A Enquisa estrutural a fogares (EEF) é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dúas partes: unha primeira de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñada para recoller información sobre variables básicas, e unha segunda de carácter específico.
En 2019 o módulo específico está dedicado ao estudo do capital social. Este módulo ten como principal obxectivo coñecer o nivel de benestar da poboación galega.
A valoración media que a poboación galega fai do grao de satisfacción coa súa vida na actualidade sitúase en 7,15
puntos, nunha escala que oscila de 0 (nada satisfeito/a) ata o 10 (plenamente satisfeito/a). Ademais, o 68,36%
desta poboación puntúa a súa satisfacción coa vida actual en 7 ou máis puntos.
No tocante aos aspectos materiais, a valoración media que os galegos e as galegas de 16 ou máis anos fan da situación económica do seu fogar sitúase en 6,13
puntos; non obstante, o 15,07%
asígnalle unha puntuación por debaixo de 5 a este aspecto da vida. Por outra banda, a nota media que a poboación galega dá á súa vivenda é de 7,36
puntos.
En relación coas actividades produtivas, o 66,74%
dos galegos e das galegas valoran o grao de satisfacción co seu traballo actual cunha puntuación de entre 7 e 10 puntos. A valoración media sitúase nos 7,11
puntos. Un dos aspectos da vida co que a poboación de Galicia está máis satisfeita é coas relacións persoais (7,79
puntos de media).
Grao de satisfacción en diversos aspectos da vida. Galicia. Ano 2019
Unidade: porcentaxe (%), nivel medio
Aspectos | Total | 0-4 | 5-6 | 7-8 | 9-10 | Media |
---|---|---|---|---|---|---|
A súa vida na actualidade | 100 | 5,76 | 25,88 | 48,85 | 19,51 | 7,15 |
A situación económica do seu fogar | 100 | 15,07 | 40,66 | 35,95 | 8,32 | 6,13 |
A súa vivenda | 100 | 5,24 | 22,44 | 47,47 | 24,85 | 7,36 |
O seu traballo actual | 100 | 8,02 | 25,25 | 43,67 | 23,07 | 7,11 |
O tempo do que dispón para facer o que lle gusta | 100 | 17,54 | 26,34 | 33,15 | 22,97 | 6,61 |
As súas relacións persoais | 100 | 4,19 | 15,39 | 43,36 | 37,06 | 7,79 |
As áreas recreativas ou verdes da zona na que vive | 100 | 18,48 | 25,08 | 35,04 | 21,40 | 6,48 |
A calidade da zona na que vive | 100 | 6,30 | 19,61 | 41,94 | 32,15 | 7,50 |
O tempo necesario para ir ao seu traballo | 100 | 9,45 | 24,13 | 36,44 | 29,98 | 7,21 |
O que fai na súa vida | 100 | 3,60 | 18,20 | 45,25 | 32,94 | 7,72 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Capital social: benestar (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos.
Escala de 0 a 10: 0 significa nada satisfeito/a e 10 plenamente satisfeito/a
Entre 2014
(ano no que se realizou este módulo da EEF por vez primeira) e 2019,
o grao de satisfacción dos galegos e das galegas aumentou en todos os aspectos da vida presentados na táboa de arriba. Por exemplo, o nivel medio de satisfacción coa situación económica do fogar pasou de 5,52
en 2014
a 6,13
puntos en 2019,
o que implica un incremento de 0,61
puntos. O grao medio de satisfacción co seu traballo actual aumenta 0,4
puntos e a valoración media da súa vivenda faino en 0,18
puntos. A valoración que fai a poboación galega de 16 ou máis anos das súas relacións persoais, que xa era alta en 2014,
increméntase, pola súa banda, 0,16
puntos de media.
Grao de satisfacción en diversos aspectos da vida. Galicia
Unidade: nivel medio
1. A súa vida na actualidade
2. A situación económica do seu fogar
3. A súa vivenda
4. O seu traballo actual
5. O tempo do que dispón para facer o que lle gusta
6. As súas relacións persoais
7. As áreas recreativas ou verdes da zona na que vive
8. A calidade da zona na que vive
9. O tempo necesario para ir ao seu traballo
10. O que fai na súa vida
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Capital social: benestar (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos.
Escala de 0 a 10: 0 significa nada satisfeito/a e 10 plenamente satisfeito/a
O 2,61%
da poboación de Galicia de 16 ou máis anos non contactou no último mes con familiares que residían fóra do fogar. Porén, o 43,50%
fala con familiares por teléfono practicamente a diario e o 68,28%
queda con familiares todos os días ou polo menos unha vez á semana. A porcentaxe de persoas que fala con familiares a diario diminuíu
0,52
puntos entre 2014
e 2019,
e a de persoas que quedan con familiares cando menos unha vez á semana diminuíu
3,02
puntos.
Por outra banda, o 7,70%
dos galegos e das galegas de 16 ou máis anos non quedou nin contactou con amigos ou amigas (nin por teléfono, nin por internet) durante o último mes.
Persoas segundo a frecuencia coa que mantiveron as seguintes relacións persoais no último mes. Galicia. Ano 2019
Unidade: porcentaxe (%)
Tipo | Total | Todos ou case todos os días | Polo menos unha vez á semana | Polo menos unha vez ao mes | Nunca |
---|---|---|---|---|---|
Falar con familiares por teléfono | 100 | 43,50 | 36,92 | 12,08 | 7,50 |
Quedar con familiares | 100 | 24,96 | 43,32 | 19,97 | 11,75 |
Contactar con familiares por internet | 100 | 14,11 | 13,64 | 10,08 | 62,17 |
Falar con amigos por teléfono | 100 | 38,22 | 32,80 | 13,90 | 15,07 |
Quedar con amigos | 100 | 20,57 | 42,47 | 21,95 | 15,01 |
Contactar con amigos por internet | 100 | 19,69 | 15,21 | 8,94 | 56,17 |
Conversar con veciños | 100 | 33,16 | 29,14 | 17,88 | 19,82 |
Quedar con compañeiros de estudo ou traballo | 100 | 13,58 | 25,77 | 23,39 | 37,26 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Capital social: benestar (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos.
O 3,29%
da poboación galega de 16 ou máis anos non ten a ninguén con quen falar de temas persoais.
Menos do 1% da poboación de 16 ou máis anos de Galicia non conta con ninguén para que a coidara en caso de enfermidade, para facerlle algunha xestión, favor ou recado, ou para que a acompañase a unha consulta médica ou ao hospital. Por outra banda, o 90,93%
das persoas con fillos ou fillas a cargo menores de 14 anos poderían contar coa axuda de membros ou non membros do fogar para que lles “botaran unha man” co seu coidado, o 4,07%
só tería axuda de persoas non membros do fogar e o 5%
restante non tería ningunha axuda ou só disporía de axuda de membros do fogar.
Persoas segundo a quen lle poderían pedir axuda para diversos aspectos da vida. Galicia. Ano 2019
Unidade: porcentaxe (%)
Tipo | Total | Membros e non membros do fogar | Só membros do fogar | Só non membros do fogar | Ninguén |
---|---|---|---|---|---|
Para que as coidaran en caso de enfermidade | 100 | 78,39 | 8,62 | 12,00 | 0,99 |
Para que lles prestaran axuda económica | 100 | 77,45 | 8,71 | 12,40 | 1,43 |
Para que lles fixeran algunha xestión, favor, recado… | 100 | 80,57 | 6,44 | 12,30 | 0,69 |
Para que as acompañaran a unha consulta médica ou ao hospital | 100 | 80,19 | 6,81 | 12,31 | 0,68 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Capital social: benestar (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos.
O 60,19%
da poboación residente na comunidade autónoma considera o seu estado de saúde como bo ou moi bo. A valoración do estado de saúde varía en función da idade da persoa entrevistada. Así, entre a poboación de 30 a 44 anos só o 2,48%
considera a súa saúde como mala ou moi mala, mentres que para os galegos e as galegas de 65 ou máis anos, esta porcentaxe sobe ata o 20,32%.
Con respecto a 2014,
aumentou
a porcentaxe de persoas que considera o seu estado de saúde como bo ou moi bo (en 2014
esta porcentaxe era do 57,33%).
Para o 63,98%
da poboación galega de 16 ou máis anos, a saúde non supón ningunha limitación para realizar as actividades habituais. Non obstante, o 23,67%
manifesta que se atopa limitado pero non de xeito grave e un 5,14%
está gravemente limitado.
Persoas segundo o seu estado de saúde por idade. Galicia. Ano 2019
Unidade: porcentaxe (%)
Estado | Total | De 16 a 29 anos | De 30 a 44 anos | De 45 a 64 anos | De 65 ou máis anos |
---|---|---|---|---|---|
Total | 100,00 | 100,00 | 100,00 | 100,00 | 100,00 |
Moi boa | 13,63 | 37,22 | 21,04 | 8,32 | 2,72 |
Boa | 46,56 | 47,63 | 57,93 | 52,37 | 29,70 |
Regular | 24,90 | 7,46 | 12,21 | 25,51 | 42,90 |
Mala | 6,92 | 1,26 | 2,01 | 5,75 | 15,08 |
Moi mala | 2,23 | 0,40 | 0,47 | 1,66 | 5,24 |
Non contesta | 5,75 | 6,04 | 6,33 | 6,40 | 4,36 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Capital social: benestar (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos.
Persoas segundo a súa limitación por un problema de saúde para realizar actividades habituais. Galicia. Ano 2019
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Capital social: benestar (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos.
No ano 2019
401.602
residentes en Galicia de 16 ou máis anos manifestaron que necesitaban consultar a un médico ou dentista e que non o fixeron no último ano. O principal motivo que sinalaron para non facelo foi que resulta demasiado caro (37,52%).
Outro dos motivos que aduciron (o 22,37%)
é que non dispoñían de tempo debido ao traballo ou a outras obrigas.
Persoas que necesitaban consultar a un médico ou dentista e non o fixeron nos últimos 12 meses segundo a razón para non facelo. Galicia. Ano 2019
Unidade: número, porcentaxe (%)
Razón | Número | Porcentaxe |
---|---|---|
Total | 401.602 | 100,00 |
Demasiado caro | 150.678 | 37,52 |
Estaba en lista de espera ou tiña volante | 73.645 | 18,34 |
Non dispoñía de tempo debido ao traballo ou outras obrigas | 89.823 | 22,37 |
Demasiado lonxe para viaxar ou non dispoñía de medios de transporte | 9.757 | 2,43 |
Outra | 77.699 | 19,35 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Capital social: benestar (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos que non consultou a un médico ou dentista cando o necesitaba.
En relación ao estado emocional dos galegos e das galegas de 16 ou máis anos, o 58,63%
da poboación enquisada afirmou sentirse sempre ou case sempre en calma e tranquila nas 4 semanas anteriores ao momento da entrevista e o 59,16%
afirmou sentirse sempre ou case sempre feliz. No outro extremo, a porcentaxe de persoas que se sentiron tensas sempre ou case sempre sitúase no 9,18%
e a de persoas que se sentiron con frecuencia desanimadas e deprimidas nas 4 semanas anteriores á entrevista no 6,48%.
O 3,85%
dos galegos e das galegas séntense sempre ou case sempre soas. Esta porcentaxe ascende ao 16,43%
se se ten en conta unicamente ás persoas que viven en fogares unipersoais, isto é, ás persoas que viven soas.
Persoas segundo a frecuencia coa que experimentaron os seguintes estados de ánimo nas últimas 4 semanas. Galicia. Ano 2019
Unidade: porcentaxe (%)
Estado | Total | Sempre | Case sempre | Algunhas veces | Só algunha vez | Nunca | Non contesta |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Sentirse tan baixas de moral que nada podía animalas | 100 | 1,25 | 5,32 | 20,63 | 18,50 | 44,26 | 10,05 |
Sentirse especialmente tensas | 100 | 1,91 | 7,27 | 25,60 | 26,84 | 28,46 | 9,93 |
Sentirse desanimadas e deprimidas | 100 | 1,40 | 5,08 | 19,61 | 22,27 | 41,71 | 9,93 |
Sentirse soas | 100 | 0,40 | 3,45 | 10,77 | 13,09 | 62,22 | 10,07 |
Sentirse calmadas e tranquilas | 100 | 12,19 | 46,44 | 21,16 | 7,70 | 2,60 | 9,92 |
Sentirse felices | 100 | 15,74 | 43,42 | 23,51 | 5,64 | 1,56 | 10,13 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Capital social: benestar (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos.
160.817
galegos e galegas de 16 ou máis anos sufriron un roubo nos últimos 5 anos, o que supón arredor do 6,91%
da poboación galega nese grupo de idade. Por outra banda, o 8,34%
dos galegos e das galegas de 16 ou máis anos sentíronse enganados/as pola compra dun produto ou servizo.
O 19,21%
da poboación residente en Galicia de 16 ou máis anos manifesta que se sinte un pouco insegura cando camiña soa de noite pola zona na que vive e un 6,44%
asegura que se sinte moi insegura. Pola contra, 541.241
galegos e galegas (o 23,55%)
afirman que se sinten moi seguras nesta situación.
Persoas que sufriron algún roubo ou ás que enganaron ao comprar un produto ou servizo nos 5 últimos anos. Galicia. Ano 2019
Unidade: número, porcentaxe (%)
Seguridade | Número | Incidencia |
---|---|---|
Sufriron un roubo | 160.817 | 6,91 |
Enganáronas na compra dun produto ou servizo | 193.991 | 8,34 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Capital social: benestar (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos.
Persoas segundo o nivel de seguridade que sinten camiñando soas de noite pola zona na que viven. Galicia. Ano 2019
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Capital social: benestar (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos.
En 2019
o 60,34%
da poboación galega de 16 ou máis anos doou roupa ou alimentos a persoas necesitadas nalgún momento do ano. O 17,93%
coidou de persoas que non pertencen á súa familia e sen percibir remuneración a cambio ao menos unha vez no ano e o 6,82%
realizou traballo voluntario nalgunha ONG ou asociación, tamén sen percibir unha remuneración a cambio. O 25,1%
dos galegos e das galegas de 16 ou máis anos achegan doazóns a ONG ou asociacións con fins sociais e o 12,09%
realizan contribucións con fins culturais ou artísticos.
Persoas segundo a frecuencia coa que realizaron as seguintes actividades cívicas nos últimos 12 meses. Galicia. Ano 2019
Unidade: porcentaxe (%)
Actividade | Total | Varias veces | Unha vez | Ningunha |
---|---|---|---|---|
Doar roupa ou alimentos a persoas necesitadas | 100 | 46,71 | 13,63 | 39,65 |
Axudar ou coidar a persoas que non son da súa familia sen remuneración | 100 | 13,14 | 4,79 | 82,07 |
Usar o punto limpo do Concello, punto SIGRE dunha farmacia etc. | 100 | 43,55 | 12,12 | 44,33 |
Realizar traballo voluntario sen remuneración nalgunha ONG ou asociación | 100 | 4,56 | 2,26 | 93,18 |
Facer doazóns a ONG ou asociacións con fins sociais | 100 | 17,18 | 7,92 | 74,90 |
Realizar algunha contribución con fins culturais ou artísticos | 100 | 6,41 | 5,68 | 87,91 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Capital social: benestar (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos.
Neste módulo da EEF tamén se pregunta ás persoas enquisadas pola puntuación que outorgan a determinados aspectos da vida que se consideran propios dunha conduta cívica. Neste sentido, o 58,49%
da poboación galega de 16 ou máis anos outórgalle unha importancia superior a 8 puntos (nunha escala de 0 sobre 10) a ser unha persoa solidaria coa xente que está peor ca un mesmo. O 66,04%
consideran moi importante (danlle unha puntación de 9 ou 10 puntos) o feito de non evadir impostos e o 69,49%
danlle 9 ou 10 puntos a cumprir sempre as leis e as normas. Pola contra, a porcentaxe de persoas que consideran moi importante participar nas eleccións non chega ao 50% da poboación (toma un valor de 46,81%
en 2019).
Persoas segundo a importancia que dan a determinados aspectos da vida na consideración de ser bo cidadán. Galicia. Ano 2019
Unidade: porcentaxe (%)
Aspecto | Total | 0-4 | 5-6 | 7-8 | 9-10 |
---|---|---|---|---|---|
Ser unha persoa solidaria coa xente que está peor ca un mesmo | 100 | 1,33 | 9,01 | 31,17 | 58,49 |
Votar nas eleccións | 100 | 10,00 | 18,41 | 24,79 | 46,81 |
Non evadir impostos | 100 | 1,92 | 8,54 | 23,50 | 66,04 |
Cumprir sempre as leis e as normas | 100 | 1,05 | 5,80 | 23,66 | 69,49 |
Respectar as opinións dos demais aínda que sexan diferentes das propias | 100 | 0,67 | 3,93 | 19,57 | 75,83 |
Ser unha persoa responsable e honesta | 100 | 0,27 | 1,61 | 14,20 | 83,92 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Capital social: benestar (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos.
Escala de 0 a 10: 0 significa nada importante e 10 moi importante.
Cando se lle pregunta ás persoas enquisadas polo seu nivel de confianza na poboación, a puntuación media que asignan aos seus familiares é de 8,79
puntos. Ademais, o 68,27%
dálle unha puntuación de nove ou dez puntos. A valoración media da confianza depositada nos amigos e nas amigas é de 8,06
puntos, mentres que para a maior parte das persoas a confianza baixa ata 5,72
puntos nunha escala de 0 a 10.
Grao de confianza nas persoas. Galicia. Ano 2019
Unidade: porcentaxe (%), nivel medio
Persoas | Total | 0-4 | 5-6 | 7-8 | 9-10 | Media |
---|---|---|---|---|---|---|
Na maior parte das persoas | 100 | 22,59 | 39,31 | 31,04 | 7,05 | 5,72 |
Nos seus familiares | 100 | 2,21 | 7,38 | 22,14 | 68,27 | 8,79 |
Nos seus amigos | 100 | 3,21 | 14,03 | 37,36 | 45,40 | 8,06 |
Nos seus veciños | 100 | 16,67 | 38,38 | 29,87 | 15,07 | 6,15 |
Nos seus compañeiros de traballo | 100 | 11,01 | 32,17 | 38,28 | 18,53 | 6,67 |
Nos seus compañeiros de estudo | 100 | 7,42 | 30,90 | 44,74 | 16,93 | 6,85 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Capital social: benestar (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos.
Escala de 0 a 10: 0 significa ningunha confianza e 10 confianza total
Na seguinte táboa represéntase a confianza media que os galegos e as galegas teñen nas diferentes institucións. As que acadan unha maior puntuación son o sistema sanitario e as forzas e corpos de seguridade, con valores medios de confianza do 6,80
puntos no primeiro caso e 7,06
no segundo caso. No outro extremo atópanse o sistema político, cunha confianza media de 3,30
puntos e a banca, con 3,63
puntos sobre un máximo de 10.
Persoas segundo o nivel de confianza nas institucións. Galicia. Ano 2019
Unidade: porcentaxe (%), nivel medio
Institucións | Total | 0-4 | 5-6 | 7-8 | 9-10 | Media |
---|---|---|---|---|---|---|
As Administracións Públicas | 100 | 26,60 | 43,90 | 24,35 | 5,15 | 5,27 |
O sistema político | 100 | 63,23 | 27,18 | 8,23 | 1,36 | 3,30 |
O sistema xudicial | 100 | 36,97 | 38,36 | 19,93 | 4,74 | 4,81 |
O sistema sanitario | 100 | 10,72 | 28,02 | 42,18 | 19,07 | 6,80 |
O sistema educativo | 100 | 11,42 | 37,34 | 39,20 | 12,04 | 6,42 |
As institucións europeas e internacionais | 100 | 34,00 | 44,42 | 18,12 | 3,46 | 4,76 |
As Forzas e Corpos de Seguridade | 100 | 8,96 | 23,55 | 44,24 | 23,26 | 7,06 |
O Exército | 100 | 13,84 | 27,28 | 38,12 | 20,77 | 6,62 |
A banca | 100 | 58,19 | 29,14 | 10,02 | 2,66 | 3,63 |
As ONG | 100 | 29,69 | 37,71 | 23,94 | 8,66 | 5,36 |
Os medios de comunicación | 100 | 38,73 | 43,37 | 14,23 | 3,67 | 4,65 |
O empresariado | 100 | 34,18 | 44,12 | 18,07 | 3,63 | 4,88 |
As institucións relixiosas | 100 | 56,94 | 24,75 | 12,74 | 5,57 | 3,67 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Capital social: benestar (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos.
Escala de 0 a 10: 0 significa ningunha confianza e 10 confianza total
Entre 2014
e 2019
aumentou a confianza media dos galegos e das galegas en todas as institucións presentadas na táboa de arriba, agás en dúas: os medios de comunicación e as ONG; no primeiro caso a confianza diminuíu 0,02
puntos e no segundo 0,24
puntos. A institución que viu incrementado en maior medida o nivel medio de confianza depositada pola poboación galega foi o sistema xudicial, cuxo nivel medio pasou de 3,3
puntos en 2014
a 4,81
en 2019
(incrementouse 1,51
puntos), seguido do sistema político, cuxa confianza media incrementouse 1,5
puntos.
Nivel de confianza media nas institucións. Galicia
Unidade: nivel medio
1. As Administracións Públicas
2. O sistema político
3. O sistema xudicial
4. O sistema sanitario
5. O sistema educativo
6. As institucións europeas e internacionais
7. As Forzas e Corpos de Seguridade
8. O Exército
9. A banca
10. As ONG
11. Os medios de comunicación
12. O empresariado
13. As institucións relixiosas
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Capital social: benestar (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos.
Escala de 0 a 10: 0 significa nada satisfeito/a e 10 plenamente satisfeito/a
En 2019
o 21,63%
dos fogares galegos habita en vivendas con problemas de goteiras, humidades en paredes, solos, teitos ou cimentos, ou podremia en solos, marcos de fiestras ou portas. O 12,31%
quéixase de ruídos producidos pola veciñanza ou procedentes do exterior (tráfico, negocios, fábricas etc.). Por outro lado, o 7,85%
dos fogares están situados en zonas con delincuencia ou vandalismo. Ademais, o 7,08%
ten problemas de contaminación, sucidade ou outros problemas ambientais na zona.
Fogares con determinados problemas na súa vivenda. Galicia. Ano 2019
Unidade: número,porcentaxe (%)
Problemas | Número | Incidencia |
---|---|---|
Goteiras, humidades en paredes, solos, teitos ou cimentos, ou podremia en solos, marcos de fiestras ou portas | 229.928 | 21,63 |
Escaseza de luz natural | 46.129 | 4,34 |
Ruídos producidos polos veciños ou procedentes do exterior (tráfico, negocios, fábricas…) | 130.872 | 12,31 |
Contaminación, sucidade ou outros problemas ambientais na zona | 75.297 | 7,08 |
Delincuencia ou vandalismo na zona | 83.432 | 7,85 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Capital social: benestar (descarga da táboa)