Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Administración pública
Exercicios


  1. Na seguinte ligazón pódese consultar a evolución dos orzamentos consolidados da Administración xeral, dos organismos autónomos e das axencias públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Elabora unha gráfica de liñas coa evolución do orzamento consolidado.
    • ¿Canto se reduciu o orzamento en 2011 con respecto ao ano anterior? (en valor absoluto e en porcentaxe).

  2. Na seguinte táboa móstrase a desagregación funcional do orzamento consolidado de gastos da Administración xeral, dos organismos autónomos e axencias públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
    • ¿Cales son as tres partidas ás que se dedica unha maior cantidade do gasto público? (último ano)
    • ¿Que porcentaxe do gasto orzamentario supón a débeda pública en 2012? ¿E en 2007?
    • Para o último ano dispoñible, ¿cales son as "funcións" que máis reduciron o seu orzamento en porcentaxe con respecto ao ano anterior?

  3. Selecciona o teu concello no seguinte formulario e responde as preguntas:
    Concello:
    • Segundo as liquidacións de orzamentos dos concellos, ¿os ingresos superan aos gastos no teu municipio?
    • ¿Canto recadou por impostos directos no último ano?
    • ¿En que porcentaxe aumentou (ou diminuíu) este importe respecto ao ano anterior?
    • Para o último ano dispoñible, ¿que porcentaxe supón o gasto en persoal sobre o gasto total?

  4. Na seguinte ligazón tes acceso aos datos sobre débeda pública trimestral da Comunidade Autónoma galega nos tres últimos anos.
    • Elabora un gráfico de liñas coa evolución da débeda pública galega.
    • ¿Canto aumentou a débeda pública galega no período considerado en porcentaxe?
    A continuación preséntase a ratio de débeda pública sobre PIB das distintas Comunidades Autónomas de España no último trimestre.
    • ¿Cal das comunidades presenta maior ratio? ¿E menor?
    • ¿Que significa esta ratio e que implica o seu valor no caso galego?

  5. Na seguinte táboa amósanse os ingresos tributarios da Comunidade Autónoma galega no último ano dispoñible. A partir da información presentada, responde ás seguintes cuestións:
    • ¿Cal das partidas impositivas é a que máis contribúe aos ingresos tributarios da Comunidade Autónoma galega?
    • ¿Cal é o peso do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) na recadación total?
    • ¿E no subconxunto dos impostos directos?
    • ¿Por cal dos capítulos ingresa máis Galicia en concepto de tributos: polos impostos directos, polos indirectos, ou polas taxas e outros ingresos?
    • ¿Poderías construír un gráfico de sectores que reflectise o peso de cada tributo no total da recadación?

  6. No gráfico de abaixo clasifícase a poboación galega en función do tramo de renda que declararon na liquidación do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) en 2009:

    Gráfico 1. Número de declaracións do IRPF presentadas en Galicia
    segundo o tramo da base impoñible. Ano 2009

    Selecciona o teu concello no seguinte formulario e elabora un gráfico similar cos datos do teu concello:
    Concello:
    • ¿Cantas declaracións de IRPF se presentaron en 2009 no teu concello?
    • ¿Cal dos tramos da base impoñible é o máis frecuente no teu concello?
    • ¿Que porcentaxe supón este tramo sobre o total de declaracións presentadas en 2009 no teu concello?
    • ¿Cal foi o valor do rendemento medio declarado no teu concello en 2009?
    • ¿En que porcentaxe aumentou ou diminuíu este valor con respecto ao ano anterior?