Matemáticas. Series de tempo Exercicios
1.- Galicia conta cun importante sector téxtil, aínda que cada vez existe unha maior preocupación pola cantidade de roupa, calzado e complementos que se importa doutros países, sobre todo de China. No seguinte enlace móstrase o valor das importacións, medidas en miles de euros, dos produtos téxtiles nos últimos seis anos en Galicia: Importacións de téxtiles
- A partir destes datos trata de analizar se Galicia importa cada vez máis produtos téxtiles. Para iso estima a tendencia da serie mediante o método do axuste analítico utilizando o modelo lineal
2.- A partir da serie do número de partos múltiples que se produciron en Galicia nos últimos anos, e que podes descargarte no seguinte enlace, trata de resolver as seguintes cuestións: Partos múltiples
- Calcula o número de partos múltiples como suma dos partos dobres e dos partos triples ou máis
- Estima a tendencia desta serie temporal polo método do axuste analítico utilizando o modelo lineal e o modelo parabólico. Representa graficamente a serie xunto cos dous axustes e compara os resultados
3.- Se se quere coñecer a situación do conxunto da actividade económica galega, un bo punto de partida é analizar o ritmo de crecemento do Produto Interior Bruto (PIB). A través do seguinte enlace está dispoñible o PIB de Galicia, medido en miles de euros, para os últimos once anos. PIB de Galicia
- Calcula o PIB anual de Galicia para todos os anos e utiliza un axuste parabólico para estimar a tendencia da serie anual
- Estima a compoñente estacional mediante o método das relacións medias trimestrais con respecto á tendencia. Interpreta como oscila o PIB da economía galega nos catro trimestres do ano
4.- Estuda a evolución do sector da construción en Galicia a partir da serie de vivendas a crear de nova planta que podes descargarte no seguinte enlace: Vivendas a crear de nova planta
- Calcula o total de vivendas anuais a crear
- Utiliza un axuste parabólico para estimar a tendencia desta serie. Representa graficamente a serie orixinal xunto co axuste parabólico e interpreta o resultado
5.- Todas os traballadores cando comezan a súa vida laboral deben afiliarse obrigatoriamente á Seguridade Social. Esta afiliación proporciónalle ao traballador e aos familiares que están ao seu cargo unha asistencia sanitaria gratuíta e prestacións en caso de enfermidade, accidente laboral, xubilación, ... Pinchando na seguinte ligazón podes consultar o número total de traballadores afiliados en alta laboral para todos os meses dos últimos anos. Traballadores afiliados en alta laboral
- Calcula as medias anuais do número de afiliados
- Estima a tendencia da serie mediante o axuste lineal e o parabólico
- Fai dúas gráficas onde representes xunto cos datos cada un dos axustes. ¿Cal axusta mellor?
6.- Cos datos de afiliados a seguridade social do exercicio anterior estima a compoñente estacional da serie utilizando o método das medias móbiles. Representa graficamente a compoñente estacional e interpreta o resultado
|