Matemáticas. Como elaborar unha enquisa
- Para elaborar a Mostra continua de vidas laborais (MCVL) a Seguridade Social selecciona o 25% da poboación que nun ano tivo relación coa Seguridade Social (afiliada en alta laboral ou recibindo algunha pensión contributiva). Se en 2006 a poboación de referencia era de 29,3 millóns de persoas ¿Cal foi o tamaño da mostra nese ano?
- En España hai un total de 25.208.623 vivendas. Decidiuse seleccionar unha mostra de tres millóns de vivendas para estudar certas características destas vivendas. ¿Cal é a probabilidade que ten a túa vivenda de ser seleccionada na mostra?
- A partir do ficheiro de microdatos da actividade, obtén unha mostra de 96 individuos e calcula estimacións para os seguintes parámetros da poboación:
- Porcentaxe de nacementos de nais non casadas
- Proporción de nacementos por cesárea
- Número medio de fillos por muller (media da variable NUMHVT)
- Compara as estimacións obtidas no apartado anterior cos seus verdadeiros valores.
|