Matemáticas. Probabilidade |
Total | Homes | Mulleres | |
Galicia | 2.701.819 | 1.300.153 | 1.401.666 |
A partir desta táboa a probabilidade de home calcúlase dividindo o número de homes (casos favorables) entre a poboación total (casos posibles).
Probabilidade (Home) = Homes/Poboación total = 1.300.153/2.701.819 = 0,48
Polo tanto, podemos concluír que preto da metade da poboación galega é masculina.
Os sucesos "Home" e "Muller" son contrarios, polo tanto podemos calcular:
Probabilidade (Muller) = 1-0,48 = 0,52
Para calcular esta porcentaxe necesitamos saber a poboación de Galicia segundo o seu lugar de nacemento. Para isto observa a táboa que se presenta a continuación:
2020 | |
Total | 2.701.819 |
No concello de residencia | 1.464.239 |
Noutro concello da mesma provincia | 658.434 |
Noutra provincia de Galicia | 179.933 |
Noutra comunidade autónoma | 149.868 |
No estranxeiro | 249.345 |
A partir desta información, a porcentaxe de residentes galegos que naceron no estranxeiro calcúlase dividindo o número de estranxeiros (casos favorables) entre a poboación total (casos posibles)
Porcentaxe de galegos que naceron no estranxeiro = Persoas que naceron no estranxeiro/Poboación total x 100= 249.345/ 2.701.819 x 100 = 9,2%
Polo tanto, algo máis do 9% da poboación que reside habitualmente en Galicia naceu no estranxeiro.
Para calcular esta porcentaxe necesitamos saber a poboación de Galicia segundo o seu lugar de nacemento e o xénero. Para isto observa a táboa que se presenta a continuación:
Total | Homes | Mulleres | |
Total | 2.701.819 | 1.300.153 | 1.401.666 |
No concello de residencia | 1.464.239 | 715.905 | 748.334 |
Noutro concello da mesma provincia | 658.434 | 312.070 | 346.364 |
Noutra provincia de Galicia | 179.933 | 82.790 | 97.143 |
Noutra comunidade autónoma | 149.868 | 73.538 | 76.330 |
No estranxeiro | 249.345 | 115.850 | 133.495 |
A partir da táboa anterior pódese calcular a porcentaxe de persoas estranxeiras que son mulleres. Esta porcentaxe obtense dividindo o número de estranxeiras entre o total de poboación estranxeira:
Porcentaxe de estranxeiras mulleres = Mulleres estranxeiras/Total estranxeiros x 100= 133.495/ 249.345 x 100 = 53,54%
Polo tanto, na poboación residente en Galicia e que naceu no estranxeiro, encontramos unha maior porcentaxe de mulleres que de homes.
Temos H="Home", M="Muller", E="Naceu no estranxeiro", Ec="Non naceu no estranxeiro"
A probabilidade que nos piden é:
P(E/M)
Os datos cos que contamos polo momento son:
P(H)= 0,48 , P(M)= 1-P(H)= 0,52, P(E)=0,09, P(M/E)=0,54, P(H/E)=1-P(M/E)=0,46
Se aplicamos a definición de probabilidade condicionada, temos que:
P(E/M) = P(M ∩ E)/P(M) = P(M/E).P(E)/P(M) = 0,54 x 0,09/0,52 = 0,09
Hai polo tanto un 9% de posibilidades de que a muller elixida sexa estranxeira.
Pídennos agora a probabilidade de que se non naceu no estranxeiro sexa home; é dicir: P(H/Ec)
Observa en primeiro lugar o gráfico de árbore que aparece a continuación:
Polo momento non coñecemos nin a P(H/Ec) (x) nin a P(M/Ec) (1-x)
Por outra parte, segundo a lei das probabilidades totales temos:
P(H)=P(E).P(H/E)+P(Ec).P(H/Ec)
Na expresión anterior coñecemos todos as probabilidades menos a P(H/Ec), que é a que queremos calcular:
¡Recorda que a P(H) segundo calculamos no primeiro apartado é 0,48!.
Polo tanto:
0,48=0,09 x 0,46 + 0,91x P(H/Ec)
P(H/Ec)= (0,48-0,04)/0,91 = 0,48
É dicir, hai un 48% de posibilidades de que a persoa elixida sexa home.
Podes contestar ás preguntas formuladas na actividade cos datos da túa provincia e co último ano dispoñible que podes atopar na ligazón que aparece ao principio desta páxina.
Ademais, podes tratar de responder ás seguintes preguntas: