Resumo de resultados


 Enquisa conxuntural a fogares


Introdución

Os obxectivos principais da Enquisa conxuntural a fogares (ECF) son os seguintes:

  • Construír o Indicador de Confianza do Consumidor (ICC) e o Indicador de Sentimento do Consumidor (ISC), que permiten obter un rápido coñecemento dos cambios na percepción do consumidor respecto as súas expectativas de gasto e aforro, así como da situación económica persoal e xeral da Comunidade Autónoma. As percepcións dos fogares, independentemente dos indicadores macroeconómicos, son unha ferramenta moi útil para a análise económica a curto prazo.

  • Proporcionar información sobre as medidas que toman, ou pensan tomar, os fogares galegos segundo sexa a súa propia situación económica: decisións sobre os gastos efectuados, aforro, número de horas a traballar, solucións financeiras,etc.


Indicadores de confianza

No terceiro trimestre de 2024, o indicador de confianza do consumidor (ICC1) reflicte un valor de -13,93 puntos, 0,72 puntos inferior que o referido ao trimestre anterior. Neste trimestre diminuíu un dos catro indicadores parciais de perspectivas de evolución: o indicador da capacidade futura de aforro rexistrou unha subida de 1,02 puntos, seguido do indicador da situación financeira persoal, que aumentou 0,44 puntos, do indicador da situación económica en Galicia, que aumentou 0,36 puntos, e do indicador do desemprego, que dimimuíu 4,69 puntos.

Indicador de confianza do consumidor e as súas compoñentes. Galicia
Unidade: Puntos de -100 a 100
ICC Situación financeira persoal (perspectivas de evolución) Capacidade futura de aforro Situación económica en Galicia (perspectivas de evolución) Desemprego (perspectivas de evolución)
2020/IV -34,02 -6,65 -33,64 -44,83 -50,95
2021/I -36,29 -8,92 -33,86 -43,40 -58,96
2021/II -20,21 -1,71 -31,42 -17,21 -30,51
2021/III -18,68 -2,65 -24,94 -18,48 -28,65
2021/IV -13,73 -4,69 -15,91 -13,79 -20,52
2022/I -20,00 -9,30 -25,32 -19,57 -25,79
2022/II -12,85 -6,08 -20,00 -16,95 -8,39
2022/III -23,82 -11,54 -28,97 -30,71 -24,07
2022/IV -24,53 -11,57 -34,57 -28,33 -23,65
2023/I -20,96 -7,57 -35,56 -22,15 -18,55
2023/II -12,05 -4,23 -28,03 -10,41 -5,53
2023/III -16,77 -6,24 -35,18 -12,61 -13,05
2023/IV -22,92 -10,25 -38,03 -23,67 -19,71
2024/I -16,27 -5,12 -31,59 -15,90 -12,45
2024/II -13,21 -6,61 -28,31 -11,91 -6,01
2024/III -13,93 -6,17 -27,29 -11,55 -10,70
Fonte: IGE (descarga da táboa)

O indicador de confianza do consumidor varía en función do intervalo de ingresos do fogar. Os fogares con menores ingresos medios mensuais son os que presentan valores máis baixos no ICC, mentres que a confianza aumenta ao incrementárense os ingresos do fogar. Así, o indicador no caso dos fogares con menos de 600€ ao mes sitúase no -33,49, namentres que entre os fogares que máis ingresan ao mes (por riba dos 3.000€) o indicador sitúase en 5,43.

                      Indicador de confianza do consumidor (ICC) segundo o intervalo de ingresos mensuais do fogar. Galicia.
                      Terceiro trimestre de 2024

                      Fonte: IGE (descarga da táboa)

Situación económica dos fogares nos últimos tres meses

No terceiro trimestre de 2024 o 47,78% dos fogares galegos chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, o 44,64% con dificultade e o 7,58% restante con moita dificultade.

Con respecto ao trimestre anterior, prodúcese un aumento de 1,82 puntos na porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, unha diminución de 2,24 puntos na dos que chegan con moita dificultade e un aumento de 0,43 puntos na porcentaxe de fogares que chega con dificultade a fin de mes.

Con respecto ao terceiro trimestre do ano 2023, a porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes aumenta 1,55 puntos porcentuais. A porcentaxe de fogares que chega con dificultade a fin de mes diminúe 1,06 puntos entre ambos períodos e a porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade decrece 0,49 puntos.


Fogares segundo o grao de dificultade para chegar a fin de mes. Galicia
Unidade: Porcentaxe
2023/III 2023/IV 2024/I 2024/II 2024/III
Con facilidade ou moita facilidade 46,23 43,96 45,05 45,96 47,78
Con dificultade 45,70 46,10 45,04 44,21 44,64
Con moita dificultade 8,07 9,93 9,91 9,82 7,58
Total 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00
Fonte: IGE (descarga da táboa)

 

            Porcentaxes terceiro trimestre de 2024. Galicia


Medidas económicas tomadas polos fogares nos últimos tres meses

O 17,74% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra nos tres últimos meses (Fonte: IGE). Considéranse como extra os gastos destinados a vacacións ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, contratar novos servizos para o fogar, saír a cear, ir ao cine, etc. Tamén se inclúe nesta categoría poder aforrar e traballar menos horas ou que algún membro do fogar se permitira deixar de traballar.

O 29,57% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra mercando marcas brancas, produtos en oferta, etc, no terceiro trimestre de 2024. Esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos, aumentar os ingresos ou afrontar pagos neste período. Ademais, o 20,24% dos fogares galegos diminuíu outros gastos comúns, como roupa e calzado, transporte, gas, electricidade, etc, agás alimentación.

Fogares que tomaron as seguintes medidas para reducir gastos, aumentar ingresos ou afrontar pagos nos últimos tres meses. Galicia
Unidade: Porcentaxe
2023/III 2023/IV 2024/I 2024/II 2024/III
Cambiar os seus hábitos de compra mercando marcas brancas, produtos en oferta… 26,50 30,05 31,27 39,50 29,57
Diminuír outros gastos comúns, como roupa e calzado, transporte, gas, electricidade…, agás alimentación 20,12 20,61 19,43 24,15 20,24
Algún dos membros do fogar tivo que poñerse a traballar ou aumentar a xornada de traballo 0,62 0,81 2,61 2,38 2,16
Recibir axuda económica de familiares ou amizades 5,59 5,14 5,66 6,86 6,08
Tomar medidas financeiras 1,12 0,88 2,78 4,17 4,49
Fonte: IGE (descarga da táboa)


Medidas económicas que esperan realizar os fogares nos próximos tres meses

O 36,68% dos fogares galegos ten pensado aforrar algo de cartos nos próximos tres meses, o 51,44% facer algún extra en produtos de alimentación, o 70,66% saír a cear, a cafeterías, ir ao cine ou ao teatro e o 26,36% facer fronte a imprevistos ou grandes compras.

Fogares que teñen pensado permitirse os seguintes extras nos próximos tres meses. Galicia
Unidade: Porcentaxe
2023/III 2023/IV 2024/I 2024/II 2024/III
Pagarse unhas vacacións, viaxes ou estadías de lecer 15,91 10,04 13,26 20,26 14,74
Saír a cear, a cafeterías, ir ao cine, ao teatro 63,36 66,30 67,97 69,73 70,66
Facer fronte a imprevistos ou grandes compras 14,59 15,68 18,15 23,41 26,36
Aforrar algo de cartos 33,50 31,66 36,08 37,44 36,68
Facer algún extra en produtos de alimentación 34,76 59,77 41,08 47,99 51,44
Algunha compra extraordinaria en roupa ou calzado 14,03 23,91 16,03 16,83 19,55
Fonte: IGE (descarga da táboa)


Compra de vivenda e coche nos fogares

O 14,86% dos fogares galegos está pagando a vivenda principal na que habitan, o 8,53% o coche e o 2,88% unha segunda vivenda. Con respecto ao mesmo trimestre de 2023, dimiuíu 0,47 puntos a porcentaxe de fogares que están a pagar a súa vivenda habitual.

Fogares que teñen comprado e están pagando vivenda ou coche. Galicia
Unidade: Porcentaxe
2023/III 2023/IV 2024/I 2024/II 2024/III
Vivenda principal 15,33 15,99 16,17 16,73 14,86
Segunda vivenda 2,00 2,44 3,29 3,16 2,88
Coche 7,77 9,16 9,60 9,50 8,53
Fonte: IGE (descarga da táboa)


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Enquisa Coxuntural a Fogares elaborada polo IGE.


  1. O ICC varía de -100 a 100, sendo o valor 0 o punto neutral; valores positivos do indicador amosan optimismo e valores negativos indican pesimismo por parte dos consumidores galegos.↩︎

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo