O banco de datos do Instituto Galego de Estatística aglutina a información estatística relativa á Comunidade Autónoma de Galicia e ás súas divisións territoriais procedente de diversas fontes da estatística oficial.
A información atópase en táboas clasificadas tematicamente segundo a clasificación empregada na web.
As táboas do banco de datos do Instituto Galego de Estatística permiten ao usuario seleccionar os valores que quere incluír na consulta e obter táboas de resultados en función das súas necesidades.
Despois de elaborar a táboa permítense ademais unha serie de funcionalidades, como son: descargar a táboa ao PC, intercambiar as columnas e filas da táboa, elaborar distintos tipos de gráficos segundo o tipo de datos, ... Ademais, en todas aquelas táboas que conteñan unha dimensión espacial municipal ou comarcal, permítese tamén a elaboración de mapas.
En calquera táboa aparecen sempre varios recadros. Cada un deles corresponde a unha variable.
Exemplo:
Hipertáboa 7996: Empresas con actividade en Galicia segundo o estrato de asalariados
Figura 1
O primeiro paso para realizar unha táboa é decidir as variables que se queren poñer en filas e as que se queren poñer en columnas.
No apartado Presentación da táboa amósase a selección por defecto:
Figura 1a
Figura 1b
Un só elemento: para seleccionar un elemento só hai que pinchar sobre el.
Varios elementos: para seleccionar varias categorías consecutivas dunha variable habería que pinchar na primeira delas e, mantendo a tecla das maiúsculas pulsada, pinchar na última. No caso de que se queiran seleccionar categorías dunha variable que non sexan consecutivas habería que pinchar na primeira e, mantendo pulsada a tecla Control, pinchar no resto de categorías que se queiran seleccionar.
Todos os elementos: para seleccionar todas as categorías dunha variable pódese empregar o botón
Ningún elemento: Se están seleccionadas todas as categorías para deseleccionalas todas pódese empregar o botón
Busca textual: Se coñecemos parte do nome dunha categoría podemos buscala na lista usando
¡Na parte inferior do recadro de cada variable, en Seleccionados, aparece o número de categorías que se seleccionaron desa variable!
Figura 2
Cando nunha variable se selecciona só unha categoría, non é necesario situar a variable nin en filas nin en columnas na táboa. Esta variable pode arrastrarse ao apartado Filtro para que non se amose na táboa de resultados.
Todas aquelas variables que non se seleccionan nin en filas nin en columnas actuarán como filtros, considerándose o filtrado por aquela categoría da variable que aparece marcada.
¡Cando nunha variable se selecciona máis dun elemento, esta ten que ir obrigatoriamente en filas ou en columnas!
Na hipertáboa 7995 seleccionamos:
En filas: o Estrato de asalariados.
En columnas: as categorías 05 Extracción de antracita, hulla e lignito e 06 Extracción de cru de petróleo e gas natural, da variable CNAE 2009.
Filtros: actúan como filtros as variables non seleccionadas nin en filas nin en columnas. Neste caso considérase só o ano 2022 na variable Tempo e o concello da Coruña na variable Espazo.
Figura 3
Existen algunhas variables nas táboas que aparecen con distintos niveis xerárquicos. O exemplo que aparece de forma máis frecuente nas táboas é o da variable Espazo ou Tempo.
Para ver os niveis xerárquicos dunha variable prememos o botón
Figura 4
Na Figura 4 pódese observar que no recadro da variable Espazo os distintos niveis xerárquicos da variable aparecen con distinto sangrado.
Para facer a selección por niveis hai que premer na casiña correspondente a ese nivel que aparece na parte superior do recadro da variable.
Por exemplo, para seleccionar todas as provincias, habería que premer na casiña correspondente a Provincias. Do mesmo xeito, para que a selección só considere os concellos hai que seleccionar a casiña de Concellos.
Na Figura 4 aparece outra variable con distintos niveis xerárquicos: CNAE 2009. Neste caso hai cinco niveis posibles de selección:
Neste caso, para seleccionar por exemplo todos os elementos correspondentes ás seccións da CNAE habería que seleccionar primeiro unha sección e logo marcar a casiña do Nivel 2 na Selección por niveis.
Na hipertáboa 4651 temos unha variable Tempo desglosada en niveis: anos, trimestres e meses.
Ademais dos métodos que xa vimos nos exemplos anteriores coma a selección directa de categorías ou por niveis, tamén podemos facer unha selección nova por Períodos, que nos permitiría recuperar os n datos novos futuros da hipertáboa.
Figura Tempo
Para empregar este método de selección é preciso marcar o checkbox "Seleccionar últimos" e indicar o número de datos a seleccionar: un valor numérico ou all para incluír todos.
Tamén é preciso escoller sobre que período queremos facer a selección. No exemplo: últimos n anos, n trimestres, n meses ou os últimos n datos sen importar o período.
As categorías da variable Tempo están ordenadas en sentido descendente, de máis recente a menos. Para mudar a ordenación úsanse os botóns e
Unha vez que xa está feita a selección da consulta é posible facer unha descarga directa da información en formato CSV, JSON, JSONstat 1.0 ou JSONstat 2.0 mediante os seguintes botóns:
Facilítase unha ligazón que permite acceder aos datos seleccionados en formato csv. Esta ligazón permitiralle acceder aos últimos datos dispoñibles sempre e cando no eixo do tempo seleccione todas as categorías dispoñibles.
Permite descargar directamente o ficheiro en formato csv.
Consideremos a seguinte consulta a partir da táboa da Figura 1.
Figura 5
Para ver o resultado da consulta, despois de facer a selección só hai que premer no botón
Figura 6
Como se pode observar na Figura 6, na parte superior da táboa, debaixo do título especifícanse as unidades.
Debaixo das unidades figuran as categorías que se consideran como filtro ou corte ao igual que as variables que se seleccionaron en filas e en columnas.
Permite volver á pantalla de selección para facer unha nova consulta.
Esta opción permite engadir novas columnas á táboa inicial, calculadas a partir das columnas da táboa da consulta mediante operacións aritméticas básicas.
Para crear unha columna calculada hai que premer sobre o botón que aparece na parte superior da táboa de datos e introducir no recadro en branco que se crea a fórmula para obter a nova columna, tendo en conta os seguintes criterios:
Figura 7
Por exemplo, na Figura 7 creouse a partir da táboa da Figura 6 unha nova columna, "Porcentaxe de empresas sen asalariados", a partir da fórmula Porcentaxe de empresas sen asalariados=2/1*n100, onde "2" fai referencia á columna "sen asalariados", "1" fai referencia á columna "Todos" e "n100" fai referencia á constante 100.
Para eliminar unha columna calculada só hai que pinchar enriba da aspa que aparece na cabeceira da columna.
Despois de crear unha ou varias columnas calculadas, coa nova táboa téñense as mesmas posibilidades que coa táboa inicial, excepto a de intercambiar eixes, que só se permite cando non existen columnas calculadas.
Así, na opción de descargar datos inclúense as novas columnas calculadas e pódense elaborar gráficos e mapas nos que interveñan estas columnas.
Esta opción permite rotar os eixes que interveñen como filas e columnas na consulta.
O resultado desta opción sobre a consulta da Figura 6 sería o seguinte:
Figura 8
os datos aparecen por defecto representados nun gráfico de barras, pero se esta representación non é a máis adecuada ofrécese a posibilidade de escoller outra opción entre as posibles (áreas, barras, barras 3D, liñas, liñas 3D, sectores, sectores 3D e pirámides de poboación). Queda a criterio do usuario seleccionar o tipo de representación máis adecuada para os datos que se escolleron.
Ademais, pódese escoller o tamaño (medido en pixeis) do gráfico, elixindo entre as seguintes opcións: 600x400, 800x600 e 1024x768.
Para gardar o gráfico resultante no disco duro, habería que pulsar sobre o botón dereito do rato e elixir "Guardar imagen como...". O ficheiro resultante gardase no formato *.png.
Exemplo:
Figura 9
A funcionalidade de creación do mapas do banco de datos do IGE consiste na posibilidade de representar nun mapa temático aquelas táboas que teñan unha variable xeográfica con desagregación municipal ou comarcal.
Proporciónanse dous tipos de mapas: mapas fixos e mapas dinámicos. Os primeiros son soportados por calquera tipo de navegador.
Para poder representar un mapa é necesario que na táboa de resultados aparezan en filas:
É necesario ademais que na táboa de resultados, en filas, só apareza a variable xeográfica.
Para a representación da variable no mapa hai que indicarlle en que columna (comezando en 1 e sen contar a primeira columna, que é onde aparecen as descricións dos concellos/comarcas) se atopan os datos que se queren representar.
Os intervalos que aparecen na lenda do mapa teñen un número de rexistros iguais; son cerrados pola esquerda e abertos pola dereita [a,b) e entre parénteses preséntase a % de rexistros que están incluídos nese intervalo.
Ao desprazar o rato polo mapa indica para concello ou comarca o nome e o código deste ámbito territorial, ao igual que o valor da variable que estamos a representar para ese territorio.
O botón permite consultar os valores da variable que se están a representar.
Para gardar o mapa resultante no disco duro, habería que pulsar sobre o botón dereito do rato e elixir "Guardar imagen como...". O ficheiro resultante gardase no formato *.jpeg ou *.bmp.
Figura 10
Diferéncianse dos mapas fixos nos seguintes aspectos:
Os mapas empregados están implementados no estándar SVG. Estes gráficos xa están soportados de forma nativa polos navegadores web recentes.
No botón pódese gardar o mapa resultante en formato *.jpeg.
Este mapa gardarase cos cambios que se lle fixesen (fixar nomes e valores das variables e definición dos intervalos, non cambios no zoom).
Figura 11
Como se pode observar na Figura 11, por defecto os mapas represéntanse considerando 5 intervalos con igual número de rexistros por intervalo.
Para modificar a definición dos intervalos, premendo no botón , despréganse unha serie de botóns e casiñas, tal e como se amosa na Figura 12, que permiten:
Figura 12
O botón permite, ao igual que no caso dos mapas fixos, consultar os datos que se están a representar.
Por último, se co botón esquerdo do rato se pincha enriba dalgún territorio, fíxase o nome do territorio e o valor da variable nese territorio, tal e como se pode comprobar na Figura 13, onde se fixou texto para algunhas comarcas.
Figura 13
Nesta opción ofrécese a posibilidade de gardar as táboas de datos resultantes das consultas en formato .xls (texto separado por tabuladores) ou en formato .csv (texto separado por ";").
En todas as táboas aparece o botón que ofrece a posibilidade de visualizar todas as definicións das variables, categorías, clasificacións, ... asociados á táboa obxecto de consulta.
Este botón está dispoñible tanto na pantalla de selección da consulta como na da táboa de resultados.
Exemplo:
Figura 14
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies