Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Matemáticas. Regresión
Exercicios


1.- Queremos saber se existe algunha relación entre a superficie das nosas comarcas e o seu número de habitantes. Entón, cos datos da extensión en Km2 das comarcas da túa provincia e o seu número de habitantes, calcula:

Habitantes:
Superficie
  • A extensión media en Km2.
  • Representa a nube de puntos e debuxa a recta que mellor se axuste á nube de puntos.
  • ¿Existe correlación entre a superficie e o número de habitantes?. Razoa a resposta.
  • Compara os datos que obtés cos doutra provincia ¿existen diferenzas ou a situación é similar?

2.- Nas seguintes táboas tes os datos do gasto en electricidade e dos ingresos medios mensuais dos fogares de Galicia e as catro provincias nos últimos anos:

Gasto en electricidade
Ingresos medios mensuais

Elixe os datos da túa provincia e responde ás seguintes preguntas:

  • ¿Que tipo de dependencia existe entre as dúas variables?
  • Calcula unha función que relacione os ingresos medios mesuais e o gasto en electricidade. ¿Que tipo de función é?
  • ¿Que gasto en electricidade se estima que terá una familia que ten uns ingresos mensuais de 1.300 euros?

3.- Estuda os seguintes gráficos de dispersión que representan as variables bidimensionais formadas pola renda dispoñible bruta e diferentes variables das contas de asignación primaria e de distribución secundaria da renda:

  • ¿Cal dos gráficos de dispesión representa unha dependencia negativa?
  • ¿Que tipo de dependencia existe entre as variables prestacións sociais e renda dispoñible bruta por habitante?
  • ¿Cal dos gráficos se axusta mellor mediante unha recta? ¿Que tipo de correlación existe entre as variables deste gráfico?

4.- Na seguinte táboa amósanse os datos da humidade estándar e dos días de choiva durante o último ano dispoñible nas estacións meteorolóxicas galegas.

  • Representa o diagrama de dispersión da variable humidade estándar fronte á variable días de choiva.
  • Obtén para as dúas variables a distribución marxinal, a media, varianza, desviación típica, percorrido e coeficiente de variación.
  • Calcular a covarianza e o coeficiente de correlación lineal das variables humidade estándar e días de choiva.
  • Calcular a ecuación da recta de regresión da variable humidade estándar sobre a variable días de choiva e representala enriba do diagrama de dispersión do primeiro apartado.
  • ¿Podes predicir cantos serán os días de choiva dunha estación metereolóxica onde a humidade estándar rexistrada é do 74%?