Economía. Os sectores de actividade
Actividade 1: Panorámica da economía galega: o sector primario
FICHA DA ACTIVIDADE
Obxectivos:
- Analizar a importancia económica dos sectores agrario e pesqueiro en Galicia.
- Coñecer o crecemento económico destes sectores.
- Estudar a evolución da ocupación no sector primario.
- Distribuír os traballadores da agricultura e pesca por concellos.
- Coñecer a distribución das terras en Galicia.
- Analizar a evolución da produción de pesca fresca e da acuicultura mariña.
Palabras clave:
- Produto interior bruto (PIB): macromagnitude de síntese que trata de resumir nun só valor a dimensión económica dun país. Defínese como a corrente de bens e servizos finais producidos no territorio económico dun país nun período de tempo determinado.
- Valor engadido bruto (VEB): diferenza entre o valor da produción e os consumos intermedios utilizados para obter esa produción.
- Índices de volume: utilízanse para poder medir o crecemento real do PIB eliminando a distorsión que produce a variación dos prezos.
- Poboación ocupada: persoas de 16 ou máis anos que teñen un traballo por conta allea; é dicir, que traballan para outra persoa ou empresa (asalariados), ou exercen unha actividade por conta propia.
Coñecementos previos necesarios:
Cuestións a resolver:
Coa información que se facilitan nos enlaces e seguindo a actividade deberás poder responder as seguintes preguntas:
- ¿Cal é o valor engadido bruto dos sectores agrario e pesqueiro?..........................................
- ¿Que porcentaxe representa sobre o PIB de Galicia?..........................................(%)
- ¿Canto medrou/baixou o valor engadido bruto deste sector no último ano?
En termos correntes..........................................(%)
En índices de volume..........................................(%)
- ¿Que porcentaxe de ocupados traballaba no sector primario no ano 1980?..........................................(%)
¿E na actualidade?..........................................(%)
- Elabora unha gráfica de liñas coa evolución do número de ocupados na agricultura e pesca
- No teu concello ¿que porcentaxe afiliados traballa no sector primario?..........................................(%)
- ¿Que superficie de Galicia se dedica a cultivo?..........................................(%)
- Calcula o que se incrementou ou diminuíu o valor e a cantidade de pesca fresca vendida nas lonxas galegas no último ano:
Cantidade..........................................(%)
Valor..........................................(%)
- Calcula a variación da produción de acuicultura mariña no último ano en Galicia:
Cantidade..........................................(%)
Valor..........................................(%)
Descarga de datos
Descarga da ficha en pdf
Introdución
A clasificación nacional de actividades económicas (CNAE 2009) inclúe dentro da sección de Agricultura, gandería, silvicultura e pesca as seguintes actividades económicas:
- Agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados con elas.
- Silvicultura e explotación forestal
- Pesca e acuicultura.
A importancia económica do sector primario
Na seguinte táboa móstrase a desagregación do produto interior bruto de Galicia (PIB) desde a perspectiva da oferta para os anos 2018 (datos provisionais) e 2019 (datos avance).
Táboa 1: Produto interior bruto (PIB) de Galicia e valor engadido bruto (VEB) por ramas de actividade. Datos avance Miles de euros
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2019
No ano 2019 o valor engadido bruto (VEB) das ramas agraria e pesqueira situouse nos 2.886,5 millóns de euros. Tendo en conta que neste ano o PIB de Galicia acadou os 63.985,5 millóns de euros podemos calcular a contribución da agricultura e pesca ao PIB: (2.886.467/63.985.457)*100=4,5%
Crecemento económico
As estimacións do PIB e do VEB por ramas, ofrécense en termos correntes e en índices de volume.
- As estimacións en termos correntes están valoradas a prezos do mesmo período, polo que a evolución do PIB (e do VEB) está influenciada pola variación dos prezos.
- Os índices de volume utilízanse para poder medir o crecemento real, é dicir eliminando a distorsión que produce a variación dos prezos.
Tendo en conta esta pequena aclaración, podemos calcular a variación do VEB das ramas agrarias e pesqueiras utilizando os datos correntes en miles de euros e utilizando os índices de volume.
En termos correntes
Pola táboa 1 sabemos que o VEB das ramas agraria e pesqueira era de 2.894.860 miles de euros en 2018 e 2.886.467 miles de euros en 2019. A partir destes datos podemos calcular o crecemento relativo: (2.886.467-2.894.860)/2.894.860*100= -0,29%. É dicir, o VEB da agricultura e da pesca diminuíu un 0,29% en 2019 con respecto ao ano anterior en termos correntes. Vexamos agora cal foi o crecemento "real".
En índices de volume
Táboa 2: Produto interior bruto (PIB) de Galicia e valor engadido bruto (VEB) por ramas de actividade. Datos avance Índices de volume
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2019
Neste caso, o procedemento que debemos seguir para calcular o crecemento real do VEB da agricultura e pesca é completamente análogo ao anterior, só que en vez de considerar o VEB en miles de euros collemos os índices de volume: (97,47-97,70)/97,70*100=0,24%.
A partir dos datos dispoñibles no seguinte enlace podemos calcular o crecemento en índices de volume do VEB da agricultura e pesca:
Gráfico 1: Crecemento interanual do VEB (en índices de volume) das ramas agrarias e pesqueira. Galicia Porcentaxes
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2019
Ocupación
Na seguinte ligazón facilítase a evolución do número de ocupados en Galicia segundo o sector de actividade.
Táboa 3: Ocupados segundo os sectores de actividade Miles de persoas
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa
A partir dos datos da ligazón anterior podemos, en primeiro lugar, debuxar unha gráfica coa evolución da poboación ocupada na agricultura e pesca
Gráfico 2: Ocupados na agricultura e pesca. Galicia Miles de persoas
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa
A partir da gráfica podemos observar como o número de ocupados no sector primario caeu drasticamente nestas tres décadas pasando de preto de 463.800 ocupados en 1980 a 69.100 no ano 2020.
Unha análise complementaria que podemos facer é calcular, do total de ocupados, que porcentaxe traballa na agricultura e na pesca. No ano 1980 esta porcentaxe é de: 463,8/1.115,1 = 41,6%. En 2020: 69,1/1074,2 = 6,4%.
Cuestións para o alumno:
- Elabora unha táboa na que se mostre a evolución da porcentaxe de ocupados no sector primario en Galicia para todo o período 1980-2020.
- A partir desta táboa constrúe unha gráfica de evolución e comenta os resultados.
A nivel municipal non dispoñemos de información referente ao número de ocupados por sectores de actividade, pero si coñecemos o número de afiliacións á Seguridade Social en alta laboral segundo os sectores de actividade. Isto vainos permitir coñecer a importancia que ten en cada concello o sector primario, no que se refire á ocupación. No seguinte mapa podes consultar o número de afiliacións na agricultura e pesca no mes de decembro de 2020.
Mapa 1: Número de afiliacións á Seguridade Social en alta laboral na agricultura e pesca. Decembro de 2020
Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros facilitados pola Seguridade Social
Para poder comparar a importancia do sector primario no mercado de traballo de cada concello, podemos calcular a porcentaxe de afiliacións na agricultura e pesca sobre o total de afiliados dese concello.
Mapa 2: Porcentaxe de afiliacións á Seguridade Social en alta laboral na agricultura e pesca sobre o total de afiliacións do concello. Decembro de 2020
Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros facilitados pola Seguridade Social
Cuestións para o alumno:
- ¿Cales son as diferenzas máis notables que observas entre os dous mapas? ¿Que pasa por exemplo co concello de Vigo?
- ¿En que zonas existe unha maior porcentaxe de traballadores do sector primario?
- ¿Cales son os concellos con menor porcentaxe de traballadores neste sector?
Na seguinte enlace podes descargar o mapa dinámico coa porcentaxe de afiliados no sector primario: ligazón
Distribución das terras
Táboa 4: Distribución das terras. Ano 2019 Hectáreas
Fonte: Consellería do Medio Rural
Na táboa 4 móstrase a distribución das terras por provincias. A partir desta táboa podemos elaborar o seguinte gráfico de sectores:
Gráfico 3: Distribución das terras. Galicia. Ano 2019 Porcentaxes
Fonte: Consellería do Medio Rural
Tal é como se observa no gráfico anterior, o 65,3% da superficie de Galicia é forestal, o 23,6% está dedicada a superficie de cultivo e prado e o 11,1% a outras superficies.
Cuestións para o alumno:
- Elabora un gráfico de sectores coa distribución das terras para a túa provincia. ¿Atopas diferenzas significativas con Galicia?
Pesca fresca e acuicultura
Táboa 5: Datos xerais de pesca fresca. Galicia. Ano 2018
Fonte: Consellería do Mar. Anuario de pesca
Hai que ter en conta que as vendas en lonxa non teñen en conta a produción da acuicultura. A táboa 6 axúdanos a analizar a importancia deste subsector en Galicia
Táboa 6: Datos xerais de acuicultura mariña. Galicia. Ano 2019
Fonte: Consellería do Mar
Nas seguintes ligazón podes consultar a evolución da produción (kg) e do valor da primeira venda (€) da pesca fresca desembarcada en Galicia e da produción da acuicultura mariña en Galicia:
Cuestións para o alumno:
- Elabora un gráfico de liñas coa evolución da cantidade de pesca fresca desembarcada en Galicia
- ¿En que porcentaxe aumentou/diminuíu a cantidade de pesca fresca vendida nas lonxas galegas? ¿e o valor desa produción?
- ¿Que especie é a que xera maior valor na produción acuícola en Galicia?
|