastos correntes en bens e servizos 7.620,5
Gastos financeiros 28.913,9
Transferencias correntes 214.055,3
Fondos de continxencia e outros imprevistos 2.367,3
Investimentos reais 6.922,5
Transferencias de capital 5.878,8
Activos financeiros 12.869,3
Pasivos financeiros 50.289,2
TOTAL GASTOS 362.068,1

Fonte: Ministerio de Hacienda y Administraciones públicas. Presupuestos Generales del Estado

A partir das táboas dos orzamentos consolidados anteriores podemos realizar a clasificación económica dos ingresos e gastos:

  • Non financeiros
    • Operacións correntes
    • Operacións de capital
  • Financeiros

Operacións correntes

  • Ingresos: Impostos directos e cotizacións sociais + Impostos indirectos + Taxas, prezos públicos e outros ingresos + Transferencias correntes + Ingresos patrimoniais = 184.267,7 + 21.095,0 + 8.716,1 + 38.522,3 + 8.831,1 = 261.432,2 millóns de euros
  • Gastos: Gastos de persoal + Gastos correntes en bens e servizos + Gastos financeiros + Transferencias correntes = 33.151,3 + 7.620,5 + 28.913,9 + 214.055,3 = 283.741,0 millóns de euros
  • Aforro = Ingresos - Gastos = 261.432,2 - 283.741,0 = -22.308,8 millóns de euros (para os orzamentos consolidados)

Operacións de capital

  • Ingresos: Alleamento de investimentos reais + Transferencias de capital = 287,9 + 2.096,3 = 2.384,2 millóns de euros
  • Gastos: Investimentos reais + Transferencias de capital = 6.922,5 + 5.878,8 = 12.801,3 millóns de euros
  • Formación de capital = Gastos en operacións de capital - Ingresos por operacións de capital = 12.801,3 - 2.384,2 = 10.417,1 millóns de euros
Polo tanto Capacidade de financiamento = Ingresos non financeiros - Gastos non financeiros = Aforro - Formación de capital - Fondo de continxencia e outros imprevistos = - 22.308,8 - 10.417,1 - 2.367,3 = -35.093,2 millóns de euros

Operacións financeiras

  • Ingresos: Activos financeiros + Endebedamento bruto (total de gastos - total de ingresos) = 12.574,2 + 85.677,4 = 98.251,6 millóns de euros
  • Gastos: Activos financeiros + Pasivos financeiros = 12.869,3 + 50.289,2 = 63.158,5 millóns de euros

Polo tanto, o endebedamento neto para os orzamentos consolidados do Estado, organismos autónomos, Seguridade Social e outros organismos sería: Endebedamento bruto - Amortizacións = 85.677,4 - 50.289,2 = 35.388,2 millóns de euros

A Comunidade Autónoma de Galicia

Na seguinte táboa móstrase o estado de ingresos do orzamento consolidado da Administración xeral, dos organismos autónomos e axencias públicas autonómicas de Galicia para o ano 2012.

Orzamento consolidado de ingresos da Administración xeral, dos organismos autónomos e axencias públicas autonómicas. Galicia. Ano 2012
(millóns de euros)

Ingresos (millóns de euros)
Operacións correntes 7.806,6
    I Impostos directos 2.030,2
    II Impostos indirectos 2.958,6
    III Taxas, prezos e outros ingresos 180,1
    IV Transferencias correntes 2.615,8
    V Ingresos patrimoniais 21,8
Operacións de capital 667,2
    VI Alleamento de investimentos reais 31,8
    VII Transferencias de capital 635,4
Operacións financeiras 1.384,7
    VIII Activos financeiros 10,9
    IX Pasivos financeiros 1.373,8
TOTAL 9.858,5

Fonte: Consellería de Facenda. Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia

Na gráfica móstrase a distribución porcentual do orzamento consolidado de ingresos segundo a súa procedencia.

Como se pode observar, os impostos (directos e indirectos) suman o 50,6% dos ingresos. Tamén destacan as transferencias correntes que supoñen o 26,5% dos ingresos da Comunidade Autónoma.

No tocante aos gastos, segundo a distribución funcional, as maiores partidas dedícanse a sanidade (35,8% do orzamento consolidado de gastos de 2012) e a educación (22,4%).

Orzamento consolidado de gastos da Administración xeral, dos organismos autónomos e axencias públicas autonómicas. Galicia. Ano 2012
(millóns de euros)

Gasto (millóns de euros) Distribución porcentual (%)
Sanidade 3.529,2 35,8
Educación 2.210,2 22,4
Débeda pública 830,6 8,4
Acción social e promoción social 606,0 6,1
Promoción do emprego e institucións do mercado de traballo 339,3 3,4
Dinamización económica do medio rural 332,7 3,4
Infraestruturas 322,4 3,3
Desenvolvemento empresarial 178,0 1,8
Actuacións ambientais 136,4 1,4
Pesca 132,8 1,3
Actuacións e valorización do medio rural 127,3 1,3
Outras 1.113,5 11,3
Total 9.858,5 100,0

Fonte: Consellería de Facenda. Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia

Para rematar o apartado dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, podemos analizar a evolución das liquidacións dos ingresos e dos gastos dos orzamentos consolidados da Comunidade Autónoma. Para elo, na seguinte táboa facilítase a evolución no período 2002-2010 do orzamento inicial de ingresos e gastos e dos ingresos e pagos líquidos.

Liquidación dos orzamentos consolidados da Comunidade Autónoma de Galicia
(Millóns de euros)

INGRESOS GASTOS
Orzamento inicial Ingresos líquidos
2002 7.196,7 7.364,8
2003 7.748,7 7.822,1
2004 8.162,1 8.452,7
2005 9.090,1 9.472,8
2006 9.911,3 9.936,5
2007 10.784,4 10.897,9
2008 11.554,9 11.349,4
2009 11.792,0 11.684,9
2010 11.685,9 11.042,7
Orzamento inicial Pagos líquidos
2002 7.196,7 6.818,0
2003 7.748,7 7.277,0
2004 8.162,1 7.730,8
2005 9.090,1 8.426,5
2006 9.911,3 8.841,7
2007 10.784,4 9.371,6
2008 11.554,9 10.301,5
2009 11.792,0 10.743,9
2010 11.685,9 10.557,5

Fonte: Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas

Cuestións para o alumno:

  • Elabora unha gráfica de liñas coa evolución do orzamento inicial de ingresos e os ingresos líquidos.
  • ¿Para que anos a previsión inicial de ingresos supera aos ingresos líquidos?
  • Elabora unha gráfica de barras coa evolución dos pagos líquidos. Comenta a gráfica.
  • Para o ano 2010, ¿en que porcentaxe diminuíron os ingresos líquidos respecto ao ano anterior? ¿E os pagos?

As entidades locais

Orzamentos das entidades locais. Ano 2011
(millóns de euros)

Ingresos Gastos
Concellos da Coruña 1.017,1 970,5
Concellos de Lugo 280,9 279,7
Concellos de Ourense 266,6 266,1
Concellos de Pontevedra 673,8 650,9
Deputacións 473,6 473,6
Transferencias internas 81,7 66,0
Total consolidado 2.630,4 2.574,9

Fonte: Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas

As entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia (concellos + deputacións) en 2011 tiñan un orzamento consolidado de ingresos de 2.630,4 millóns de euros.

As transferencias correntes supoñen o 39,3% do orzamento consolidado de ingresos das entidades locais de Galicia. O 27,2% dos ingresos proceden dos impostos directos e o 17,9% das taxas, prezos públicos e outros ingresos.

Orzamentos das entidades locais. Ano 2011
(millóns de euros)

Ingresos (millóns de euros)
I Impostos directos 715,2
II Impostos indirectos 109,1
III Taxas, prezos e outros ingresos 469,8
IV Transferencias correntes 1.032,7
V Ingresos patrimoniais 43,4
VI Alleamento de investimentos reais 36,0
VII Transferencias de capital 134,6
VIII Activos financeiros 7,8
IX Pasivos financeiros 81,8
TOTAL 2.630,4
Gastos (millóns de euros)
I Gastos de persoal 886,1
II Gastos en bens correntes e servizos 933,9
III Gastos financeiros 32,1
IV Transferencias correntes 157,5
VI Investimentos reais 397,8
VII Transferencias de capital 27,6
VIII Activos financeiros 8,0
IX Pasivos financeiros 132,0
TOTAL 2.574,9

Fonte: Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas

Cuestións para o alumno:

  • Calcula, para o orzamento consolidado de ingresos das entidades locais o importe das operacións correntes, de capital e financeiras.
  • ¿A que partida de gasto dedican as entidades locais unha maior cantidade do seu orzamento?