Matemáticas. Un primeiro paso: porcentaxe, taxas, variacións e números índice Exercicios
Na seguinte ligazón podes consultar o número de empresas con sede social en Galicia segundo o seu tamaño (número de asalariados). ¿Cal é a porcentaxe de empresas sen asalariados? e ¿de empresas de 250 ou máis asalariados? Saca as túas propias conclusións.
Calcula a porcentaxe de poboación activa, inactiva, ocupada e parada sobre a poboación total (de 16 ou máis anos) que hai en Galicia a partir dos seguintes datos. Obtén estas porcentaxe tanto para os homes como para as mulleres e compara os resultados.
A Enquisa de condicións de vida das familias permítenos coñecer a porcentaxe de fogares segundo a súa tipoloxía. Estes datos podes obtelos para o último ano dispoñible pinchando na seguinte ligazón. Tendo en conta o número de fogares ¿Cal é o número de fogares para cada tipoloxía?.
Calcula o número de fogares segundo os ingresos mensuais tendo en conta a porcentaxe de fogares para cada intervalo de ingresos que podes descargarte na seguinte ligazón e o número de fogares total que hai en Galicia. Realiza este mesmo exercicio coa tua provincia e compara os resultados.
Se premes aquí podes consultar os datos do paro rexistrado nos últimos 13 meses para os homes e para as mulleres. Trata de responder as seguintes preguntas:
- Calcula para cada mes o paro rexistrado total (homes+ mulleres)
- ¿Cal son os meses con máis paro?
- ¿E os con menos paro?
- Calcula cal é a porcentaxe de mulleres paradas sobre a poboación total parada. ¿Cal é a de homes?
- Para o último mes dispoñible calcula a variación absoluta do número de parados con respecto ao mes anterior.
- Tamén para o último mes dispoñible calcula a taxa de variación relativa con respecto ao mes anterior.
- Por último, calcula a taxa de variación relativa con respecto ao mesmo mes do ano anterior.
A estatística do Movemento natural da poboación permítenos coñecer os matrimonios segundo o tipo de celebración.
- Calcula a porcentaxe de matrimonios civís e relixiosos para o último ano dispoñible.
- Calcula a variación absoluta do número de matrimonios civís e relixiosos no último ano con respecto a hai cinco anos.
- Calcula a taxa de variación relativa nos últimos cinco anos dos matrimonios civís e relixiosos. ¿Aumentaron os dous tipos de celebración?
Na seguinte táboa móstranse as exportacións/expedicións con orixe en Galicia e as importacións/introducións con destino en Galicia. Resolve as seguintes cuestións:
- Ordena os produtos polo valor das exportacións de maior a menor. ¿Cal é o produto que máis se exporta en Galicia?.
- Este produto, ¿Que porcentaxe representa sobre o total de exportacións con orixe en Galicia?.
- Responde as mesmas preguntas pero coas importacións.
- Descárgate na seguinte ligazón a evolución das exportacións con orixe en Galicia e calcula a súa variación para cada ano con respecto ao ano anterior.
|