Economía. Os sectores de actividade
Actividade 2: Panorámica da economía galega: a industria
FICHA DA ACTIVIDADE
Obxectivos:
- Analizar a importancia económica da industria en Galicia.
- Coñecer o crecemento económico deste sector.
- Coñecer o tecido empresarial galego dedicado á industria.
- Estudar a evolución da ocupación no sector industrial.
- Distribuír os traballadores da industria por concellos.
- Analizar a evolución da produción industrial en Galicia.
Palabras clave:
- Produto interior bruto (PIB): macromagnitude de síntese que trata de resumir nun só valor a dimensión económica dun país. Defínese como a corrente de bens e servizos finais producidos no territorio económico dun país nun período de tempo determinado.
- Valor engadido bruto (VEB): diferenza entre o valor da produción e os consumos intermedios utilizados para obter esa produción.
- Índices de volume: utilízanse para poder medir o crecemento real do PIB eliminando a distorsión que produce a variación dos prezos.
- Poboación ocupada: persoas de 16 ou máis anos que teñen un traballo por conta allea; é dicir, que traballan para outra persoa ou empresa (asalariados), ou exercen unha actividade por conta propia.
Coñecementos previos necesarios:
Cuestións a resolver:
Coa información que se facilitan nos enlaces e seguindo a actividade deberás poder responder as seguintes preguntas:
- ¿Cal é o valor engadido bruto da rama enerxética?..........................................
¿E da rama industrial?..........................................
- ¿Que porcentaxe representa sobre o PIB de Galicia a rama enerxética?..........................................(%)
¿E a industrial?..........................................
- ¿Canto medrou/baixou o valor engadido bruto da rama enerxética no último ano?
En termos correntes..........................................(%)
En índices de volume..........................................(%)
- ¿Canto medrou/baixou o valor engadido bruto da rama industrial no último ano?
En termos correntes..........................................(%)
En índices de volume..........................................(%)
- ¿Cantas empresas teñen a súa sede social en Galicia con actividade principal a industria (incluída a enerxía)?..........................................
- ¿Que porcentaxe de ocupados traballaba na industria no ano 1980?..........................................(%)
¿E na actualidade?..........................................(%)
- Elabora unha gráfica de liñas coa evolución do número de ocupados na industria
- No teu concello ¿que porcentaxe afiliados traballa no sector industrial?..........................................(%)
- Elabora unha gráfica de liñas coa evolución do índice de produción industrial
- ¿Canto aumentou/diminuíu a produción industrial no último mes?..........................................(%)
¿E no último ano?..........................................(%)
Descarga de datos
Descarga da ficha en pdf
Introdución
A clasificación nacional de actividades económicas (CNAE 2009) inclúe dentro do sector industrial as seguintes seccións e divisións:
- Industrias extractivas
- Extracción de antracita, hulla e lignito
- Extracción de cru de petróleo e gas natural
- Extracción de minerais metálicos
- Outras industrias extractivas
- Actividades de apoio ás industrias extractivas
- Industria manufactureira
- Industria da alimentación
- Fabricación de bebidas
- Industria do tabaco
- Industria téxtil
- Confección de roupa de vestir
- Industria do coiro e do calzado
- Industria da madeira e da cortiza, agás mobles; cestaría e espartaría
- Industria do papel
- Artes gráficas e reprodución de soportes gravados
- Coquerías e refinación de petróleo
- Industria química
- Fabricación de produtos farmacéuticos
- Fabricación de produtos de caucho e plásticos
- Fabricación doutros produtos minerais non metálicos
- Metalurxia; fabricación de produtos de ferro, aceiro e ferroaliaxes
- Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipamento
- Fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos
- Fabricación de material e equipamento eléctrico
- Fabricación de maquinaria e equipamento n.c.n.
- Fabricación de vehículos de motor, remolques e semirremolques
- Fabricación doutro material de transporte
- Fabricación de mobles
- Outras industrias manufactureiras
- Reparación e instalación de maquinaria e equipamento
- Fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado
- Fornecemento de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación
- Captación, depuración e distribución de auga
- Recolla e tratamento de augas residuais
- Recolla, tratamento e eliminación de residuos; valorización
- Actividades de descontaminación e outros servizos de xestión de residuos
A importancia económica do sector industrial
Na seguinte táboa móstrase a desagregación do produto interior bruto de Galicia (PIB) desde a perspectiva da oferta para os anos 2018 (datos provisionais) e 2019 (datos avance).
Táboa 1: Produto interior bruto (PIB) de Galicia e valor engadido bruto (VEB) por ramas de actividade. Datos avance Miles de euros
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2019
Como podemos ver na táboa anterior, en 2019, o VEB da industria acadou os 10.405,3 millóns de euros. Tendo en conta que nese ano o PIB de Galicia acadou os 63.985,5 millóns de euros podemos calcular a contribución da industria ao PIB: (10.405.255/63.985.457)*100=16,3%.
Crecemento económico
As estimacións do PIB e do VEB por ramas, ofrécense en termos correntes e en índices de volume.
- As estimacións en termos correntes están valoradas a prezos do mesmo período, polo que a evolución do PIB (e do VEB) está influenciada pola variación dos prezos.
- Os índices de volume utilízanse para poder medir o crecemento real, é dicir eliminando a distorsión que produce a variación dos prezos.
Tendo en conta esta pequena aclaración, podemos calcular a variación do VEB da industrial utilizando os datos correntes en miles de euros e utilizando os índices de volume.
En termos correntes
Pola táboa 1 sabemos que o VEB da industria foi de 10.575.086 miles de euros en 2018 e de 10.405.255 miles de euros en 2019. A partir destes datos podemos calcular o crecemento en porcentaxe:
(10.405.255-10.575.086)/10.575.086*100=-1,61%. É dicir, o VEB da industria diminuíu un 1,61% en 2019 con respecto ao ano anterior en termos correntes.
Vexamos agora cal foi o crecemento "real".
En índices de volume
Táboa 2: Produto interior bruto (PIB) de Galicia e valor engadido bruto (VEB) por ramas de actividade. Datos avance Índices de volume
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2019
Neste caso, o procedemento que debemos seguir para calcular o crecemento real do VEB da industria é completamente análogo ao anterior, só que en vez de considerar o VEB en miles de euros collemos os índices de volume:
(117,21-118,84)/118,84*100=-1,37%.
A partir dos datos dispoñibles no seguinte enlace podemos calcular o crecemento en índices de volume do VEB da industria:
Gráfico 1: Crecemento interanual do VEB (en índices de volume) da industria. Galicia Porcentaxes
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2019
Empresas
O directorio de empresas e unidades locais elaborado no IGE permítenos coñecer o número de empresas con actividade principal na industria. Segundo este directorio de empresas no ano 2019 existían un total de 14.708 empresas con sede social en Galicia e cuxa actividade principal era a industria (incluída a enerxía).
Táboa 3: Empresas con sede social en Galicia e actividade principal a industria. Ano 2019
Destaca o número de empresas dedicadas á industria da alimentación con 2.363 empresas, a fabricación de produtos metálicos (agás maquinaria e equipamentos), con 2.355 e a reparación e instalación de maquinaria e equipamento con 1.371 empresas.
Ocupación
Na seguinte ligazón facilítase a evolución do número de ocupados en Galicia segundo o sector de actividade.
Táboa 4: Ocupados segundo os sectores de actividade Miles de persoas
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa
A partir desta táboa podemos, en primeiro lugar, debuxar unha gráfica coa evolución da poboación ocupada na industria (incluída a enerxía)
Gráfico 2: Ocupados na industria. Galicia Miles de persoas
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa
A partir da gráfica podemos ver como o número de ocupados no sector industrial mostra unha tendencia crecente desde o ano 1995, pero a partir do ano 2008 comeza a baixar.
No ano 1980 a porcentaxe de ocupados que traballaba na industria era: (193,4/1.115,1)*100=17,3%. No ano 2002, ano no que esta porcentaxe acada o máximo valor, esta porcentaxe sitúase no: (209,6/1.036,7)*100=20,2%. A partir deste ano, a porcentaxe de ocupados na industria comeza a baixar ata o 17,0% (182,4/1.074,2*100) no ano 2020.
Cuestións para o alumno:
- Elabora unha táboa na que se mostre a evolución da porcentaxe de ocupados na industria en Galicia para todo o período 1980-2020.
- A partir desta táboa constrúe unha gráfica de evolución e comenta os resultados.
A nivel municipal non dispoñemos de información referente ao número de ocupados por sectores de actividade, pero si coñecemos o número de afiliacións á Seguridade Social en alta laboral segundo os sectores de actividade. Isto vainos permitir coñecer a importancia que ten en cada concello o sector industrial, no que se refire á ocupación. No seguinte mapa podes consultar o número de afiliacións na industria no mes de decembro de 2020.
Mapa 1: Número de afiliacións á Seguridade Social en alta laboral na industria. Decembro de 2020
Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros facilitados pola Seguridade Social
Para poder comparar a importancia do sector industrial no mercado de traballo de cada concello, podemos calcular a porcentaxe de afiliacións na industria sobre o total de afiliados dese concello.
Mapa 2: Porcentaxe de afiliacións á Seguridade Social en alta laboral na industria sobre o total de afiliacións do concello. Decembro de 2020
Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros facilitados pola Seguridade Social
Cuestións para o alumno:
- ¿Cales son as diferenzas máis notables que observas entre os dous mapas?¿Que pasa co concello de Santiago de Compostela?
- ¿En que zonas existe unha maior porcentaxe de traballadores do sector industrial?
- ¿Cales son os concellos con menor porcentaxe de traballadores neste sector?
Na seguinte enlace podes descargar o mapa dinámico coa porcentaxe de afiliados no sector da industria: ligazón
Produción industrial
O Índice de produción industrial é un indicador mensual que mide a actividade produtiva da industria. Mide a evolución conxunta da cantidade e da calidade eliminando a influencia dos prezos.
Gráfico 3: Índice de produción industrial. Galicia e España
Fonte: Instituto Nacional de Estadística. Índice de produción industrial
No seguinte enlace podes descargarte o índice de produción industrial de Galicia: IPI
A partir do índice podemos calcular a variación mensual e a anual:
- A variación mensual: informa sobre o crecemento ou diminución da produción industrial, en porcentaxe, nun mes con respecto ao mes anterior.
- A variación interanual: indica o crecemento ou diminución da produción industrial, en porcentaxe, nun mes con respecto ao mesmo mes do ano anterior.
Por exemplo, no mes de novembro de 2020 o IPI de Galicia foi 109,921 e no mes de outubro de 2020 108,427, polo tanto a variación mensual calcúlase como: (109,921-108,427)/108,427*100=1,38%
Para calcular a variación anual necesitamos o IPI do mes de novembro de 2019 que foi 115,536 polo que a variación anual sería: (109,921-115,536)/115,536*100=-4,86
Polo tanto, podemos concluír que en novembro de 2020 a produción da industria en Galicia subíu un 1,38% respecto ao mes anterior e diminuíu un 4,86% respecto ao mes de novembro de 2019.
Cuestións para o alumno:
- Elabora unha táboa coa evolución mensual en porcentaxe do IPI nos últimos doce meses.
- Elabora unha táboa coa evolución interanual en porcentaxe do IPI nos dous últimos anos.
|