Introdución

volver ao índice

A lonxevidade, entendida como a duración da vida do ser humano, incrementouse de forma espectacular durante todo o século XX e segue avanzando no século XXI. O envellecemento poboacional é un dos temas que máis preocupa actualmente en Galicia, precisamente por ser unha das rexións nas que este fenómeno se presenta con maior intensidade no territorio español e europeo.

O grupo de poboación que se pode identificar co distintivo “persoa maior” precisa de información específica, desde distintos ámbitos: demográfico, social, educativo, sanitario, laboral e económico. Con esta operación estatística o IGE presenta un conxunto de indicadores sobre os individuos de 65 ou máis anos que pretende ofrecer unha visión da situación actual deste colectivo.



Indicadores demográficos

volver ao índice

A porcentaxe de poboación de 65 ou máis anos con respecto ao total de poboación de Galicia aumenta ano tras ano. Na actualidade representa o 24,6% (ano 2017) e as previsións apuntan a que se situará no 31,3% dentro de catorce anos.

Un indicador utilizado para medir a evolución deste colectivo no tempo é o denominado “Índice de envellecemento”, que relaciona a poboación de 65 ou máis anos con respecto a cada 100 persoas menores de 20 anos. Mentres que en España este indicador na actualidade toma valores en torno a 95, en Galicia presenta un continuo incremento ata o valor 154,8 no ano 2017; as previsións apuntan na mesma dirección de incremento na seguinte década, chegando a tomar valores superiores a 232 no ano 2031.


Porcentaxe de poboación de 65 ou máis anos
Unidade: %

Espazo 2017 2031
España 19,0 25,6
Galicia 24,6 31,3
  • A Coruña
23,9 30,8
  • Lugo
28,7 34,5
  • Ourense
30,9 36,3
  • Pontevedra
21,7 29,3

Fonte: IGE. Indicadores demográficos; INE. Proyecciones de población (descarga da táboa)

Evolución do índice de envellecemento. Galicia
Unidade: tanto por cento (%)

Fonte: IGE. Indicadores demográficos; IGE. Proxeccións de poboación a curto prazo (descarga da serie ata 2017 e dende 2018-2031 (datos proxectados))


A estrutura do grupo de persoas de 65 ou máis anos varía no tempo. Mentres que no ano 2017 o colectivo de 75 a 79 anos representa o 17,1% das persoas de 65 ou máis anos, as previsións indican que no ano 2031 este rango de idades gañará peso no colectivo ata o 18,5%.Por outra parte, diminuiría a proporción de persoas de 80 a 84 anos, que pasaría do 18,1% ao 15,8%.


Outro indicador que mide habitualmente a estrutura deste colectivo é o “Índice de sobreenvellecemento”, que calcula a porcentaxe que representa a poboación de 85 ou máis anos sobre o grupo de 65 ou máis anos. No ano 2017 este indicador tomou o valor de 17,5 en Galicia e 16 en España.


Evolución do índice de sobreenvellecemento. Galicia
Unidade: tanto por cento (%)

Fonte: IGE. Indicadores demográficos; IGE. Proxeccións de poboación a curto prazo (descarga da serie ata 2017 e dende 2018-2031 (datos proxectados))

Estrutura por grupos de idade da poboación de 65 ou máis anos. Galicia
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Indicadores demográficos; INE. Proyecciones de población (descarga da serie ata 2017 e dende 2018-2031 (datos proxectados))






Unha das preocupacións que xorde a raíz do envellecemento dunha poboación é como se incrementa a denominada poboación en idade potencialmente dependente; o “Índice de dependencia senil” calcula cantos individuos de 65 ou máis anos viven nun territorio por cada 100 persoas en idade potencialmente activa (de 15 a 64 anos). Este indicador en Galicia presenta un incremento continuo nos últimos anos e grandes diferenzas entre ambos os dous sexos.

Evolución do índice de dependencia senil segundo o sexo. Galicia
Unidade: tanto por cento (%)

Fonte: IGE. Indicadores demográficos; INE. Proyecciones de población (descarga da serie ata 2017)


Indicadores sociais e educativos

volver ao índice

Persoas de 65 ou máis anos que viven en fogares con todos os seus membros nese grupo de idade. Galicia
Unidade: porcentaxe (%)

Espazo 2007 2016
Galicia 51,2 56,0
  • A Coruña
48,7 55,4
  • Lugo
53,6 57,1
  • Ourense
63,3 64,2
  • Pontevedra
46,6 52,5

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)






Os galegos de 65 ou máis anos viven maioritariamente en fogares compostos unicamente por persoas dese grupo de idade.



As provincias de Ourense e Lugo son as que presentan maiores porcentaxes de persoas de 65 ou máis anos que viven en fogares con todos os seus membros neste grupo de idade.



Por outra parte, os fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos son maioritariamente unipersoais.



O estado civil máis habitual tanto en Galicia como en España das persoas de 65 ou máis anos é o de “casado”; esta porcentaxe aproxímase ao 60% en ambos os dous casos.

Tipoloxía dos fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos. Galicia
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

Distribución da poboación de 65 ou máis anos segundo o estado civil. Ano 2017
Unidade: porcentaxe (%)

Galicia

España

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


En canto ao nivel educativo alcanzado polas persoas de 65 ou máis anos, é inferior en Galicia a porcentaxe de persoas sen estudos, denominados na clasificación da Enquisa de poboación activa (EPA), fonte desta información, como “Analfabetos”, con respecto ao total de España.


Distribución da poboación de 65 ou máis anos segundo o nivel de formación alcanzado. Ano 2017
Unidade: porcentaxe (%)

Galicia

España

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Moi relacionado co nivel de formación alcanzado é o uso das TIC por parte do colectivo de persoas maiores. Nas seguintes gráficas pode consultarse o uso do ordenador, de internet, do comercio electrónico e do teléfono móbil por parte das persoas de 65 a 74 anos no último ano dispoñible.


Porcentaxe de persoas de 65 a 74 anos que durante 2017 usou…
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: INE. Encuesta sobre equipamiento y uso de tecnologías de la información y comunicación en los hogares (descarga da táboa)



Indicadores sanitarios

volver ao índice

As principais causas de defunción das persoas de 65 e máis anos en Galicia, segundo a Clasificación Internacional de Enfermidades (CIE) 10ª revisión, son as enfermidades do sistema circulatorio e os tumores.


Defuncións de persoas de 65 ou máis anos segundo a causa. Galicia. Ano 2016
Unidade: porcentaxe (%)

Causa Ambos sexos Homes Mulleres
I Enfermidades infecciosas e parasitarias 1,2 1,1 1,3
II Tumores 24,5 31,6 18,1
III Enfermidades do sangue, órganos hematopoiéticos e inmunidade 0,6 0,5 0,7
IV Enfermidades endocrinas, nutricionais e metabólicas 2,8 2,6 3,1
V Trastornos mentais e do comportamento 8,3 5,5 10,9
VI-VIII Enfermidades do sistema nervioso e dos órganos dos sentidos 5,5 4,6 6,2
IX Enfermidades do sistema circulatorio 33,4 29,6 36,8
X Enfermidades do sistema respiratorio 11,7 13,1 10,5
XI Enfermidades do sistema dixestivo 4,4 4,5 4,3
XII Enfermidades da pel e do tecido subcutáneo 0,5 0,3 0,7
XIII Enfermidades do sistema osteomuscular e do tecido conxuntivo 0,6 0,4 0,7
XIV Enfermidades do sistema xénitourinario 3,2 2,9 3,6
XV Embarazo, parto e puerperio 0,0 0,0
XVI Afeccións orixinadas no período perinatal 0,0 0,0 0,0
XVII Malformacións conxénitas, deformidades e anomalías cromosómicas 0,1 0,0 0,1
XVIII Síntomas, signos, achados anormais clínicos ou de laboratorio 0,5 0,3 0,6
XX Causas externas de mortalidade 2,8 3,2 2,4

Nota: (–) Non procede. A información do 2016 ten carácter provisional.
Fonte: INE. Defunciones según la causa de muerte (descarga da táboa)


Estancia hospitalaria media de persoas de 65 anos ou máis. Ano 2016
Unidade: días

Idade España Galicia
De 65 a 74 anos 8,3 8,9
De 75 a 84 anos 9,6 10,0
De 85 a 89 anos 10,3 10,2
De 90 a 94 anos 10,3 9,7
De 95 anos e máis 10,3 9,4

Fonte: INE. Encuesta de morbilidad hospitalaria (descarga da táboa)

Defuncións de persoas de 65 ou máis anos, segundo grupo de idade e causa. Galicia. Ano 2016
Unidade: porcentaxe (%)

Idade Tumores Enfermidades do sistema circulatorio Outras causas
65 a 69 anos 53,7 20,6 25,7
70 a 74 anos 46,9 23,0 30,1
75 a 79 anos 37,4 26,7 35,9
80 a 84 anos 27,4 31,9 40,7
85 a 89 anos 18,7 36,1 45,3
90 a 94 anos 11,1 39,7 49,2
95 ou máis anos 7,1 41,7 51,4

Nota: a información do 2016 ten carácter provisional.
Fonte: INE. Defunciones según la causa de muerte (descarga da táboa)


Esperanza de vida aos 65 anos. Ano 2016
Unidade: anos

Espazo Ambos sexos Homes Mulleres
Unión Europea 27 20,0 18,2 21,6
España 21,6 19,4 23,6
Galicia 21,4 19,1 23,4
  • Pontevedra
21,4 19,2 23,4
  • Ourense
21,9 19,8 23,9
  • Lugo
21,3 19,2 23,2
  • A Coruña
21,2 18,8 23,2

Fonte: IGE. Indicadores demográficos; INE. Indicadores demográficos básicos (descarga da táboa)




Por grupos de idade, as causas predominantes nos individuos menores de 80 anos son os tumores, mentres que as enfermidades do sistema circulatorio son máis frecuentes nas defuncións de persoas de 80 anos e máis.

A estancia hospitalaria media das persoas de 65 ou máis anos é superior en Galicia que no total de España para os grupos de idade de menos de 85 anos, segundo os datos do ano 2016.

A esperanza de vida aos 65 anos en Galicia, entendida como unha estimación do promedio de anos que lle queda por vivir a unha persoa que chega con vida aos 65 anos no ano de referencia, no caso de que as condicións de mortalidade se mantivesen constantes e semellantes ás do ano de referencia, situouse en 2016 en 21,4 anos.


Evolución da esperanza de vida aos 65 anos segundo o sexo. Galicia
Unidade: anos

Fonte: IGE. Indicadores demográficos (descarga da táboa)



Indicadores laborais e económicos

volver ao índice

Porcentaxe que representa a poboación de 65 ou máis anos, segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Ano 2017
Unidade: porcentaxe (%)

Actividade Ambos sexos Homes Mulleres
Activos 1,1 1,1 1,2
  • Ocupados
1,3 1,3 1,3
  • Parados
0,2 0,1 0,3
Inactivos 58,7 58,3 59,1

Nota: (–) indica que non se dispón do indicador por falta de observacións na mostra
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)






O 1,1% da poboación activa galega pertencía no ano 2017 ao grupo de idade de 65 ou máis anos (en España, 0,8%), segundo os datos extraídos da EPA. Por outra parte, o colectivo de persoas de 65 ou máis anos inactivas representa o 58,7% do total de persoas inactivas en Galicia; no total de España esta porcentaxe é inferior, o 51,4%.

Número de pensionistas de máis de 65 anos. Galicia
Unidade: persoas

Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa)

Importe medio anual das pensións. Ano 2016
Unidade: euros

Espazo Ambos sexos Homes Mulleres
De 66 a 75 anos
  • España
16.792 19.655 13.207
  • Galicia
14.647 17.246 11.692
Maior de 75 anos
  • España
12.769 15.255 10.881
  • Galicia
11.232 13.048 9.979

Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa)

O número de pensionistas de 66 ou máis anos en Galicia supera o medio millón de persoas desde o ano 2009, segundo a información da AEAT.

O importe medio anual desas pensións é superior no grupo de idade de 66 a 75 anos (14.647 euros) que no de 76 anos ou máis (11.232 euros) en Galicia, segundo a información relativa ao ano 2016.


Pensión media anual dos pensionistas de máis de 65 anos. Galicia
Unidade: euros

Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa)



Definicións e máis información

volver ao índice

Definicións

Máis información