Elaboración dunha nota de prensa
Taxas de variación interanuais do IPC. Galicia e España
Porcentaxes
Fonte: INE. Índice de prezos de consumo
Taxas de variación interanuais do IPC subxacente. Galicia e España
Porcentaxes
Fonte: INE. Índice de prezos de consumo
Variacións porcentuais do IPC (xeral) para Galicia e España en decembro de 2020
Variacións porcentuais do IPC por grupos en decembro de 2020. Galicia
Variacións porcentuais do IPC por rúbricas en decembro de 2020. Galicia
Redacción da nota de prensa
Nota de prensa
O IPC baixa un 0,4% interanual no mes de decembro de 2020
O IPC correspondente ao mes de decembro de 2020 en Galicia aumentou un 0,2%, con respecto ao mes anterior, a mesma porcentaxe que no conxunto do Estado. A variación dos prezos con respecto a decembro de 2019 foi negativa, do 0,4%, unha décima menos que no conxunto do Estado, segundo datos do Instituto Nacional de Estadística.
En termos de taxa interanual son os grupos de "Transporte" (-4,5%) e "Comunicacións" (-4,1%) os que experimentaron unha maior diminución de prezos en Galicia. Pola contra, os grupos "Alimentación e bebidas non alcohólicas" (1,8%) e "Restaurantes e hoteis" (1,4%) experimentaron os maiores crecementos interanuais.
Dende o punto de vista das variacións mensuais, os grupos con maiores caídas no índice de prezos en Galicia foron "Vestido e calzado" (-2,5%), seguido de "Bebidas alcohólicas e tabaco" (-0,7%).
En termos de variacións anuais os artigos que experimentaron unha maior baixa de prezos en Galicia no último mes foron "Transporte público interurbano" (-6,6%) e "Transporte persoal" (-4,5%).
Por outra banda, as rúbricas que experimentaron unha maior alza de prezos foron as de "Azucre" (7,7%) e "Froitas frescas" (6,9%).