Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Salario bruto anual segundo o tipo de xornada

Salarios desde o punto de vista do perceptor: Salario bruto anual segundo o tipo de xornada

ÍNDICE


Salario bruto anual segundo o tipo de xornada

O tipo de xornada é unha das variables que determina o nivel salarial. O salario medio anual dos asalariados con xornada a tempo parcial no ano 2018 en Galicia foi inferior en máis dun 60% ao dos asalariados con xornada a tempo completo. De feito, o salario dos traballadores a tempo parcial representa un 39,63% do salario dos traballadores a tempo completo.

Salario bruto anual segundo o tipo de xornada. España e Galicia. Ano 2018
Unidade: Euros
Espazo Total Tempo completo Tempo parcial
España 24.009,12 28.070,00 11.171,49
Galicia 22.244,59 25.491,33 10.102,86

   


Salario bruto anual segundo o sexo e o tipo de xornada

A análise segundo o sexo reflicte que os homes a tempo completo cobran un 12,82% máis que as mulleres con este tipo de xornada, mentres que nos traballadores a tempo parcial esta diferenza entre sexos increméntase ao 19,81%.

Salario bruto anual segundo o sexo e o tipo de xornada. Galicia. Ano 2018
Unidade: Euros
Tipo de xornada Total Homes Mulleres
Total 22.244,59 24.826,91 19.543,17
Tempo completo 25.491,33 26.818,79 23.772,12
Tempo parcial 10.102,86 11.397,24 9.513,15

   

 
No seguinte gráfico represéntase a función de densidade do salario bruto anual segundo o tipo de xornada e o sexo.

Pódese apreciar que as densidades dos traballadores a tempo completo atópanse á dereita das densidades dos traballadores a tempo parcial, o que indica que os salarios brutos anuais dos traballadores a tempo completo son maiores que os de aqueles que traballan a tempo parcial en ambos os dous sexos.

Por outra banda, a densidade das mulleres a tempo parcial é máis apuntada que o resto, o que reflicte unha maior concentración dos salarios brutos anuais deste tipo de traballadoras.

   

Ganancia por hora segundo o tipo de xornada

A comparación do salario bruto anual, que é válida desde o punto de vista dos ingresos dos traballadores, non resulta pertinente se comparamos salarios como “prezo da man de obra”, posto que os salarios a tempo completo corresponden a máis horas de traballo. Neste caso a ganancia por hora é unha variable máis relevante.

Ao comparar a ganancia por hora entre os dous tipos de xornada obsérvase que no ano 2018 en Galicia, a ganancia por hora dos asalariados a tempo parcial é un 20,11% menor que a ganancia por hora dos asalariados a tempo completo.

Ganancia por hora segundo o tipo de xornada. España e Galicia. Ano 2018
Unidade: Euros
Espazo Total Tempo completo Tempo parcial
España 11,95 12,40 9,34
Galicia 10,97 11,24 8,98

   

Ganancia por hora segundo o sexo o tipo de xornada

A análise dos salarios segundo o tipo de xornada e sexo reflicte resultados semellantes cando se considera a ganancia por hora aos que se observaban cando se analizou o salario bruto anual: tanto o sexo masculino coma o feminino percibe salarios por hora máis elevados nos traballos a tempo completo que a tempo parcial.

Ganancia por hora segundo o sexo e o tipo de xornada. España e Galicia. Ano 2018
Unidade: Euros
Tipo de xornada Total Homes Mulleres
Total 10,97 11,56 10,28
Tempo completo 11,24 11,67 10,67
Tempo parcial 8,98 10,09 8,48

   

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE