Resumo de resultados


Datos Básicos. Indicadores demográficos e proxeccións de poboación

Evolución do número de nacementos, defuncións e do saldo vexetativo
Galicia 1975-2021
Persoas


Fonte: IGE-INE. Movemento natural de poboación

En 2021 o saldo vexetativo de Galicia sitúouse en -18.066 o que significa que se produciron máis defuncións que nacementos

O saldo vexetativo ou crecemento natural da poboación calcúlase como a diferenza entre o número de nacementos producidos nun ano e o número de defuncións. Un saldo vexetativo negativo indica que nese ano morreron máis persoas das que naceron. En 2021 situouse en -18.066 e empeorou un 2,7% respecto ao ano anterior.


Indicadores de natalidade e fecundidade segundo a nacionalidade da nai. Ano 2020
Tanto por mil


INE. Indicadores demográficos básicos

En 2020 o número de nacementos en Galicia diminuíu un 3,0% respecto ao ano anterior

Durante o ano 2020 producíronse 15.247 nacementos en Galicia, un 3,0% menos que no ano anterior.

En 2020 a taxa bruta de natalidade galega situouse en 5,65 nacementos por cada mil habitantes. Se relacionamos o número de nacementos coa poboación feminina en idade fértil (taxa xeral de fecundidade) resulta un cociente de 27,91 nacementos por cada mil mulleres de idades comprendidas entre os 15 e 49 anos.

Se comparamos os indicadores galegos coa media para o conxunto do Estado español obsérvase que as taxas de natalidade e fecundidade galegas son máis baixas: en España producíronse, de media, 7,19 nacementos por cada mil habitantes en 2020 e a taxa xeral de fecundidade situouse en 32,48 nacementos por cada mil mulleres en idade fértil.

Por outra banda, se desagregamos os indicadores segundo a nacionalidade da nai obtense que os valores destes son máis altos no caso das nais de nacionalidade estranxeira. A taxa bruta de natalidade das nais españolas en Galicia sitúase en 5,30‰, fronte aos 13,10‰ para as nais estranxeiras. Isto parece indicar que a poboación estranxeira mantén uns patróns de natalidade diferentes aos da poboación nacional, que poden axudar a contrarrestar a diminución dos nacementos da Comunidade Autónoma de Galicia.


Defuncións segundo o sexo e a idade. Galicia. Ano 2021
Número e porcentaxes


IGE-INE. Movemento natural da poboación

As mulleres morren a idades máis tardías

No ano 2021 morreron 32.843 persoas residentes en Galicia. Con respecto ao ano anterior rexistráronse case o mesmo número de falecementos (2 falecementos menos).

Atendendo á distribución das defuncións segundo o sexo e a idade, o 50,27% dos falecidos en 2021 maiores de 45 anos eran homes. Por outra banda, o 32,0% dos homes falecidos neste ano non chegaba aos 75 anos, o 27,6% tiña entre 75 e 84 anos cumpridos e o 40,4% restante tiña 85 ou máis anos.

No caso das mulleres, o 15,7% tiña menos de 75 anos, o 20,4% entre 75 e 84 anos e o 63,9% tiña 85 ou máis anos.


Pirámides proxectadas de poboación de Galicia. Anos 2022 e 2037
Tanto por cento


INE. Proyecciones de población a corto plazo

Entre 2022 e 2037 Galicia perderá un 1,3% da súa poboación

Segundo as proxeccións de poboación a curto prazo elaboradas polo INE, Galicia perderá 34.946 habitantes no período 2022-2037, o que supón unha diminución do 1,3% da súa poboación. Por provincias, en Ourense e Lugo daranse as maiores perdas de poboación en termos relativos (un 3% e un 5% respectivamente).

Ademais da baixada no número de habitantes, as proxeccións amosan un progresivo envellecemento da poboación. Así, en Galicia, a porcentaxe de persoas de 65 ou máis anos pasará do 26,1% en 2022 ao 32,4% en 2037.

O índice de envellecemento proxectado para 2037 de Galicia sitúase no 251,9%, o que significa que para esa data por cada 100 menores de 20 anos haberá na nosa Comunidade Autónoma ao redor de 252 maiores de 64 anos (en 2022 o indicador proxectado situouse en 167,3%). As zonas máis envellecidas serán as situadas na área sur da provincia de Ourense e nas comarcas ourensanas limítrofes coa provincia de Pontevedra. Así, no sur da provincia de Ourense (comarcas da Baixa Limia, A Limia, Terra de Celanova, Verín e Viana) a relación entre menores de 20 e maiores de 64 acadará o valor de 484,6 en 2037. Similar evolución se observará na área integrada polas comarcas do Carballiño e O Ribeiro, onde o índice de envellecemento proxectado para 2037 situarase en 383,1. Na área oriental da provincia de Lugo o índice de envellecemento proxectado acadará un valor de 404,5% en 2037.


Índice de envellecemento proxectado da poboación para 2037 por áreas
Tanto por cento


Fonte: IGE. Proxeccións de poboación a curto prazo

Fogares proxectados para 2022 e 2037 segundo a súa tipoloxía
Fogares, porcentaxe e taxa de variación 2022-2037 (%)


Fonte: IGE. Proxeccións de fogares

Entre 2022 e 2037 o número de fogares galegos aumentará un 2,6%

Segundo as proxeccións de fogares, en 2022 Galicia conta con pouco máis dun millón de fogares (1.073.030 fogares para ser exactos). Dentro de quince anos, esta cifra aumentará a 1.101.149, o que supón un incremento relativo do 2,6% entre ambos anos.

En 2022 a tipoloxía máis habitual en Galicia é o fogar constituído por unha parella con fillos, que supón case o 34% da cifra agregada. En 2037 esta tipoloxía seguirá sendo a de maior presenza no entramado demográfico galego, pero experimentará unha redución do 3,3% entre o primeiro ano da proxección (2022) e o derradeiro (2037). Pola contra, os fogares unipersoais e os fogares compostos por unha parella sen fillos incrementaranse no período considerado un 7,4% e un 8,4% respectivamente.

O tamaño medio dos fogares galegos experimentará unha diminución no período analizado, pasando de 2,49 a 2,39 habitantes por fogar entre 2022 e 2037. Todas as áreas xeográficas de Galicia experimentarán unha diminución do tamaño medio dos seus fogares no período de proxección, excepto as comarcas que compoñen a área de Lugo sur, que experimentarán un leve incremento: de 2,38 membros por fogar en 2022 a 2,44 membros en 2037.

Evolución da porcentaxe de nacementos de nai non casada
Porcentaxe


INE. Indicadores demográficos básicos


Matrimonios de diferente sexo segundo a nacionalidade dos cónxuxes. Galicia.
Ano 2021
Porcentaxe


Fonte: INE-IGE. Movemento natural da poboación


Evolución do número de disolucións matrimoniais. Galicia
Número


Fonte: INE. Estadística de nulidades, separaciones y divorcios
Nota: a Lei 15/2005, do 8 de xullo, permite o divorcio sen necesidade dunha separación previa


Poboación de 16 ou máis anos segundo o sexo e o estado civil. Galicia. Ano 2021
Miles de persoas


Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa


Taxa bruta de mortalidade. Ano 2020
Tanto por mil


Fonte: INE. Indicadores demográficos básicos

A taxa bruta de mortalidade situouse en Galicia en 2020 nas 12,17 defuncións por cada mil habitantes. A taxa masculina supera en 6,3 décimas á feminina (12,50‰ para os homes fronte a 11,87‰ para as mulleres). No caso de España a taxa bruta de mortalidade en 2020 situouse nos 10,40 falecementos por cada mil habitantes.


Proxeccións de poboación a curto prazo
Persoas, tanto por cento


INE. Proyecciones de población a corto plazo
Nota: na terceira columna da táboa represéntase a taxa de variación da poboación entre 2022 e 2037


Poboación de 65 ou máis anos
Porcentaxe


INE. Proyecciones de población a corto plazo


Evolución futura do índice de dependencia global
Tanto por cento


Fonte: IGE. Proxeccións de poboación a curto prazo

O índice de dependencia global é a relación entre os grupos de poboación economicamente dependentes (poboación menor de 15 anos e maior de 64 anos) e o grupo de poboación potencialmente activa (poboación de 15 a 64 anos).

En 2037 por cada 100 persoas en idade de traballar residirán en Galicia 70,7 persoas potencialmente inactivas, o que supón un incremento de 10,9 puntos porcentuais con respecto ao índice de dependencia global do ano 2022 (59,8%).


Tamaño medio proxectado dos fogares en 2022 e 2037. Galicia e áreas
Habitantes/fogar


IGE. Proxeccións de fogares

Definicións e máis información

Definicións

Descarga de datos

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies

De acuerdo