Economía. Prezos e inflación Exercicios
- Cos datos que atoparás do IPC na seguinte ligazón calcula:
IPC para Galicia e España.
- As taxas de variación interanual para Galicia e España.
- As taxas de variación mensual de Galicia e España.
- Represéntaas nun gráfico de liñas (se necesitas axuda bota un vistazo ao apartado de Representacións gráficas).
- Comenta a súa evolución, ¿que podes comentar da inflación galega e española nos últimos anos?
- Nas seguintes ligazóns tes información sobre o comportamento dos prezos nos últimos meses:
Variacións mensuais, interanuais e do que vai de ano do IPC galego e español.
Variacións mensuais, interanuais do IPC por grupos.
- ¿Cal foi a inflación ao final do ano anterior ao que ti estás neste momento?
- ¿Que é e cal foi a taxa interanual nese mesmo momento?
- ¿Que tipo de produtos tiveron unha subida máis representativa no último mes dispoñible?, ¿e cales unha baixada?
- ¿Cal é a porcentaxe de subida dos prezos en alimentación no último mes dispoñible?
- ¿A subida dos prezos de fai dous anos foi maior, menor ou igual que a do ano pasado?
- A continuación tes dous ligazóns onde encontrarás o IPC de Galicia e España nos últimos 36 meses. Calcula:
IPC por grupos COICOP para Galicia
IPC por grupos COICOP para España
- As medias anuais para aqueles anos dos que teñas información para todos os meses.
- ¿Que grupo de produtos tivo as maiores variacións no período para o cal tes as medias anuais?
- ¿Qué ocorre con España?, ¿obtés as mesmas conclusións?
- O propietario dunha vivenda tena alugada por 500 euros o mes. Este mes ten actualizar o importe do aluguer segundo a variación interanual do IPC correspondente ao último mes dispoñible. ¿Cal vai a ser o novo importe? Podes consultar a variación interanual do IPC na seguinte ligazón.
|