O sector público
|
|
|
|
Nas seguintes ligazóns tedes acceso ao inventario completo de organismos e entes que se encadran dentro de cada nivel do sector público:
Na nosa Comunidade Autónoma o sector público estrutúrase en torno a dous entes: o Parlamento, que é a institución da que emanan as leis autonómicas, e a Xunta de Galicia, encargada de executar os ditames parlamentarios. A Xunta é o órgano de goberno en Galicia e está integrada polas consellerías, cada unha delas competente nunha materia distinta. Na órbita das consellerías intégranse unha serie de entes e organismos autónomos, entre eles o Instituto Galego de Estatística IGE (adscrito á Consellería de Facenda), cuxas competencias derivan das atribucións que lles outorguen as consellerías. A misión principal do IGE, por exemplo, é promover o desenvolvemento do sistema estatístico da Comunidade Autónoma galega.
O sector público autonómico conta tamén con outro conxunto de institucións, encadradas á marxe da Xunta e das súas consellerías, que presentamos no cadro de abaixo baixo a rúbrica de Institucións de Galicia. Entre elas atópase a figura do Valedor do Pobo, o Consello de Contas, etc., cuxas funcións aparecen delimitadas no Estatuto de Autonomía de Galicia. Por último, e aínda que no cadro non aparecen, no sector público autonómico tamén debemos incluír as sociedades mercantís públicas, entre as que se atopan algunhas moi coñecidas como a Radio Televisión de Galicia (RTVG).
Se queres saber máis da organización do sector público galego tamén podes acudir á páxina web da Xunta de Galicia: Xunta de Galicia
|
|
Anualmente, cada entidade pública elabora un orzamento onde se recolle a previsión dos seus ingresos e gastos para o exercicio económico.
O procedemento para a elaboración dos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia é o seguinte:
A Intervención Xeral é o órgano encargado do control interno da actividade económica e financeira da Comunidade Autónoma.
A continuación desagrégase o orzamento consolidado de gastos da Administración xeral, dos organismos autónomos e axencias públicas autonómicas de Galicia para o ano 2019. A clasificación faise segundo a distribución funcional do gasto.
Distribución funcional do orzamento consolidado de gastos da Administración xeral, dos organismos autónomos e axencias públicas autonómicas. Galicia. Ano 2019
Miles de euros
Fonte: Consellería de Facenda. Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia
O 34,5% do orzamento consolidado de gasto da administración da comunidade autónoma de Galicia irá destinado a sanidade e o 20,4% a educación. A débeda pública suporá o 14,5% do orzamento.
Na seguinte táboa móstrase o estado de ingresos do orzamento consolidado da Administración xeral, dos organismos autónomos e axencias públicas autonómicas de Galicia para o ano 2019.
Orzamento consolidado de ingresos da Administración xeral, dos organismos autónomos e axencias públicas autonómicas. Galicia. Ano 2019
Miles de euros
Impostos
Son tributos que as administracións públicas lles esixen aos individuos e ás empresas sen contraprestación. O pago de impostos realízase ao obter rendas (por traballo, pola realización dunha actividade económica, polo aluguer dunha vivenda, etc.), pola posesión de patrimonio e polo consumo que se realiza.
Os impostos son a principal fonte de financiamento dos orzamentos das administracións públicas. De feito, para o ano 2019, aproximadamente o 51% da previsión de ingresos do orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia é por impostos (directos e indirectos).
Son os que gravan directamente a capacidade económica do individuo, como a posesión de patrimonio ou a obtención de renda. | Gravan a circulación e o consumo de riqueza | |||
|
|
Segundo como se fixe o tipo de gravame en función da capacidade económica , os impostos clasifícanse en:
O tipo impositivo (a porcentaxe pagada) é constante | A porcentaxe pagada é crecente en función da renda e do patrimonio do suxeito | A porcentaxe pagada é decrecente | ||||
Exemplos:
|
Exemplos:
|
Non hai en España |
Principais impostos en Galicia:
¿Que grava? | A renda das persoas de acordo coas súas circunstancias familiares e persoais. Compoñen dita renda: os rendementos do traballo, do capital, de actividades económicas, e as ganancias e perdas patrimoniais. | Recae sobre o consumo e grava as entregas de bens e as prestacións de servizos efectuadas por empresarios ou profesionais | A renda das sociedades |
Tipo de tributo | Directo e progresivo | Indirecto e proporcional | Directo e proporcional |
Tipo impositivo | Progresivo | Tipo xeral do 21% | Tipo xeral do 25% |
Taxa
Son tributos que se esixen pola utilización de servizos públicos ou pola realización de actividades públicas. Por exemplo, se unha persoa quere obter unha licenza de pesca marítima de lecer terá que pagar a correspondente taxa.
Transferencias correntes
Son operacións que non teñen contrapartida directa por parte de quen as recibe, destinadas a financiar operacións correntes. A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia recibe transferencias correntes da participación no sistema de financiamento, da Seguridade Social, de organismos autónomos do Estado, subvencións da administración xeral e do Fondo Social Europeo.
Ingresos patrimoniais
Son ingresos que proveñen do rendemento do patrimonio: xuros de contas bancarias, dividendos e participación en beneficios de empresas, concesións administrativas, aproveitamentos agrícolas e forestais e outros ingresos patrimoniais.
Alleamento de investimentos reais
Son os ingresos derivados da venda de bens de capital.
Transferencias de capital
Operacións sen contrapartida directa destinados a financiar operacións de capital. Entre as transferencias de capital destacan o programa operativo FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) e o FEADER/FEAGA (Fondo Europeo Agrícola para o Desenvolvemento Rural e Fondo Europeo Agrícola de Garantía)
Activos financeiros
Son activos financeiros o diñeiro en efectivo, os depósitos transferibles, o ouro monetario, os dereitos financeiros (outorgan aos propietarios o dereito a recibir un ingreso futuro por parte dos debedores), as accións, etc.
Pasivos financeiros
Son pasivos financeiros as débedas por operacións comerciais e non comerciais, as obrigacións, os bonos, os pagarés, etc.
Nos apartados anteriores analizamos como se distribúe o orzamento xeral da Comunidade Autónoma galega en ingresos e gastos. En concreto, observamos que o orzamento de ingresos se clasifica en operacións correntes, de capital e financeiras. Polo lado do gasto, ademais da categorización funcional presentada arriba, tamén é posible realizar unha desagregación dos gastos similar á dos ingresos, atendendo a se se trata de gastos correntes, de capital e financeiros. Pois ben, se ao montante total dos ingresos correntes e de capital (ingresos non financeiros) lle restamos o dos gastos correntes e de capital (gastos non financeiros), obtemos a capacidade ou necesidade de financiamento do sector público.
Na teoría, o saldo non financeiro debe ser nulo, situación que se presenta cando o total dos ingresos correntes e de capital é quen de sufragar os gastos correspondentes. Non obstante, a dita situación rara vez se presenta, xa que existen determinados gastos que, polo seu volume (por exemplo, as grandes infraestruturas públicas, como a construción da rede ferroviaria), son imposibles de abarcar cos ingresos obtidos no exercicio orzamentario anual. Cando isto sucede, o sector público vese na obriga de recorrer ao endebedamento con outros axentes, solicitando préstamos ás entidades bancarias, emitindo bonos e obrigacións de débeda, etc. Neste caso, dise que o saldo orzamentario é deficitario ou ben, que existe déficit público: o sector público necesita financiar unha parte dos gastos realizados e, para elo, contrae pasivos financeiros; ou o que é o mesmo, pide prestado cartos aos cidadáns e ás empresas, que terá que devolver ao cabo dun tempo cos xuros correspondentes. O montante total de todas as débedas que o sector público contraeu co paso do tempo e ten pendente de devolución coñéceselle co nome de débeda pública.
Tamén é posible que o saldo orzamentario presente superávit, situación que ocorre cando os ingresos correntes e de capital superan aos gastos do mesmo tipo. Neste caso, o sector público conta cun excedente monetario que pode utilizar ben para facer fronte a débedas contraídas en exercicios anteriores (é dicir, para minorar a súa débeda pública), ou ben, para prestar fondos a outros axentes públicos ou privados (contraendo activos financeiros).
Na seguinte táboa preséntase a débeda pública do sector público central e da Comunidade Autónoma galega nos dez últimos trimestres: